Calle
Dolores 2
15402
Ferrol
Teléfono
[34] 981 35 27 19
Fax
[34] 981 35 27 19
Desde Mondoñedo, o escritor exiliado de
Ferrol, Juan J. Burgoa, publica no último número e Estudios Mindonienses a
historia do Voto de Chanteiro, do que o ano 2004 cumpríronse seiscentos anos,
sen que o Concello de Ferrol fixese lembranza algunha dese ancestral e
relevante acontecemento.
A ERMIDA DE
NOSA SEÑORA DA MERCÉ E O VOTO DE CHANTEIRO
Juan J. Burgoa Fernández
O pasado 2004 cumpríronse seiscentos anos do establecemento do secular
Voto de Chanteiro, feito histórico de gran relevancia para a cidade de Ferrol,
aniversario que practicamente pasou desapercibido e do que a Corporación
Municipal, herdeira daquelas outras que anos atrás foron en moitas ocasións os
protagonistas deste ancestral acontecemento, non tivo a ben lle dedicar unha
pequena lembranza.
A ORDE
MERCEDARIA EN GALICIA E FERROL
A orde da Mercé - “celeste, real
e militar”, como reza o seu himno - fundouse en Agosto do ano 1218 en Barcelona
por iniciativa de San Pedro Nolasco, co apoio de San Raimundo de Peñafort e
baixo o amparo do rei Jaume I el Conquistador, sendo o seu principal obxectivo
o rescate e redención dos escravos e cativos en terras islámicas. Tivo un gran
predicamento dentro de Catalunya, fundando o seu primeiro templo o ano 1267 en
Barcelona e sendo oficialmente proclamada patroa da cidade o ano
A súa presencia en Galicia comezou no convento de San Lorenzo de
Trasouto, a extramuros de Santiago, cara ao ano 1400, sendo expulsados polos
franciscanos catro anos despois. Aínda que o papa Benito XIII ordenou que os
franciscanos quedasen en Trasouto mentres que os mercedarios se establecían no
convento ferrolán de San Francisco, esta instalación non se chegou a levar a
cabo. Máis tarde, a orde mercedaria fundaría os conventos de Conxo o ano 1482 e
o de Verín o ano 1484, este último trasladado a Monterrei o ano 1564.
Non foi ata 1890, anos despois da desamortización eclesiástica de
Mendizábal, cando se fundou o convento e centro espiritual de San Xoán de Poio,
que desde entón ven a exercer unha recoñecida e intensa labor relixiosa,
intelectual e artística – incluíndo a formación dunha notable biblioteca que
garda, entre outras, a obra literaria do poeta Rey Soto e a creación dunhas
reputadas escolas de cantería e de mosaicos - cunha importante proxección na
cultura galega. Xa no século XX fundáronse as comunidades de Sarria e Xunqueira
de Ambía, e co tempo a Virxe da Mercé sería nomeada a patroa dos concellos de
Poio, Corcubión e Rairiz de Veiga (onde celébrase a popular romaría da Virxe da
Mercé da Saínza), ademais dos de Ares e Mugardos, entre os municipios
galegos.
ILUSTRACIÓN
1. A VIRXE BRANCA MERCEDARIA (Arquivo P.
Sanz)
A presencia da Virxe da Mercé materializouse na comarca de Ferrol desde
o século XIV no que se puxo baixo a súa advocación a ermida de Chanteiro. Máis
tarde, o ano 1811 construíuse no pazo dos Bermúdez a capela da Mercé na rúa
dese nome de Ferrol Vello e a mediados do século XIX a capela da mesma
advocación na entón fábrica de curtidos da Florida no Puntal de Neda. Da
segunda delas, unha efixie da Virxe co Neno en brazos, temos referencia gráfica
mentres que a primeira das citadas ao parecer se atopa hoxe colocada no altar
da pequena capela do pazo do Monte, na freguesía de San Pedro de Leixa.
Ademais, como recentemente lembrou Carreño Yáñez (1), outras efixies
desta advocación mariana atopábanse nun oratorio privado da familia Ponce, nun
camarín da sancristía da igrexa da Orde Terceira de San Francisco e nun altar
lateral da antiga capela do Hospital de Caridade. Por último, o ano 1908
establecéronse formalmente os freires mercedarios en Ferrol levantando a
partires do ano 1925 o actual templo neogótico da Mercé, onde, ademais da Virxe
co Neno en brazos do camarín do altar maior, atopábase a fermosa “Virgen
Blanca”, imaxe de vestir que foi titular da confraría mercedaria, efixie hoxe
tristemente desaparecida.
ILUSTRACIÓN
2. VIRXE DO PAZO DA MERCÉ (NEDA) (Arquivo A. Alcalá)
A ERMIDA
DE CHANTEIRO
Non existen probas nin se coñece documentación contrastada que dean a
coñecer as razóns polas que no lugar de Chanteiro, nun abrigado e silandeiro recuncho
atlántico entre as puntas do Segaño e Coitelada dentro da freguesía aresán de
San Pedro de Cervás, levantáronse co paso do tempo tres sucesivos templos,
aínda que non parece moi aventurado pensar que, a súa orixe, debeuse a unha
cristianización de antigos cultos no lugar, como ocorreu noutros emprazamentos
similares da costa galega. Do primeiro daqueles templos, posiblemente un
pequeno eremitorio ergueito nalgún momento dos tempos iniciais do Medievo sobre
un lugar de abundantes rochas de granito preto da costa e protexido polas
lombas de Montefaro, resta tan só a súa lembranza na memoria popular,
reflectida en tradicións como o achado dunha imaxe da Virxe, chegada polo mar
como en tantos outros casos das lendas galegas, aparecéndose a carón da coñecida
como Fonte da Virxe, a uns pescadores que compoñían as súas redes na praia de
Chanteiro, do que se deriva a dedicación inicial da ermida á Nosa Señora dos
Mares.
(1) César Carreño Yáñez. La
cofradía de la Merced. Ecce Homo, número 3. Ferrol 2003. Páxinas
A posterior afluencia de fieis que se rexistrou no lugar traxo consigo a
erección do segundo dos templos a comezos do século XI dentro do estilo
románico rural, conservándose do mesmo, segundo Cardeso Liñares (2), algúns curiosos
capiteis, hoxe incorporados no interior da ermida como soporte dos arcos
faixóns da fábrica posterior. Os citados capiteis amosan unha interesante e
vistosa iconografía de bestiarios, onde pódense ver un variado abano que inclúe
unhas feras coa súa testa compartida, uns faisáns ou pavos reais entrelazando
os seus pescozos, un posible xabaril de longo fouciño e varias pequenas
figuriñas humanas que se amosan collidas da má, xunto con outros motivos
ornamentais máis clásicos como palmetas e cunchas, todo elo nun traballo
escultórico que Carmen Molina (3) considera esquemático e falto de expresión, e
onde as figuras, aínda que dentro dunha certa rudeza, teñen un toque de
espiritualidade.
Cara ao último tercio do século XIV, Fernán Pérez de Andrade o Bo mandou
edificar sobre a formación rochosa onde orixinalmente erguéronse os anteriores
templos o terceiro deles, do que se coñece que xa estaba levantado con
anterioridade, alomenos o ano 1390, posto que na data do día 17 de xaneiro do
devandito ano varios veciños de Chanteiro vendéronlle a Fernán Pérez de Andrade
“o quiñón de heredade en que está a iglesia de santa María de Chanteiro que vos
y fezeste”, tal como aparece redactado nun documento de venta que se conserva
na colección Martínez Salazar e que foi recentemente reproducido por María J.
Vázquez (4). Para varios autores, precisamente este terceiro templo de
Chanteiro foi o lugar onde orixinalmente instaláronse os freires franciscanos
de Montefaro denantes da fundación do convento mendicante de Santa Catalina no
cumio do monte.
A maior abondamento, cando desde a cidade de Burgos o arcebispo de
Santiago Juan García Manrique concede ao devandito Andrade o 3 de Agosto de
(2) José Cardeso Liñares.
Santuarios marianos de Galicia. La Virgen de la Merced en Chanteiro se cobija.
A Coruña 1995. Páxinas
(3) Carmen Molina Taboada. La
escultura monumental en las fundaciones de Fernán Pérez de Andrade. Páxina 85.
(4) María J. Vázquez López. Ferrol
e a comarca ferrolá na Idade Media. Do século X ao XVI. Ferrol 2001. Páxina
48.
(5) César Vaamonde Lores. Ferrol
y Puentedeume. A Coruña 1909. Nas páxinas 80 e 81 transcríbese o citado
documento.
(6) José García Oro. Galicia en
los siglos XIV y XV. A Coruña 1987. Tomo I. Páxina 231.
ILUSTRACIONES
3 Y 4. CAPITEIS DA ERMIDA DE
CHANTEIRO
Desde aquelas datas de fins do século XIV a ermida de Chanteiro foi
separada de xeito terminante da xurisdicción ordinaria e parroquial de San
Pedro de Cervás – á que non tornaría ata o ano 1844 – pasando a depender de
Santa Catalina de Montefaro, atendida polos freires franciscanos do convento. A
advocación baixo a Virxe da Mercé e dos Remedios coa que comezou a coñecerse a
capela de Chanteiro poderíase deber aos favores, beneficios e mercés concedidas
aos devotos fieis que así o demandaban, sen ter unha relación directa coa
histórica Virxe de orixe catalán. Débese ter en conta que a palabra “mercé”
procede da latina merx, mercis, prezo dunha mercadoría pero que co tempo tamén
viño a significar misericordia ou perdón.
A pesares diso, en senllos traballos do pai mercedario César Carreño e a
historiadora Margarita Sánchez apúntase a posibilidade de que o seu nome da
Mercé puidese ter relación ou se derivase dunha as antigas vereas de redención
que a orde mercedaria mantiña dentro de Galicia, precisamente a chamada verea
de Mondoñedo, que percorría dun xeito periódico a costa das Mariñas desde Miño
ata Viveiro, pasando por Ferrol, co obxecto de predicar e recoller esmolas para
a redención dos escravos e cativos.
Por outra banda, o informe que fixo o ano 1607 o coengo segoviano
Jerónimo del Hoyo, visitador xeral da arquidiocese compostelá (7), achega o
interesante dato que o “mosteiro de Santa Catalina de Faro” posúe preto do mar
a “hermita de Nuestra Señora de la Merced, donde dicen se començó a fundar este
monasterio y se dexó por no parecer sitio seguro”, comentario que confirma que
Chanteiro debeu de seren o primeiro asentamento dos monxes franciscanos á beira
do mar, abandonado prontamente, sen dúbida polos frecuentes ataques dos
corsarios e piratas que tiñan lugar na costa galega durante a época medieval na
procura de riquezas, especialmente naqueles sitios onde levantábanse igrexas e
mosteiros.
No que se refire ao aspecto arquitectónico, o templo actual é
considerado nunha publicación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (8)
un exemplo do estilo gótico mariñeiro, sendo o material de construcción pedra
de gra de boa calidade. A única nave da ermida ten o seu teito recuberto de
madeira e divídese en tres treitos desiguais por medio de arcos apuntados,
contrarrestados ao exterior por contrafortes gradados. A ábsida é rectangular
ingresándose no presbiterio por outro arco apuntado apoiado sobre columniñas
acobadadas, estando cuberto por unha bóveda de cruceiría de catro sinxelos
nervios e levando no seu fondo unha seteira aberta ao exterior. A cuberta do
templo é a dúas augas, excepto a sancristía, utilizando como cubrición tella
curva. Mentres que anos atrás perdeuse do testeiro da ábsida unha interesante
cruz cumial cos seus remates en flor de lis, aínda quedan hoxe varios dos
antigos canzorros baixo o tellado e unha serie de variadas marcas gremiais de
canteiros nos perpiaños exteriores e interiores da capela, deixando así gravada
na pedra a vella pegada do seu oficio.
(7) Jerónimo del Hoyo. Memorias
del Arzobispado de Santiago. Santiago de Compostela 1607. Reedición de Porto y
Cía. Santiago. Páxina 279.
(8) Publicacións da C.O.A.G.
Arquitectura gótica en Galicia. Santiago 1986. Páxinas 120 e 121. Véxase tamén
José R, Soraluce Vázquez – Xosé Fernández Fernández. Arquitecturas da provincia
da Coruña. Ares, Arquitectura relixiosa. A Coruña 1999. Páxinas 48 e 49.
A fachada da ermida, orientada cara a occidente, foi refeita a finais do
século XVII, incorporando sobre a porta rectangular de ingreso un antigo e
desgastado tímpano pétreo. Colocado baixo un arco lixeiramente apuntado de
grosas doelas, amosa unhas efixies de marcada frontalidade, luídas polo ar
salitroso e o paso do tempo: unha Virxe coroada e sedente co Neno no colo,
flanqueada por dúas figuras exentas, máis pequenas e vestidas de hábito talar,
que ben puideran ser santiños, monxes ou simples donantes, coas cabezas das
imaxes estragadas de xeito intencionado o ano 1920 e malamente reparadas logo
con cemento (9). Por non parecer tratarse esta efixie mariana dunha
representación da Virxe da Mercé, débese descartala adxudicación a San Pedro
Nolasco e San Raimundo de Peñafort a identidade de ámbalas dúas esculturas
laterais, como faise nalgún caso.
Completan a fachada dous sólidos machóns ou contrafortes, un óculo
circular, colocado a xeito de claraboia, que se adobía cunha grosa moldura de
baquetón, e unha imposta corrida. A esvelta e elegante espadana barroca de dos
corpos decórase de placas de época, leva unha escada lateral e contén dous vans
para o aloxamento de senllas campás – a máis antiga choca e a nova regalada o
ano 1894 polo mariño asturiano Fernando Villaamil, tan ligado á ría ferrolá, ao
regresar coa fragata Nautilus da súa primeira viaxe de circunnavegación -,
rematando o campanario dunha cornixa moldurada e un frontón triangular cunha
cruz central e pináculos laterais. A anódina sancristía exterior e o coro
engadíronse na última reconstrucción do ano 1943.
Segundo informa Antonio de la Iglesia (10) o templo tiña na capela maior
un retablo central co camarín da Virxe e dous laterais dedicados a San Xoaquín
e Santa Ana, pais de Nosa Señora, mentres que nos altares colaterais, fora da
capela maior, aparecían outras imaxes de San Xosé, San Xoán Evanxelista e San Ramón,
retablos todos eles de estilo barroco. Sobre o arco de entrada ao altar maior
salientaba unha notable talla do Crucificado co seu brazo dereito descravado
cinguindo a San Francisco axeonllado, como reflexo da tradición da orde
mendicante de Montefaro. Na sancristía gardábase un curioso óleo representando
a Decapitación de San Xoán Bautista. Na noite do 28 ao 29 de xuño de 1933
produciuse a queima vandálica do interior do templo, ardendo practicamente os
retablos e tódalas súas imaxes.
Desde entón o interior da ermida amosa unha decoración moi sinxela, coa
ausencia case total de esculturas relixiosas, que realza a atmosfera severa e
monacal – e ao mesmo tempo suxestiva – que produce no visitante. Salvouse do
incendio a imaxe da Virxe da Mercé, tallada en madeira e colocado sobre un piar
de pedra de gra ao fondo do testeiro, obra repintada en varias ocasións, de non
moita antigüidade e que non ten mérito especial. Cunha ampla coroa de raios
refulxentes e vestida de túnica pregada
e un ampuloso manto, non amosa a iconografía propia e tradicional da Virxe da
Mercé redentora de cativos, aínda que leva un amplo escapulario co escudo
mercedario e o Neno no seu brazo esquerdo.
(9) Na páxina 286 do tomo 3º da Geografía
General del Reino de Galicia de Carreras y Candi, amósase unha fotografía do
tímpano coa súa iconografía orixinal.
(10) Antonio de la Iglesia foi o director da
publicación quincenal coruñesa Galicia, que levou o subtítulo de Revista
Universal de este Reino, onde déronse cita moitos dos máis coñecidos escritores
do Rexurdimento galego. O propio Antonio de la Iglesia publicou no número do
tomo IV que correspondía ao 1 de Xaneiro de 1864 un artigo titulado Estudios
Arqueológicos. La Virgen de Chanteiro.
ILUSTRACIÓN
5. TÍMPANO DA ERMIDA DE CHANTEIRO
Como a maioría dos templos de Galicia a
ermida de Chanteiro ten un tradicional cruceiro, neste caso levantado nunha
encrucillada preto do templo, sinalizando o camiño cara ao santuario (11).
Trátase dun exemplar de bo tamaño, de boa pedra e ben traballado, de formas
sobrias e típicas de fins do século XVIII na comarca das Mariñas dos
Freires A cruz de pedra amosa sinais
evidentes de restauración, tralo derrubo que sufriu xunto cos de San Xosé de
Ares e San Pedro de Cervás durante os convulsos tempos da Segunda República. A
plataforma, que asoma entre a matogueira e se atopa reparada con cemento de
xeito pouco coidadoso, leva un amplo pedestal monolítico de forma
tronco-prismática mentres que o alto e sólido varal é de sección oitavada e
adelgazada en altura, adobiándose con dous colariños circulares no seu inicio e
remates de landra na parte alta. O capitel está traballado con molduras de
filete e de carto bocel, ao tempo que a cruz actual, elaborada do frío e pouco
axeitado cemento, é de forma latina, alta e de paos biselados cun clásico
remate en flor de azucena, amósase espida de imaxes e con restos de pintura
branca.
No
que atinxe á toponimia do lugar onde se ergue a ermida, son moitos os autores
que fan derivar Chanteiro do antigo nome de Plantarium. Por outra banda,
Cardeso Liñares apunta a posibilidade a que o nome de Chanteiro fai referencia a
“monte alto e ben visible” e a “lugar de pedras abundantes e sobresaíntes”
(12), aínda que Fátima Díez nun recente traballo sobre os santuarios rurais de
Ferrolterra (13) obxecta que a referencia ao termo chanta neste caso é
discutible por seren aplicable normalmente á pedra de lousa e non, como neste
caso, ao abondoso granito o pedra de gra no que se asenta a ermida, ofrecendo
como solución de compromiso que Chanteiro puidera derivar das “pedras
chantadas” de granito que aparecen fincadas verticalmente nas terras de labor
para sinalar os límites dos terreos. Nembargante, débese citar que no plano
máis antigo coñecido da ría de Ferrol, feito o ano 1498 polo piloto veneciano
Andrea Corso (14), o lugar aparece nomeado como Santeirum, o que ben pode ser
un erro de transcrición ou engadir unha nova dimensión a este tema.
No aspecto etnográfico, cumpre sinalar a lenda da aparición da imaxe
mariana dentro da Fonte da Virxe, dándolle así o seu carácter de milagreiras ás
augas do manancial (15). Tamén debe salientarse a mantida devoción entre a
xente mariñeira da comarca ferrolá cara a Virxe de Chanteiro, reflectida no
feito de que ata datas recentes os tripulantes de moitas embarcacións de pesca
de Ares e Mugardos, ao pasaren vogando por diante da ermida, descubríanse en
sinal de devoción e respecto, erguendo os remos á voz do patrón e cantaban unha
Salve na honra da Virxe.
(11) Juan J. Burgoa Fernández.
Arte religioso de corte popular. Los cruceros de los municipios de Fene,
Mugardos y Ares. Estudios Mindonienses, número 16. Mondoñedo 2000.Páxina 662.
(12) José Cardeso Liñares. Obra
citada. Páxina 195.
(13) Fátima Díez Platas. Santuarios
rurales de Ferrolterra: del cristianismo a la antigüedad. Arimathea, número 7.
Ferrol 2003. Páxina 21.
(14) Plano reproducido por Juan
A. Carneiro Rey - Miguel A. Rodríguez. Historia de Mugardos. Mugardos 2004.
Páxina 97.
(15) Juan J. Cebrián. Santuarios
de Galicia. Santiago 1982. Páxina 167.
Neste aspecto etnográfico é de gran interese a antiga lenda que narra a
visita que fixo San Cristovo á Virxe de Chanteiro, que persiste no imaxinario
popular da comarca e foi recollida por Esperanza Piñeiro e Andrés Gómez (16). A
lenda, inscrita no repetido e abondoso ciclo do folclore de Galicia e dos
países atlánticos no que a Virxe e os Santos aparecen viaxando en barcas de
pedra, narra como o fabuloso e rexo santo de orixe cananeo e protector da morte
súbita, aburrido na súa solitaria capela da outra banda da ría ferrolá, viaxa
nunha lancha de pedra co Neno Xesús ás costas ata a ermida de Chanteiro para
facer unha visita e render culto á Virxe da Mercé e logo volver ao seu altar.
O VOTO DE
CHANTEIRO
A primeira referencia sobre o establecemento do Voto de Chanteiro faina
o ano 1820 o ilustrado ferrolán Alonso López (17). Nos primeiros anos do século
XV declarouse unha forte epidemia de peste en toda Europa cunha gran incidencia
nas comarca ferrolá e eumesa (18), que o pobo considerou que foi remediada pola
intercesión de Nosa Señora da Mercé que se veneraba no santuario de Chanteiro
do veciño concello de Ares, dependente naquelas datas do convento de Santa
Catalina de Montefaro. Por mor desta circunstancia, os concellos de Ferrol,
Ares e Mugardos fixeron voto de visitar en rogativa o devandito santuario nunha
procesión presidida polas autoridades civís e relixiosas, levando na mesma os
pendóns dos respectivos concellos.
Trátase dunha estendida e ancestral tradición que permaneceu na memoria
histórica do pobo e da que moitos escritores fixéronse eco, aínda que non
existen probas documentais da súa orixe, nin tan sequera se coñece unha
transcrición da escritura do Voto de Chanteiro, si algunha vez existiu. Por
outra banda, o feito de que este Voto se celebrase nun santuario da ría de
Ares, podería ser significativo da extensión que naquelas datas tiña a
xurisdicción da vila de Ferrol.
Foi Montero Aróstegui quen na súa Historia de Ferrol (19) do ano 1858
fixo unha minuciosa descrición do Voto de Chanteiro. Segundo este autor, o luns
de Pascua de Pentecoste do ano 1404 os veciños de Ferrol acudiron por vez
primeira en pública rogativa para implorar á Virxe da Mercé a súa intercesión
para poñer remedio á devandita epidemia, levando dous atados de mistos para
alumear a ermida de Chanteiro, medindo logo con eles o perímetro exterior do
templo co resultado dun peso de seis libras, polo que acordaron levar os anos
sucesivos unha ofrenda deste mesmo peso de cera en velas elaboradas.
(16) Esperanza Piñeiro de San
Miguel e Andrés Gómez Blanco. Lendas e relatos ferroláns. Ferrol 1998. Páxina
33.
(17) José Alonso López y Nobal.
Consideraciones generales sobre varios puntos históricos, políticos y
económicos favor de la libertad y fomento de los pueblos, y noticias
particulares de esta clase relativas al Ferrol y su comarca. Madrid 1820. Tomo
I, páxina 59.
(18) Segundo o Diccionario
Geográfico-Estadístico-Histórico de España de Pascual Madoz, Madrid
(19) José Montero Aróstegui.
Historia de la ciudad y departamento naval del Ferrol. Madrid 1858. Páxinas 47 e 48.
ILUSTRACIÓN
6. PORTADA DA REVISTA GALICIA. ANO 1864
Como houbese desaparecido a epidemia, nas verbas do citado historiador,
“empujada con viento de levante la densa niebla que abrumaba al Ferrol y
quedando su atmósfera enteramente limpia y despejada”, esta sinxela ofrenda das
seis libras de cera consolidouse os anos sucesivos, engadindo unha fermosa flor
natural para a Virxe que co tempo converteríase nun amplo e cada vez máis
adobiado e chamativo ramo ou canastro de flores, incluso decorado co escudo de
Ferrol, conxunto que foi coñecido logo como “a flor de Chanteiro” e que ía
portado sobre andas por catro homes, mentres que a cantidade de cera da ofrenda
sufriu diversas alternativas (20).
Nas romarías, rogativas ou actos relixiosos deste tenor, a doazón de certa
cantidade de cera en bruto ou máis frecuentemente en forma de velas ou candeas,
foi a ofrenda máis axeitada e habitual por parte dos fieis desde tempos
medievais, dado que a luz co que alumean os altares serven para sinalar e
salientar a sacralidade do santuario. Aínda que nestes casos tamén é corrente
levar flores para adobío do templo, a historiada ofrenda da chamada flor de
Chanteiro foi un singular detalle no que repararon e mencionaron tódolos
autores que escriben sobre este ritual. Un dos máis profundos coñecedores das
tradicións relixiosas de Galicia, o historiador tudense Martínez Padín,
publicou no ano 1874 un traballo explicando polo miúdo como o motivo inicial
desta singular ofrenda debeuse a que un mozo ferrolán levou o primeiro ano do
Voto un canistrel de flores do seu xardín para adobiar o altar da Virxe de
Chanteiro en agradecemento de que a súa nai se salvase do andazo da peste (21).
Correspondía a presidencia desta rogativa procesional ao maxistrado de
Ferrol ou un representante seu, normalmente o procurador xeral, que tiña entre
outras misións a de facerse cargo da festa, asistindo coa compaña do cura
párroco e os sacerdotes de San Xulián coa cruz parroquial alzada e o pendón, os
freires do convento de San Francisco, tamén portando a súa cruz, polo dereito
adquirido por esta comunidade relixiosa cando tivo que administralos
sacramentos na cidade por haberen falecido tódolos cregos da parroquia durante
a epidemia (22), e numerosos veciños da vila ferrolá, sendo costume nos seus
inicios que asistise ao menos un membro de cada familia.
Chegada a comitiva ao porto de Mugardos, era recibida polos
representantes da vila cunha salva de trabucos e outras armas de fogo,
marchando xuntas ámbalas dúas xustizas ata a xurisdicción de Ares, onde o seu
maxistrado facía un novo recibimento con máis cargas de arcabucería no adro de
Chanteiro. Continuaba logo a procesión dando tres voltas arredor do templo,
cantábase unha misa na ermida e facíase á Virxe da Mercé a ofrenda da cera e da
flor, tralo cal se retiraba o cortexo con igual solemnidade e seguindo o mesmo
orden que á chegada (23).
(20) Por exemplo, o ano 1735 consignouse a
cantidade de catro libras e media de cera branca para o Voto de Chanteiro.
Arquivo Municipal de Ferrol. Libro de Actas do Concello número 379 (Anos
(21) Leopoldo Martínez Padín. Tradiciones
religiosas de Galicia. El canastillo de flores. Revista Galaica, número
(22) Eugenio Carré Aldao. Tomo 3º. La
Coruña. Geografía General del Reino de Galicia. F. Carreras y Candi (Dir).
Editorial Alberto Martín. Barcelona, 1936. Páxina 287.
(23) Eduardo Lence-Santar. El voto de Ferrol
a Chanteiro. Publicación parroquial
de Cervás, 1950.
ILUSTRACIÓN
7. IMAXE DE NOSA SEÑORA DE CHANTEIRO
Esta celebración, que gozou dunha mantida devoción pola parte dos
asistentes e que tivo un sinxelo e axustado cerimonial nos seus comezos, co paso
do tempo pasou a converterse nunha romaría festiva, custosa e de gran aparato –
incluíndo os típicos foguetes -, con crecentes gastos que estaban a cargo das
autoridades ás que tiveron que auxiliar algúns veciños distinguidos da cidade.
Como escribe Montero Aróstegui, unha gran comitiva embarcaba nos botes desde
diferentes lugares da ría, acompañando á representación oficial que se
trasladaba coa ofrenda na falúa do xeneral de Mariña desde o peirao de
Curuxeiras. Finalizados os actos relixiosos continuaba a romaría popular no
adro e nos arredores da capela de Chanteiro mentres que se celebraba no lugar
do Baño, dentro do veciño concello de Mugardos, un banquete destinado ao clero,
autoridades e demais persoas significativas da comitiva.
Os gastos cada vez maiores da festa, na súa maior parte sufragados polo
concello de Ferrol a través do seu procurador xeral (24), xunto cos incidentes
ocorridos entre as diferentes representacións oficiais civís e relixiosas pola
competencia na prelación das cruces e na orde de celebración das misas na
ermida, algúns accidentes que tiveron lugar con ocasión do mal tempo durante o
traslado das embarcacións desde o peirao de Curuxeiras ata o porto de Mugardos
e incluso as liortas, borracheiras e alborotos promovidos por varios dos
asistentes á romaría, en palabras de Couceiro Freijomil “convirtiendo el acto
religioso en una profana distracción” (25), levaron ao convencemento do
concello ferrolán de que era preciso remediar e poñer couto a estes feitos.
Por outra banda, co paso dos anos tamén foron rexistrándose diversos
desencontros protocolarios que máis tarde desembocaron en incidentes nos que
estiveron implicados tanto as autoridades e representacións de Ferrol, Mugardos
e Ares como os propios relixiosos encargados do culto da ermida de Chanteiro.
Tal como rexistra o Arquivo Municipal de Ferrol, o día 21 de maio de 1784, ante
o sucedido o ano anterior cando non se respectou a prelación ferrolá, o
Concello dirixiu unha comunicación ao superior do convento de Montefaro, de
quen dependía a capela da Mercé, lembrando a preferencia que tiña Ferrol “antes
que otros pueblos que aun concurren en el mismo día” para celebrar o luns de
Pascua de Pentecoste o Voto de Chanteiro, para que “este año no ocurran iguales
embarazos” (26).
(24) O ano 1777 sinalouse polo
Concello en 300 reais a cantidade destinada para facer fronte aos gastos
derivados do cumprimento do Voto, tanto para o pago da ofrenda como o convite
posterior. Arquivo Municipal de Ferrol. Libro de Actas do Concello número 382
(Anos
(25) Antonio Couceiro Freijomil.
Historia de Puentedeume y su comarca. Pontedeume 1944. Páxina 174
(26) No Arquivo Municipal de
Ferrol atópase unha abondosa documentación referente ás vicisitudes sufridas
polo Voto de Chanteiro. Caixa 922. Igrexas e capelas. Expediente 5. Voto de
Chanteiro. Folio 19.
De carácter máis serio foron os posteriores incidentes que tiveron lugar
durante a presentación da ofrenda do ano 1817. O día 19 de xuño do devandito
ano, Juan Alonso de Taybo, Procurador Xeral de Ferrol e comisionado polo
Concello para o Voto de Chanteiro, dirixe unha representación de queixa ao
“Presidente y Señores de este Ilustre Ayuntamiento”. No seu escrito (27) informa
dos insultos sufridos pola comitiva oficial da cidade de Ferrol – formada por
el mesmo, o Escribán e o Secretario do Concello e os cregos de San Xiao e San
Francisco – no intre de dispoñela ofrenda dentro da ermida da Mercé, cando
foron abordados polo relixioso de Chanteiro, que en primeiro lugar se dirixiu
ao crego ferrolán Josef Gómez “con la irregular voz de farolero que se
intrusaba a gobernar casa ajena” e a continuación “olvidando el Prior su
moderación, prorrumpió en dicterios tan impropios de su religioso caracter como
del Santo Templo y de la casa de Dios sacramentado, que desde aquel instante se
convirtió por su parte en Plaza o Teatro de escándalo y de desorden”
As circunstancias anteriores levarían ao
concello ferrolán a solicitar a conmutación ou modificación do Voto de
Chanteiro, que non anulación do mesmo por seren considerada unha ofrenda de
carácter perpetuo. Realizouse un primeiro intento de trocar como lugar da
ofrenda á ermida da Mercé de Chanteiro pola igrexa ferrolán do Socorro, aínda
que sen resultado positivo, no ano 1824 (28). Unha longa exposición que fixo o
Concello de Ferrol neste senso, datada o 10 de Novembro de 1824, foi contestada
negativamente o 14 de Maio do seguinte ano 1825 por un razoado oficio do Bispo
de Mondoñedo, no que indica ao Alcalde de Ferrol que “los abusos y excesos que
V.S. toma en consideración toca
reprimirlos a la justicia ordinaria, y
los gastos excesivos de que se lamenta, siendo voluntarios, pueden evitarse”.
No que atinxe á supresión ou conmutación do voto, o Bispo consideralo un
problema moi complexo e delicado polo que é da opinión que débese solicitar
directamente da Santa Sede (29).
Poucos anos máis tarde, por mor da exclaustración que se levou a cabo no
ano 1835, quedou suprimido o convento franciscano de Santa Catalina de
Montefaro, polo que a ermida de Chanteiro, ata que foi incorporada o ano 1844 á
xurisdicción ordinaria, subsistía con escaso decoro e case sen atención
relixiosa, circunstancia que aproveitou o Concello de Ferrol para levar a cabo
o 16 de Decembro de 1839 unha nova petición de conmutación do Voto (30). De
xeito sorprendente e pouco usual, nesta ocasión foi moi pronta a resposta das
autoridades relixiosas, producida por un auto do 31 do mesmo mes de Decembro,
onde o Gobernador eclesiástico do Bispado de Mondoñedo declaraba que, pola
conmutación concedida, o concello de Ferrol quedaba exento do anterior Voto de
Chanteiro, sendo substituído pola celebración no segundo día de Pascua dunha
procesión desde a igrexa parroquial de San Xulián ata a capela de Nosa Señora
do Socorro en Ferrol Vello, seguida dunha función relixiosa neste templo.
(27) Arquivo Municipal de
Ferrol. Caixa 922. Expediente citado. Voto de Chanteiro. Folio 22.
(28) José Montero Aróstegui.
Obra citada. Páxina 48.
(29) Arquivo Municipal de
Ferrol. Caixa 922. Expediente citado. Voto de Chanteiro. Folio 26.
(30) Tanto a petición de
conmutación pola parte do Concello como o Auto de concesión do Bispado de Mondoñedo
consérvanse no Arquivo Municipal de Ferrol. Caixa 922. Igrexas e capelas.
Expediente 5. Voto de Chanteiro. Folios 33, 34 e 35.
ILUSTRACIÓN
8. EXPEDIENTE DE CONMUTACIÓN DO VOTO. ANO 1839
(Arquivo
Municipal de Ferrol)
Con este motivo, o alcalde constitucional de Ferrol, Isidro Juan Vidal,
publicou o 4 de Xuño do seguinte ano 1840 un Bando no que facía saber aos
veciños as razóns polas que se pedira a conmutación do Voto de Chanteiro, aínda
que conservando o espírito inicial co que se establecera, “pues que del modo
que se cumplía era más propio para ridiculizar los actos de nuestra Sacro Santa
Religión que para implorar la clemencia del Altísimo”, e como substituíase pola
obriga anual de levar en rogativa ao Patrón San Xulián á capela do Socorro de
Ferrol Vello o segundo día de Pascua, celebrando alí unha misa, elevando a doce
libras a cantidade de cera ofrendada en vez das seis libras que se ofrecían en
Chanteiro, cantando unha Salve e regresando a procesión á igrexa parroquial,
polo que convocaba aos ferroláns para a asistencia aos citados actos, ao mesmo
tempo que lles solicitaba aos veciños das rúas polas que transitaba a procesión
e rogativa que tivesen o maior coidado en mantelas “sin tropiezos, limpias y
barridas” (31).
Esta conmutación do tradicional Voto á Virxe da Mercé de Chanteiro tivo
moi mala acollida nas localidades da outra banda da ría de Ferrol e produciu
unha grande indignación entre os veciños de Ares e Mugardos, orixinando as
enérxicas e inmediatas protestas tanto das alcaldías de ámbolos dous concellos
como as do cura párroco de Cervás e do arcipreste de Bezoucos, quedando
constancia das dilixencias levadas a cabo neste sentido nos arquivos de
Santiago de Compostela e Mondoñedo.
Nun longo e documentado traballo do ano
1948, Manuel Troitiño (32), profesor de Dereito Canónico na Universidade de
Santiago, fai un detido estudio acerca deste suceso e realiza un completo
percorrido polos diferentes escritos cruzados entre as autoridades e a sucesiva
documentación dirixida polos citados actores ao Arcebispado de Santiago,
reclamando que se anulase a conmutación que realizou directamente o Bispado de
Mondoñedo, por non haber tido en conta a opinión dos concellos de Ares e
Mugardos e por considerar que non tiña a debida competencia para facelo, sen
coñecer o preceptivo informe de Santiago e incluso a de Roma, por se tratar dun
voto a perpetuidade.
Polo que respecta á vila da Graña, que tamén realizaba o Voto de
Chanteiro de forma conxunta cos concellos de Ferrol, Ares e Mugardos, deixou de
exercer esta prerrogativa na segunda metade do século XIX, “desde que un año se
embriagaron, cayeron al mar y hubo ahogados y con ellos cayó la imagen de San
Roque traían en procesión”, segundo pódese ler nun documento que se conserva no
Arquivo Parroquial de Cervás (33), o que da unha boa idea dos excesos de todo
tipo aos que chegaron os asistentes á romaría de Chanteiro.
(31) VV. AA. Escolma de bandos
de Alcaldía (Segunda metade do s. XVIII-XIX). Ferrol 2002. Bando sobre o voto
de Chanteiro. Páxinas 135 e 136.
(32) Manuel Troitiño Mariño. El
Voto de Ferrol a Chanteiro, jurídicamente considerado. Publicación parroquial
de Cervás,1948.
(33) Documento citado por Juan
A. Carneiro Rey – Miguel A. Rodríguez. Historia de Mugardos. Mugardos 2004.
Páxina 92.
Os concellos de Mugardos e Ares seguiron a cumprilo histórico Voto de
Chanteiro cun cerimonial propio na data do martes de Pentecoste. A rogativa
saía de Mugardos coa cruz alzada, presidida polo alcalde e o clero da vila,
pasando pola igrexa de San Pedro de Cervás onde incorporábase á procesión o seu
párroco, continuando a comitiva cantando as Ladaíñas dos Santos e rezando o
Rosario ata a ermida da Mercé, na que se celebraba unha misa solemne. Rematados
os actos relixiosos en Chanteiro a procesión regresaba cara a Mugardos e ao
chegaren á igrexa parroquial de Cervás entraba pola porta principal e saía pola
lateral, utilizando o dereito de paso que tiña concedido desde tempo
inmemorial, segundo relata o crego e historiador Rodríguez Fraiz que foi
párroco de Cervás entre os anos 1940 e 1950, e a quen se debe a restauración da
ermida de Chanteiro realizada o ano 1943 (34).
O concello de Ares deixou de cumprilo Voto de Chanteiro desde o ano
1970, mentres que o de Mugardos non só non deixou de facelo se non que o ano
1948 concedeu a Medalla de Oro da Real Vila á Virxe de Mercé, adquirida por
subscrición popular e imposta nunha solemne cerimonia que tivo lugar no
santuario de Chanteiro o 24 de Setembro, festividade da patroa (35). No que se
refire a Ferrol, dada a sucesiva perda de solemnidade e falla de asistencia á
celebración do Voto na igrexa de Nosa Señora do Socorro, o ano 1960 o concello
de Ferrol solicitou do Bispo da Diocese o traslado do mesmo ao domingo seguinte
á festividade da Virxe do Carme (36), por tratarse dun día festivo e dunha data
próxima as festas de verán da cidade. Desde entón a tradicional celebración do
Voto de Chanteiro foi esmorecendo desde entón ata a súa práctica
desaparición.
REFERENCIAS
LITERARIAS, POÉTICAS E DOCUMENTAIS
No ámbito da cultura popular galega, o cancioneiro ten un lugar ben
destacado, e dentro do mesmo as coplas e cantares populares dedicadas aos
santos e santuarios agachan unha das manifestacións máis sobranceiras do folclore
galego. Son moitas e ben coñecidas as coplas que o pobo dedica á Virxe de
Chanteiro, como as citadas por Cardeso Liñares (37):
Nosa Virxen de
Chanteiro,
dánolo vento en popa,
que somo-los de
Mugardos,
levámo-la vela rota.
(34) Antonio Rodríguez Fraiz.
Costumes populares litúrxico-mariais de Galicia. Santiago 1995. Páxina 52.
(35) José Porta Acebo. La Virgen
de Chanteiro, Mugardos y su Medalla de Oro. Publicación parroquial de
Cervás,1948.
(37) Archivo Municipal de
Ferrol. Caixa 922. Expediente citado. Folios 60 e 61.
(35) José Cardeso Liñares. Obra
citada. Páxina 202.
Dulce Virxe da Merced,
sempre está tan caladiña
vento arriba ou vento
abaixo,
sempre está na súa
casiña.
De gran interese é estoutra canción mencionada polo escritor viveirense
Enrique Chao Espina no seu percorrido pola costa ferrolá (38):
Madre de Dios de
Chanteiro,
o que non queira
borrasca
non se meta mariñeiro.
Nesta liña están tamén varias das cantigas populares
que foron recollidas polos autores da obra Camiños de Ferrolterra (39):
Madre de Dios de
Chanteiro,
está sentada na porta
mirando para os remeiros
como lle baixan a costa.
Adiós Virxe das
Mercedes,
adiós Madre de
Chanteiro,
volveremos os remeiros
para o ano vindeiro.
Madre de Dios e dos
homes,
dulce Virxe da Merced,
ampara aos mugardeses
que hoxe imos ao teu pé.
Madre de Dios da Merced,
sempre está coradiña,
bátelle o raio de sol
pola súa ventaniña.
(38) Enrique Chao Espina. La costa
lucense y coruñesa en los caminos de San Andrés de Teixido. La Coruña 1980.
Páxina 102.
(39) Guillermo Llorca, Agustín
Pérez Alberti y Ana M. Romero. Camiños de Ferrolterra. Ferrol 1982. Páxina 76.
Unha nova copla popular, recollida por Juan A. Carneiro e Miguel A.
Rodríguez (40), amosa a posición oposta e, ao mesmo tempo, a complementaridade
que Chanteiro ten con outro santuario de gran sona na comarca ferrolá, o da
Virxe do Nordés en Chamorro:
Nosa Virxe de Chanteiro
ten a cara para o mar
e a Virxe de Chamorro
tena para o vendaval.
Tamén os poetas da bisbarra de Ferrol dirixiron a súa ollada á Nosa
Señora de Chanteiro. O segrel ferrolán, Xosémaría Pérez Parallé, na súa liña de
autor popular dedicoulle uns versos sinxelos e sonoros (41):
Nosa Virxe de Chanteiro
que estás a carón da
mar,
terma do meu mariñeiro
que na
súa barca
moza,
saléu na noite a pescar.
Miña Virxe da Mercede,
coida do meu pescador,
que foi chimpa-la red,
na súa
barca
doncela,
na escurada do balbor.
Outro poeta, o pai mercedario Xosé S. Crespo Pozo, académico da lingua
galega e un dos sobranceiros estudiosos da Heráldica e Xenealoxía de Galicia, o
ano 1948 dedicoulle co seu requintado vocabulario unha sentida e fermosa
composición titulada “A Virxen d´a Mercé de Chanteiro” (42):
(40) Juan A. Carneiro Rey –
Miguel A. Rodríguez. Obra citada. Páxina 92.
(41) Xosé María Pérez Parallé.
Poemas, cantigas. Ediciós de Castro. Sada 1995. Páxina 120.
(42) Reproducida por Antonio
Rodríguez Fráiz, párroco de San Pedro de Cervás, na publicación parroquial de
Cervás dedicada ás festas do ano 1948.
Virxen de Chanteiro, nai agarimosa
que fixeches teu niño na
terra nosa,
onde o témero estrondo
de ondas salgadas
que che levan as coitas
anguriadas
dos probes malpocados
dos mariñeiros
cando loitan co-a morte
e máis cos salseiros¡
Doce Raíña da beiramar frolida,
de prayas e de area
loiras cinguidas¡
Ascoita os nosos pregos
i-os borboriños
misturados de bágoas dos
peleriños;
ouse os tristes saloucos
dos labradores
que onde Tí veñen sempre
chorando dores;
ceibanos dos remuiños e
dos perigos
das ondas deste mundo,
cova de enemigos .....
Cando cansos nos vexas, da vida cheos,
a túa manciña maina nos
leve aos ceos,
alí, onde tremelacen
sempre as estrelas;
Nosa Virxen, levainos
pra cabo de elas¡
A pesares da conmutación do secular Voto levada a cabo polo concello
ferrolán o ano
(43) Rodrigo Sanz. Dos apuntes
sobre Chanteiro. Almanaque de Ferrol para el año 1907. Páxinas
ILUSTRACIÓN
9. BANDO SOBRE O VOTO DE CHANTEIRO
(Arquivo
Municipal de Ferrol)
Máis adiante o publicista continúa escribindo con referencia á
procesión: “Y a las doce, acabada la misa, sin plática, sale la procesión. Cruz
alzada; la Virgencita en andas, vestida de largo manto azul, tocada con pendientes,
sortijas y pulseras desmesuradas; luego tres sacerdotes, después cuatro
músicos, últimamente, cortejo de hombres descubiertos y mujeres cubiertas. Más
mujeres que se arrodillan al paso y más hombres que se quedan en pie,
descubriéndose más o menos en razón inversa del cuadrado de la distancia; las
dos campanas que mezclan el descosido repique de la buena con el cascado
sarteneo de la inválida, agitadas las dos por el chiquillo que, allá arriba, se
acerca al alero cuanto da la cuerda, a fin de repicar y andar en la procesión
en cierto modo .... y en fin, la continuada cohetería disparada ahora desde
tres o cuatro sitios en fuegos cruzados”.
O escritor Antonio de la Iglesia remata o devandito traballo (44) que
fixo o ano 1864 sobre o santuario de Chanteiro cunhas verbas nas que laméntase
que o pobo de Ferrol deixase de cumprir coa ancestral ofrenda:
“Después de orar como el peregrino en este santuario, sálese
naturalmente a participar de la vista de aquellas florestas, viñedos y ensenada
a donde en otro tiempo la villa del Ferrol concurría un día del año, el lunes
de pascua de Pentecostés, a presentar a la Virgen el tradicional Voto de
Chanteiro, consistente en una flor natural y unas libras de cera, todo más rico
que por su intrínseco valor por la fé y buena voluntad con que se ofrecía.
Hasta nuestros días duró tan poética costumbre desde los estragos de la peste
de los siglo XIV y XV. Hoy se halla conmutada sin salir el pueblo ferrolano de
sus muros, ni mandada la ofrenda a este santuario como parecía regular al
menos, sinó que se queda en una capilla de casa, o sea del mismo pueblo de
Ferrol. ! Qué bien caracteriza una época este rasgo !”
O poeta Benigno de la Iglesia González, irmán dos polígrafos tamén
santiagueses Antonio, citado con anterioridade, e Francisco - que foron
expoñentes do primeiro Rexurdimento galego -, escribiu en castelán o ano 1863,
mentres estaba destinado en Ferrol, un longo poema narrativo dunha extensión de
case dous mil versos que titulou “Dos flores y un amor o el Voto de Chanteiro.
Leyenda del siglo XV” (45). Dentro dunha liña romántica e intimista o autor
compostelán achégase á lendaria historia de Chanteiro a través dos amores de
Estrella, moza do lugar, e Nuño, “paje del altivo señor Freire de Andrade”.
Nunha composición dramática de interese histórico e que non carece de
certa calidade literaria o poeta describe as cuítas amorosas de ámbolos dous
xoves, utilizando como marco poético para as súas relacións amatorias o
coñecido símbolo da “flor de Chanteiro”, o que lle vale como argumento
dramático dentro dun cadro narrativo máis amplo que inclúe unha lírica,
sentimental e, ás veces, algo reiterativa descrición da tradicional lenda de
Chanteiro, de sons evocadores e con rascos románticos que non exclúen unha
valoración idealista pola parte do autor.
(44) Antonio de la Iglesia. Obra
citada. Páxina 2.
(45) María R. Saurín de la
Iglesia (edición e introducción). Benigno de la Iglesia González. Poesías.
Páxinas
ILUSTRACIÓN
10. NOSA SEÑORA DE CHANTEIRO. XILOGRAFÍA/RASO BLANCO. I. BROCOS
(Museo de Pontevedra)
Ao longo do seu extenso traballo de reconstrucción histórica o poeta vai
facendo unha serie de descricións referentes á ermida da Virxe de Chanteiro, á
chegada da peste a Ferrol, á viaxe desde o peirao de Curuxeiras, a ofrenda da
flor e a cera ou á función do Voto, relato que vai acompañando de reflexións
persoais. Así podemos ler en diferentes pasaxes da narración:
Todo es silencio y soledad: la bruma
callada y fría en el
Ferrol se posa
y cual mortaja el
pensamiento abruma
de luto y muerte en
soledad llorosa.
Ni luz da el sol, ni
forma el mar espuma,
ni alegre ríe, ni se
queja undosa:
todo en la tierra muda y
tristemente
el seco paso de la muerte
siente.
Del año mil cuatrocientos
y cuatro, de aciago
nombre,
asoma el lunes de pascua
de Pentecostés, y sobre
la superficie del mar
que ocultan casi los
botes,
vése bullir todo un
pueblo
que viste negros
colores.
Así las calles de Ferrol sembradas
se hallan de muerte y
destrucción. No hay punto
en que las garras de la
muerte heladas
no sean de llanto y de
temor asunto:
luego las voces tristes
y pausadas
de las campanas que no
cesan,
junto con el medroso
paso apresurado
del que huye con la
muerte siempre al lado.
De Corujeiras al muelle,
humilde y modesto
entonces,
llegan al fin y se
embarcan,
y se apiñan los botes,
y cual dos negras
estelas
que el sosiego del mar
rompen
hacia Mugardos avanzan
en su procesión veloces.
Mas en baja, escarpada colina
que a perderse va suave
en el mar,
se alza triste una
humilde capilla
do el marino a su vuelta
va a orar.
Y el que rey de aquel
mar se llamara
de rodillas al verle se
hincó,
y a la Virgen, tal vez
por costumbre,
silencioso una Salve
rezó.
A longa composición, que o autor dedicou o 3 de Xuño de 1863 en Ferrol
ao seu irmán Francisco de la Iglesia (46), finaliza cos seguintes versos:
De toda aquesa historia que he contado,
lector, por tu amistad
unicamente,
sólo unas pobres ruinas
han quedado
y una pequeña ermita
que el campesino rústico
visita;
del voto y de la flor,
sólo una huella
que el verde musgo
tristemente oculta
de la montaña aquella
sobre la falda solidaria
e inculta.
Por más de cuatro siglo respetaron
la veneranda fe de sus
mayores
aunque su ofrenda con
baldón viciaron
cambiando en oro las
modestas flores;
hoy, por temor al mar,
de otra capilla
ante otra imagen, ya sin
fe se humilla
un limitado pueblo
y sólo el voto de hoy a
mi memoria
recuerda acaso esa
doliente historia.
Xa para rematar, reprodúcese o contido do Bando que publicou o 4 de Xuño
de 1840 Isidro Juan Vidal, alcalde constitucional da vila de Ferrol, polo que
fai saber aos veciños a conmutación do tradicional Voto de Chanteiro,
substituíndoo pola procesión en rogativa desde a igrexa parroquial de San
Xulián ata a capela da Virxe do Socorro en Ferrol Vello, onde se levará a cabo
a misa solemne e a tradicional ofrenda.
(46) Na dedicatoria ao seu irmán
escribe que “le dedica esta leyenda, bebida en el único asunto tradicional de
este pueblo tan moderno, o mejor dicho, de tan poca vida en tiempos no muy
lejanos”. Benigno de la Iglesia. Obra citada. Páxina 261.
ILUSTRACIÓN
“EL AYUNTAMIENTO CONSTITUCIONAL
DE LA VILLA DE FERROL
HACE SABER a todos los vecinos de la misma, que desde tiempo inmemorial
cumplía esta villa en el lunes de Pascua de Pentecostés de cada año un voto que
consistía en ir procesionalmente cantando la letanía al Santuario de Ntra. Sra.
de las Mercedes, en Chanteiro, donde se celebraba el santo sacrificio de la
Misa y se entregaba a la capilla una flor y seis libras de cera. La época en
que este voto ha principiado y la causa que lo motivó, no consta de ningún
documento; pero se dice, y acaso esta noticia se considera por tradición que
fue otorgado por los habitantes de esta villa en el año 1404 de resultas de una
peste que los había afligido. Justo es que cumplamos las promesas de nuestros
ascendientes, pero el modo con que lo cumplimos ¿será el conqué ellos lo habían
instituido? Ellos hacían una fución de penitencia para rogar al Todo Poderoso
no se repitiese aquel azote, y nosotros, desconociendo el origen, llegamos a
convertir esta función en una verdadera fiesta de diversión y regocijo.
Para que esta promesa volviese al obgeto a que fuera establecido por
nuestros abuelos, pues del modo que se cumplía era más propio para ridiculizar
los actos venerables, de nuestra Sacro Santa Religión que para implorar la
clemencia del Altísimo, acudió el Ayuntamiento, ya antes de ahora, al Ilmo. Sr.
Obispo de la Diócesis y últimamente en 16 de Diciembre de 1839 al Sr.
Gobernador del Obispado, para que aquel voto se conmutase de suerte que
conservando el espíritu con que fuera hecho, se evitasen los males que
resultaban del modo con que se hacía, y fuese más acepto a la Divinidad; quien
en uso de las facultades apostólicas de que se halla revestido, resolvió en 30
de dicho mes y año debía conmutar y conmutó el mencionado voto, en que el Ayuntamiento
de esta villa haya de ir procesionalmente en el espuesto segundo día de Pascua
a la capilla de Ntra. Sra. del Socorro, llevando en rogativa al Patrono S.
Julián, celebrando allí la misa a la Santísima Virgen y ofreciéndola doce
libras de cera, y a mayor abundamiento declara: que por esta comunicación queda
ecsenta la villa de Ferrol de la obligación a que se había constituido en 1404
de ir en procesión al Santuario de Chanteiro.
Y siendo para el día 8 del actual, el en que por primera vez se ha de
dar cumplimiento a esta providencia, el Ayuntamiento de acuerdo con el Sr. Cura
párroco, lo pone en conocimiento del público, para que los que gusten asistan a
esta rogativa que saldrá a las nueve de su mañana de la Iglesia parroquial,
llevando en ella al Patrono S. Julián con las doce libras de cera a la capilla
de Ntra. Sra. del Socorro donde se celebrará una misa solemne, concluida la
cual se cantará una salve a la Santísima Virgen y regresará la rogativa a
El Ayuntamiento espera que los vecinos de las calles por donde debe
transitar la rogativa y procesión, que serán los de costumbre, tendrán el mayor
cuidado en tenerlas sin tropiezos, limpias y barridas así en dicho día segundo
día de pascua, como en el día de la procesión del Corpus. Ferrol, 4 Junio de
1840“
Calle
Dolores 2
15402
Ferrol
Teléfono
[34] 981 35 27 19
Fax
[34] 981 35 27 19