Ramón Piñeiro López Dia das Letras Galegas 2009 autor homenaxeado

LIBRERÍA CENTRAL LIBRERA

Calle Dolores 2

15402 Ferrol

centrallibrera@telefonica.net

http://www.centrallibrera.com

Teléfono [34] 981 35 27 19

 

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2009 No recanto de Mink

 

A Nosa Terra:

O escritor Ramón Piñeiro será o homenaxeado no Día das Letras Galegas do próximo ano. Nado en Láncara en 1915, Piñeiro influenciou todas as xeracións galeguistas de posguerra. Teorizou e practicou unha resistencia cultural á ditadura. Ensaísta e tradutor, morreu en Santiago en 1990.

Dende a RAG sinalaron que “a dedicación, total e desinteresada, da súa vida na defensa de Galiza e da súa cultura debe ser unha referencia moral indiscutíbel e necesaria cara ás novas xeracións”.

Os seus traballos sobre pensamento e filosofía, as súas traducións en colaboración con Celestino Fernández de la Vega das obras de Pokorny e Heidegger, “supuxeron no seu momento un paso decisivo na normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber, superando a súa cualificación como lingua 'rural e poética' na que a tiñan encadrada moitos intelectuais españois da posguerra”.

O seu labor ensaístico recollido parcialmente nos libros Olladas no Futuro, Galicia, A Linguaxe e as linguas, e Lembrando a Castelao recollen os eixes fundamentais do seu pensamento, que salientan a necesidade da reafirmación cultural de Galiza como camiño fundamental para a súa realización como pobo.

Normalización da lingua

Ramón Piñeiro López tamén actuou como promotor da normalización da lingua galega nos anos difíciles da posguerra. Así, son numerosos os artigos e as actividades neste campo, entre elas, a publicación do Dicionario Enciclopédico de Don Eladio González (1958-1961).

No 1967, Ramón Piñeiro foi elixido membro numerario da Real Academia Galega e defendeu un discurso que levou por título 'A linguaxe e as linguas'. De acordo co seu defensa da cultura galega, participou na creación do Consello da Cultura Galega no ano 1983, do que foi o seu primeiro presidente até o seu falecemento en 1990.

Tamén influíu na normalización política do galego, facendo da lingua "un patrimonio común" por encima das opcións de partido. Finalmente, destacou polas súas conversacións, a súa correspondencia epistolar dentro e fóra de Galiza, e coa mocidade e con toda persoa que tivese Galiza como referente das súas actividades ou ideais.

Este galeguista dálle nome ao Centro de Investigación en Humanidades 'Ramón Piñeiro', que depende da Xunta de Galicia e realiza estudos vinculados coa cultura e a lingua galega.

 

 

 

A RAG decide homenaxear a Ramón Piñeiro no día das Letras Galegas do 2009.

Ensaista, cofundador da editorial Galaxia, primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, liderou o pensamento galeguista da posguerra. Os seus traballos sobre filosofía e pensamento contribuiron decisivamente á normalización do galego como lingua apta para expresarse en todos os ámbitos do saber.

 

( Vía A nosa terra Diario )

http://www.noviembre.org/e-norte/html/index.php?name=News&file=article&sid=3865

 

Foi membro fundador de Galaxia, académico da lingua e primeiro presidente do Consello da Cultura
A Real Academia Galega salientou «a entrega total e desinteresada a Galicia» do ensaísta e político
A Real Academia Galega decidiu que, dezaoito anos despois da súa morte, xa é hora de revisar a figura de Ramón Piñeiro. O ensaísta e político será o protagonista do Día das Letras Galegas do ano 2009.

Segundo a Academia Galega, as virtudes de Piñeiro (Láncara, 1915-Santiago, 1990) para esta homenaxe residen na «entrega total e desinteresada a Galicia», terse convertido «nunha referencia moral indiscutible e necesaria para as novas xeracións e na contribución a que o galego se convertese en lingua culta». Tamén salientan dende a RAG o activismo cultural desenvolvido polo autor e a participación nalgunhas das institucións máis coñecidas da cultura do país, desde Galaxia ao Consello da Cultura Galega. Ramón Piñeiro tamén formou parte da RAG desde 1967.

Aínda que a Real Academia Galega destaca o perfil cultural de Ramón Piñeiro como protagonista das Letras Galegas para o ano vindeiro, a súa actividade política, o seu ascendente sobre unha parte do galeguismo e a súa participación directa na vida política galega durante a transición e os primeiros anos da autonomía
marcaron unha biografía que levanta controversias e que servirá para os debates durante o próximo ano.

A biografía de Ramón Piñeiro está directamente ligada a Galaxia, editorial da que foi membro fundador e a unha grande parte das súas actividades, entre elas a revista Grial . A editora, que foi este venres significada coa Medalla de Ouro de Galicia, foi unha das institucións centrais na estratexia de recuperación da cultura galega durante a ditadura franquista. O seu actual director xeral, Víctor Freixanes, asegurou onte que Piñeiro foi «unha figura esencial da cultura do país e o adicarlle o Día das Letras Galegas servirá para revisar a súa obra e tamén para animar os debates arredor da súa figura».

Para o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, «un dos detalles singulares desta designación é que por primeira vez alguén que foi presidente do Consello é o homenaxeado nas Letras Galegas, así que institucionalmente xa sería importante para nós». Villares coincide con Freixanes en que a figura de Piñeiro abrirá debates e sinala que «unha vez que pasou o tempo, que a xente xa non está no fragor da batalla daqueles anos, quizais agora poidamos repensar a súa obra e a súa actividade e chegar a conclusións».

Tamén coinciden ambos académicos en que a elección de Ramón Piñeiro ten máis que ver co seu carácter de «activista cultural e coa súa influencia» que coa súa produción como escritor en termos convencionais. Aínda que sinalan que o Día das Letras servirá para dar a coñecer «unha obra ensaística que merece ser tida en conta e que quizais quedou en segundo plano fronte á súa figura política», segundo explicou Villares.

Alfredo Conde, que coincidiu con Piñeiro no primeiro Parlamento de Galicia como deputados independentes integrados no PSdG-PSOE asegura que «eu son dos que me alegro con esta designación».

Para o escritor, a celebración das Letras Galegas con Piñeiro como protagonista «non será a primeira que levante polémica, pero eu creo que o debate é mellor que a aquiescencia».
Conde asegura que hai «moito do que falar sobre Piñeiro» e considera que é un momento bo para facelo.

Conde quere facer tamén unha valoración política dese protagonismo que terá Piñeiro case desde xa e ao longo do ano vindeiro. Para a autor de María das Batallas «se a designación de Piñeiro serve para debater sobre o galeguismo, entón moito máis benvida sexa».

Tamén considera o escritor que «se serve para reabrir un camiño galeguista utilizado uns anos e que logo se estreitou polo abandono, entón esta decisión sería, ao meu modo de ver, máis importante aínda».
Nota: La Voz


El Progreso (de Lugo)

Etiquetas: Láncara, Día das Letras Galegas, Ramón Piñeiro

El Progreso (Lugo).

O plenario da Real Academia Galega, reunido este sábado en sesión ordinaria, acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2009 a Ramón Piñeiro López (Láncara, 1915-Santiago, 1990).

Ramón Piñeiro naceu en Láncara (Lugo) o 31 de maio de 1915 e morreu en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990. Segundo sinala a RAG, "a dedicación, total e desinteresada, da súa vida na defensa de Galicia e da súa cultura debe ser unha referencia moral indiscutible e necesaria cara ás novas xeracións".

Os seus traballos sobre pensamento e filosofía, maiormente os dedicados á saudade, así como as súas traducións en colaboración con Celestino Fernández de la Vega das obras de Pokorny e Heidegger, supuxeron no seu momento un paso decisivo na normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber, superando a súa cualificación como lingua "rural e poética" na que a tiñan encadrada moitos intelectuais españois da posguerra.

O seu labor ensaístico recollido parcialmente nos libros Olladas no futuro, Galicia, a linguaxe e as linguas, e Lembrando a Castelao reflicten os eixes fundamentais do seu pensamento, que salientan a necesidade da reafirmación cultural de Galicia como camiño fundamental para a súa realización como pobo.

O seu labor como promotor da normalización da lingua galega nos anos difíciles da posguerra fica recollido en numeroso artigos e actividades, de entre as que se poderían citar feitos tan sinalados como o da publicación do Diccionario Enciclopédico de Don Eladio González (1958-1961).

Como director literario da Editorial Galaxia, á que se incorporou desde os seus primeiros tempos, contribuíu á publicación de numerosos libros en galego, enchendo este baleiro, coma ningunha outra institución, nos anos anteriores a Transición.

O labor de animación cultural galeguista que tamén desenvolveu Galaxia, a iniciativa de Piñeiro, deu lugar a actividades tan singulares como a colección Grial e posteriormente a Revista Galega de Cultura do mesmo nome, na que se recolle a maioría do traballo ensaístico galego da posguerra. En 1967 foi elixido membro numerario da Real Academia Galega. O seu discurso levou por título A linguaxe e as linguas.

Consonte a súa defensa da nosa cultura, participou na creación do Consello da Cultura Galega no ano 1983, do que foi o seu primeiro presidente ata o seu pasamento en 1990. E non cabe ignorar o seu intenso influxo na normalización política do galego, facendo a nosa lingua patrimonio común por enriba das opcións de partido.

Finalmente e, non menos importante, foi o seu labor socrático, exemplarizado nas conversas na súa "mesa camilla", na súa intensa e xenerosa correspondencia epistolar dentro e fóra de Galicia, moi en concreto en relación coa xuventude, tanto nos escuros tempos inmediatos á posguerra como, posteriormente, con toda persoa que tivese Galicia como referente das súas actividades ou ideais.

Presenza en Láncara
Aínda que rematou a súa vida en Santiago, o seu concello natal, Láncara, ten moi presente a Ramón Piñeiro, que dá nome ao colexio da vila.

Ademais, Ramón Piñeiro é o nome elixido polas asociacións culturais da comarca de Sarria para os premios Facer País, que se entregan cada ano.

05/07/2008

 

 

 


REFERENCIAS NA PRENSA DIXITAL:

Artigo do farodevigo.es:
"O estudoso da saudade"

Artigo de Marcos Valcárcel no diario La región:
Ramón Piñeiro a debate

Artigo de Lavozdegalicia.es:
Ramón Piñeiro...

Artigo de Paola Obelleiro en Elpais.com: La academia dedica...

El Correo Gallego.es

El Progreso

 

 

LIBRERÍA CENTRAL LIBRERA

Calle Dolores 2

15402 Ferrol

centrallibrera@telefonica.net

http://www.centrallibrera.com

Teléfono [34] 981 35 27 19