Librería Central Librera calle Dolores 2    15402 Ferrol
centrallibrera@telefonica.net   Teléfono [34] 981 35 27 19

 

 

Francisco Rodríguez Sánchez

 

Image Hosted by ImageShack.us

 

 

 

Francisco Rodríguez naceu no mesmo ano ca mín. Fumos xuntos ó Instituto e temos recordos comúns, estabamos na mesma aula. Un día destos témonos que reunir a recordar vellos tempos. Defende os intereses de Ferrol e bisbarra.

 

 

 Na contraportada do seu ultimo libro GALIZA RAZÓN DE SER. Recompilacion de artigos publicados na imprensa diária pódese ler:

 Francisco Rodríguez Sánchez (Ferrol, 1945). Doutor en Filología Románica pola Universidade de Santiago. Viña exercendo como catedrático de lengua e literatura española en Ferrol até a sua eleizón como deputado do BNG para o parlamento galego en 1993 e, desde 1996, no Parlamento español.

 

Entre outros moitos traballos de história, crítica literaria e sociolingüistica destacamos: A evolución ideológica de Manuel Curros Enríquez (1974), Conflicto lingüistico e ideoloxía en Galicia (1976), Análise sociológica da obra de Rosalía de Castro (1988) e Eduardo Blanco Amor, o desacougo da nación negada (1994).

 

Apresenta-se neste volume toda a série de artigos publicados na imprensa diaria ao longo do periodo que abarca a VI Legislatura do Parlamento español (1996-2000). Polo meio no que se insiren, polas necesidades de síntese para a súa edición, por respostar as visións do nacionalismo desde o traballo político nas Cortes Xerais e mesmo pola pulsión vital do próprio autor estes artigos constituen un valioso documento teórico (e tamén de actividade prática) do nacionalismo galego.

 

Teñen unha intencionalidade clara: informar a opinión pública galega sobre o papel que queren que cumpra Galiza no Estado, denunciar as arbitrariedades que cometen co noso país en matéria socio-económica e criar opinión en todos aqueles temas que ainda que secundarizados nos esquemas habituais de traballo político son, para o autor, de moita utilidade para sustentar o traballo diário do nacionalismo galego (lengua, arte, patrimonio, etc.).

 

 

O libro pódese mercar ó prezo de 5 € en:

 

Librería Central Librera calle Dolores 2    15402 Ferrol
centrallibrera@telefonica.net   Teléfono [34] 981 35 27 19

Fánse envíos por correo.