Ricardo Carvalho Calero Ricardo Carballo Calero Biografía Escritor Ferrolán Día das Letras Galegas 2009

 

Librería Central Librera

Calle Dolores 2

15402 Ferrol

centrallibrera@telefonica.net

http://www.centrallibrera.com

Teléfono [34] 981 35 27 19        

 

Día das Letras Galegas para Ricardo Carvalho Calero Xa

Apoio campanha: "Carvalho Calero. Letras Galegas 2009"

Podes baixar o audio desde AQUÍ

 

Na Wikipedia Biografía de Ricardo Carballo Calero autor ferrolán Autor Ferrolano

Ricardo Carvalho Calero

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ir a: navegación, procura

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 30 de outubro de 1910 - Compostela, 25 de marzo de 1990) foi un filólogo e escritor galego, o primeiro Catedrático de Língua e literatura Galegas, considerado o gran pensador do reintegracionismo.

Índice

[agochar]

[editar] Biografía

Tras cursar os seus primeiros estudos no Colexio Comellas, tendo coma titor ó escritor Manuel Comellas[1], cursa por libre o bacharelato e transládase a Compostela en 1926 para estudar Dereito e Filosofía e Letras e cumprir co servizo militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da altura, nomeadamente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un momento de intensa militancia política de Carvalho, integrado no movimento nacionalista e tomando parte no activismo estudiantil na Federación Universitaria Escolar, da que chega a ser presidente. En 1931 participou na creación do Partido Galeguista e contribúe ao Anteproxecto de Estatuto de Galiza. En 1933 a 1936 volta a Ferrol e gaña a praza de auxiliar administrativo no Concello da cidade, e casa con María Ignacia Ramos, licenciada en historia e compañeira de estudos universitarios.

Nestes anos Carvalho Calero contribuíu con numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en español e despois en galego.

Estudou por libre a carreira de Filosofía e Letras, licenciándose en 1936 pola Universidade de Santiago de Compostela, participando ao mesmo tempo activamente no movemento galeguista tanto a nivel local como nacional, sendo nomeado presidente do partido en Ferrol.

O Alzamento Nacional sorprendeuno en Madrid no momento en que concorría ás probas para profesor de instituto en Lingua e Literatura Española. Carvalho posicionouse co bando republicano, entrando en combate como miliciano no batallón Félix Bárzana da FETE-UGT, o sindicato no que Calero militaba, co grao de tenente e participou na defensa de Madrid. Unha vez terminado o conflito, foi condenado en consello de guerra a 12 anos por separatista e recluído no cárcere de Xaén. En 1941 saíu en liberdade provisional e regresou á súa cidade natal. Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), no que exerceu como "conselleiro delegado", pois non estaba autorizado para ser director.

Restableceu os contactos cos galeguistas que ficaran no país, moi especialmente con Francisco Fernández del Riego, con quen mantivera correspondencia desde o cárcere. Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu nestes anos un importantísimo traballo investigador —iniciado coa súa tese de doutoramento, "Aportaciones a la literatura gallega contemporánea" (1955, premio extraordinario) — que tivo como fruto máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega a partir de 1958. En 1965 autorizóuselle a exercer o ensino público como agregado de instituto no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago, ao tempo que comeza a impartir aulas de galego na universidade. Por fin, en 1972 obtivo por oposición a recén creada cátedra de Lingüística e Literatura Galega. Os estudos de Carvalho atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do Primeiro Rexurdimento e os traballos do profesor Rodrigues Lapa, Carvalho Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terían continuidade no movimento reintegracionista, feito que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida. Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos. Xubilouse en 1980 mais mantivo a súa actividade creadora e seguiu colaborando con diversas asociacións. En 1987 obtivo o Premio da Crítica de narrativa galega pola súa novela Scórpio.

[editar] Obra

[editar] Poesía

Colectáneas:

[editar] Teatro

[editar] Narrativa

[editar] Ensaio

[editar] Véxase tamén

[editar] Referencias

1.  http://www.agal-gz.org/modules.php?name=Sections&op=viewarticle&artid=5

Traído desde "http://gl.wikipedia.org/wiki/Ricardo_Carvalho_Calero"

Categorías: Personalidades da lingüística galega | Escritores en lingua galega | Escritores de Galicia

 

 

http://gl.wikipedia.org/wiki/Ricardo_Carvalho_Calero

 

A posi bilidade de rectificar a historia: VER VIDEO

 

 

 

 

Ricardo Carvalho Calero

(1910 - 1990)

 

 

Obras

Biografía

 

     Ricardo Carvalho Calero naceu o ano 1910 en Ferrol, onde comezou a publicar os seus primeiros versos. Tras cursar por libre o Bacharelato, transladouse a Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras e cumprir co servicio militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da altura, nomeadamente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un momento de intensa militancia política de Carvalho, integrado no movimento nacionalista e tomando parte no activismo estudiantil. Até 1932, en que gañou unha praza de funcionario municipal na vila natal, Carvalho Calero enviou numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en español e despois en galego.
     O golpe militar sorprendeuno en Madrid e Carvalho posicionouse no bando constitucional, entrando en combate como miliciano. Unha vez terminado o conflito, foi condenado por separatista e recluído no cárcere de Xaén. En 1941 o escritor regresou á súa cidade con liberdade condicional. Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), restablecendo os contactos cos galeguistas que ficaran no país. Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu nestes anos un importantísimo traballo investigador —iniciado coa súa tese de doutoramento, "Aportaciones a la literatura gallega contemporánea"— que tivo como fruto máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea. Dous anos máis tarde gañou un posto de agregado no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago. Por fin, en 1972 foi nomeado titular da cátedra de Lingüística e Literatura Galega. Os estudos de Carvalho atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do Primeiro Renacemento e os traballos do profesor Rodrigues Lapa, Carvalho Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terán continuidade no movimento reintegracionista, feito que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida.
Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos.
     
Ademais da súa extensísima obra ensaística, cultivou a poesía (Vieiros, 1931; Poemas pendurados dun cabelo, 1952; Pretérito Imperfeito, 1980; Cantigas de amigo e outros poemas, 1986; Reticências, 1990...), o teatro (Catro pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro, 1971; Teatro Completo, 1982) e a narrativa (Xente da Barreira, 1950; Scórpio, 1987).
     Membro da Real Academia Galega desde 1958, faleceu en Compostela no ano 1990.

 

 

 

 

 

 

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RicCarba&alias=Ricardo+Carvalho+Calero

 

 

Ricardo Carvalho Calero

De Wikipedia, la enciclopedia libre

Saltar a navegación, búsqueda

Ricardo Carvallo Calero, también Ricardo Carvalho Calero (Ferrol (La Coruña) 30 de octubre, 1910 - Santiago 25 de marzo, 1990), maestro de varias generaciones, licenciado en Derecho y en Filosofía y Letras por la Universidad de Santiago y Doctor por la de Madrid. Miembro numerario de la Real Academia Galega, fue el primer catedrático de Lingüística y Literatura Gallega de la Universidad de Santiago. Está considerado el gran pensador del reintegracionismo.

Tabla de contenidos

[ocultar]

[editar] Vida

Tras cursar el Bachillerato en Ferrol, se trasladó a Santiago de Compostela en 1926 para estudiar Derecho y Filosofía y Letras y cumplir con el servicio militar. Ahí entró en contacto con el galleguismo y con los movimientos culturales de la época, especialmente con el Seminario de Estudos Galegos. Fue éste un momento de intensa militancia política de Carvalho, integrado en el movimiento nacionalista y tomando parte en el activismo estudiantil en la Federación Universitaria Escolar, de la que llega a ser presidente. En 1931 participó en la creación del Partido Galeguista y contribuyó al anteproyecto de Estatuto de Galicia. De 1933 a 1936 vuelve a Ferrol y gana la plaza de auxiliar administrativo en el ayuntamiento de la ciudad, y se casa con María Ignacia Ramos, licenciada en historia y compañera de estudios universitarios.

En estos años contribuyó con numerosas colaboraciones a las más destacadas revistas literarias (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color) e inició la publicación de sus libros poéticos, primero en castellano y después en gallego.

Estudió por libre la carrera de Filosofía y Letras, licenciándose en 1936 por la Universidad de Santiago de Compostela, participando al mismo tiempo activamente en el movimiento galleguista tanto a nivel local como nacional, siendo nombrado presidente del partido en Ferrol.

La sublevación del 18 de julio de 1936 le sorprendió en Madrid en el momento en que concurría a las pruebas para profesor de instituto en Lengua y Literatura Española. Carvalho se mantuvo fiel a la República, en el batallón Félix Bárzana da FETE-UGT, el sindicato en el que Calero militaba, con el grado de teniente y participó en la defensa de Madrid. Una vez terminado el conflicto, fue condenado en consejo de guerra a 12 años por separatista y recluido en la cárcel de Jaén. En 1941 salió en libertad provisional y regresó a su ciudad natal. Imposibilitado para ejercer la función pública, se refugió en la educación privada (entre 1950 y 1965 en el Colegio Fingoi de Lugo), en el que ejerció como consejero delegado, pues no estaba autorizado para ser director.

Restableció los contactos con los galleguistas que se habían quedado en el país, muy especialmente con Francisco Fernández del Riego, con quien había mantenido correspondencia desde la cárcel. Paralelamente a su labor docente, desarrolló en estos años un importantísimo trabajo investigador —iniciado con su tesis de doctoramiento, Aportaciones a la literatura gallega contemporánea (1955, premio extraordinario) — que tuvo como fruto más valioso la publicación en 1963 de la Historia da literatura galega contemporánea. Fue miembro de la Real Academia Galega a partir de 1958. En 1965 se le autorizó a ejercer la educación pública como agregado de instituto en el Liceo Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, al mismo tiempo que comienza a impartir aulas de gallego en la universidad. Por fin, en 1972 accedió por oposición a la recién creada cátedra de Lingüística y Literatura Gallega. Los estudios de Carvalho atañeron igualmente a la lengua. Recogiendo la herencia de los autores del primer Rexurdimento y los trabajos del profesor Rodrigues Lapa, Carvalho Calero, preocupado por la coherencia histórico-lingüística del gallego a pesar de la férrea oposición que encontró en el camino, se mostró defensor de las tesis etimologistas que tendrían continuidad en el movimiento reintegracionista, hecho que le costaría ser marginado en los últimos años de su vida. Así mismo, desarrollaría una amplia labor como editor de los clásicos. Se jubiló en 1980 pero mantuvo su actividad creadora y siguió colaborando con diversas asociaciones. En 1987 obtuvo el Premio de la Crítica de narrativa gallega por su obra Scórpio.

En la actualidad una calle, un instituto de enseñanza secundaria, un centro cultural y un prestigioso certamen de narrativa y de investigación lingüística-literaria recuerdan su nombre en Ferrol.

[editar] Obra

[editar] Poesía

·  Trinitarias, 1928 (en castellano)

·  Vieiros, 1931

·  La soledad confusa, 1932

·  O silencio axionllado, 1934

·  Anxo da terra, 1950

·  Poemas pendurados dun cabelo 1952

·  Calteiro de Fingoi, 1961

Colectáneas:

·  Pretérito Imperfeito, 1980

·  Futuro condicional, 1982

·  Cantigas de amigo e outros poemas, 1986

·  Reticências, 1990

[editar] Teatro

·  Catro pezas (contiene: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro), 1971

·  Teatro Completo, 1982

[editar] Narrativa

·  Xente da Barreira, 1950

·  Scórpio, 1987

[editar] Ensayo

·  História da Literatura Galega Contemporánea, 1963 (reediciones en 1975 y 1976)

·  Sete poemas galegos, 1955

·  Versos iñorados e ou esquecidos de Eduardo Pondal, 1961

·  Gramática elemental del gallego común, 1966

·  Brevario antológico de la literatura gallega contemporánea, 1966

·  Edición de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, 1969

·  Libros e autores galegos: dos trovadores a Valle Inclán, 1970

·  Sobre lingua e literatura galega, 1971

·  Particularidades morfológicas del lenguaje de Rosalía de Castro, 1972

·  Poesías de Rosalía de Castro, con L.Fontoira Surís, 1972