Xosé María Álvarez Blazquez Xosé María Álvarez Blazquez Xosé María Álvarez Blazquez Jose Maria Alvarez Blazez Xose Maria Alvarez Blazquez

Día das Letras Galegas 2008 Dia de las Letras Gallegas 2008

Libraría Central Libreira

Rúa Dolores 2

15402 Ferrol

centrallibrera@telefonica.net

http://www.centrallibrera.com

Teléfono / Fax  [34] 981 35 27 19

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Xosé María Álvarez Blázquez

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2008

 

Xosé María Álvarez Blázquez - Wikipedia        en galego   

 

Xosé María Álvarez Blázquez - Wikipedia, la enciclopedia libre     en castellano

 

VER VIDEO: ROMANCE DO PESCADOR PELERIÑO, Poema de Xosé María Álvarez Blázquez

 

 

MARTÍN CODAX, CANTOR DO MAR DE VIGO, obra de Xosé María Álvarez Blázquez

 

 

Poesía Galega completa e textos en prosa, de Emilio Álvarez Blázquez

 

Cuadro de texto: Poesía galega completa
Xosé María Álvarez Blázquez
Limiar e edición de Xavier Rodríguez Baixeras
16.50 €    
ENVIAR CORREO ELECTRÓNICO e-mail
XERAIS CLÁSICOS (1333108)
392 páxinas
ISBN: 978-84-9782-687-7
P.V.P: 16,50 euros
NOVIDADES XANEIRO 2008
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


«poesía galega completa» de xosé maría álvarez blázquez

a obra fulcral na celebración do día das letras galegas 2008

Este libro recolle toda a obra poética en galego de Xosé María Álvarez Blázquez, tanto os seus cinco poemarios, “Poemas de ti e de min” (1949), “Roseira do teu mencer” (1950), “Romance do pescador peleriño” (1954), “Cancioneiro de Monfero” (1953) e “Canle segredo” (1976), como os numerosos poemas inéditos que saen a luz por vez primeira nesta edición preparada por Xavier Rodríguez baixeras. A obra fulcral na celebración do Día das Letras Galegas 2008.

 

Poesía galega completa recolle toda a obra poética en galego de Xosé Mª Álvarez Blázquez, tanto os seus cinco poemarios, Poemas de ti e de min (1949), escrito co seu irmán Emilio; Roseira do teu mencer (1950, Xerais 1992, 2008), Romance do pescador peleriño (1954); Cancioneiro de Monfero (s. XIII) (1953), e Canle segredo (1954), como poemas inéditos da edición anterior de Xerais de 1987 e outros moitos que até o de agora nunca saíron á luz, nunha coidadosa edición preparada por Xavier Rodríguez Baixeras. Membro da xeración de 1936, truncada pola guerra civil, a fonte máis auténtica e profunda da lírica de Álvarez Blázquez é a poesía popular. Aínda que, como di Baixeras no estudo introdutorio,  «o primeiro que cabe destacar da súa poesía é a diversidade, pois toda ela obedece a dúas actitudes moi diferentes; por unha banda, a adhesión a unha liña neopopular e de tradición imaxinista, e, por outra, á dunha expresión intimista e, finalmente, social». Trátase dunha voz que non se limita a acomodarse nun mesmo tipo de poema, senón que procura sempre unha maneira nova.

 

Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 – Vigo, 1985) é o editor, escritor e animador cultural  homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008. A súa obra abrangue a poesía, a novela e o teatro; investigou a literatura galega, o folclore, a arqueoloxía e a historia. Fillo de Darío Álvarez Limeses, militou na Federación de Mocidades Galeguistas e no Partido Galeguista. Membro da Real Academia Galega e Cronista Oficial da cidade de Vigo, cofundou a editorial Monterrey en 1950, que refundou en 1964 como Edicións Castrelos. Os seus poemarios máis destacados son Poemas de ti e de min (1949), escrito co seu irmán Emilio; Roseira do teu mencer (1950, Xerais 1992, 2008), Romance do pescador peleriño (1954); Cancioneiro de Monfero (s. XIII) (1953), e Canle segredo (1954), un libro máis intimista. Xerais xa publicara a súa poesía galega completa en 1987, reeditándoa e ampliándoa, en edición de Xabier R. Baixeras, en 2008, con motivo da homenaxe nacional do 17 de maio. Como ensaísta é autor de diversos estudos de literatura como Escolma de poesía medieval (1975) e Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX (1959) ou Martín Códax. Cantor do mar de Vigo (Xerais 1998). No ámbito da narrativa cabe citar Os ruíns (1936) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971); e como autor teatral publicou O zapato do cristal, que foi escenificado en Vigo o 2 de xaneiro de 1947, ou Os pazos altivos, unha comedia en tres actos en verso. Xerais publicará na primavera de 2008 A cidade e os días. Calendario histórico de Vigo (1959), a súa monumental obra sobre a historia viguesa.

 

 

Libros más vendidos en Galicia Libros máis vendidos en Galego ou de Galiza en Galego           

1. Roseira do teu mencer  Añadir al carrito de la compra                             Xosé María Álvarez Blázquez            Xerais

2 Galicia 360   información  más otro Añadir al carrito de la compra            Ricardo Cambón Rama          uno      Teofilo Ed.

3. Poesía Galega Completa   Añadir al carrito de la compra                         Xosé María Álvarez Blázquez            Xerais

4. A pega rabilonga      / Os ruíns        Añadir al carrito de la compra          Xosé María Álvarez Blázquez            Galaxia

5. Vigo por Magar III                                                             Magar                                                Xerais

6. Canle segredo          Añadir al carrito de la compra                                  Xosé María Álvarez Blázquez            Galaxia

 

7. O señor Lugrís e a negra sombra                                         Luis Rei Nuñéz                                   Xerais

8. O pentafol  Añadir al carrito de la compra 50 €                                       Alberte Sanmartín Montaña              Inquedanzas

9. As palabras da néboa                                                         Francisco Castro                               Galaxia

10 Ollos de auga                                                                    Domingo Villar                                  Galaxia

11 Maravillas de Galicia / Wonders of Galicia                         José Lourido / Demarteau                 Lourido

12 Made in Galiza                                                                  Sechu Sende                                       Galaxia

13 O misterio dos fillos de lúa                                                 Fina Casalderrey                               SM

14 Éxodo                                                                               Daniel Salgado                                  Xerais

15 Home sen nome  Ler unhas páxinas                         Suso de Toro                                  Xerais

16 Cardume                                                                           Rexina Veiga                                      Xerais

17 Galegos da Habana                                                           Angela Oramas Camero                    Sotelo Blanco

18 Harry Potter e as reliquias da morte                                   J. K. Rowling              Brasil >>        Galaxia

19 O neno do co pixama de raias                                            John Boyle                                         Factoría K

20 Palabras contadas     proxecto-edición                               Camilo Franco                                  Xerais

21 Guerra civil e represión en Ferrol e comarca                       Xosé Manuel Suárez                          C. de Ferrol   Ler gratis

 

Os 10 libros galegos para ler antes dos 18 anos

VER VIDEO: ROMANCE DO PESCADOR PELERIÑO, Poema de Xosé María Álvarez Blázquez

 

 

MARTÍN CODAX, CANTOR DO MAR DE VIGO, obra de Xosé María Álvarez Blázquez

 

 

Poesía Galega completa e textos en prosa, de Emilio Álvarez Blázquez

 

 

O MERLO POETA, de Xosé María Álvarez Blázquez: VER VIDEO

 

real academia galega

O Día das Letras Galegas 2008 está dedicado ó escritor tudense Álvarez Blázquez en El Correo Gallego

O escritor tudense, exemplo perfecto do que se chama, hoxe ás veces, un bo polígrafo ·· A institución nomeou tamén académico de honra o británico John Rutterford pola súa vinculación coa nosa terra

DELEGACIÓN • A CORUÑA

O escritor e poeta tudense Xosé María Álvarez Blázquez FOTO: Gallego

O escritor e poeta tudense Xosé María Álvarez Blázquez
FOTO: Gallego

O Plenario da Real Academia Galega, reunido onte en sesión ordinaria, acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2008 ao egrexio tudense Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 - Vigo, 1985). Así mesmo, nomeouse Académico de Honra da Real Academia Galega a John Rutherford (Saint Albans, Inglaterra, 1941).

Xosé María Álvarez Blázquez publicou en vida tres libros de versos: Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950) e Canle segredo (1976).

Se Poemas de ti e de min paga un belo tributo ao popularismo, ao imaxinismo e ao neotrobadorismo, Roseira do teu mencer, constitúese como un libro profundamente conmovedor, pois ninguén ten cantado tan altamente na nosa lingua a emoción da paternidade.

En canto a Canle segredo, é un libro grave, sabio e fondo do que Ferrín dixo que se se publicara no tempo en que foi escrito tería sido o sinal dun cambio de rumbo da poesía galega.

Extrema brevidade

A obra narrativa en galego de Xosé María Álvarez Blázquez é de menor importancia, non por calidade, senón pola súa extrema brevidade. Perdidos os Relatos d"Os ruíns, que ía publicar Ánxel Casal no ano 1936, os cinco contos de A pega rabilonga, de feitío moi clásico, son practicamente -e lamentablemente- a súa totalidade.

Xosé María Álvarez Blázquez foi o exemplo perfecto do que antes se chamaba, e aínda se chama ás veces, un polígrafo. A historia xeral e local, a arqueoloxía, a literatura, foron só algunhas das erudicións que cultivou.

Erudito non aséptico, senón patriota, Xosé María Álvarez Blázquez -que ingresou na Real Academia Galega cun discurso sobre Cantares e romances vellos prosificados- realizou importantes achegas en materia de literatura popular e ilustrada, así como de arqueoloxía, de historia, de etnografía, e pronunciou innumerables conferencias e discursos, entre os cales cómpre salientar o primeiro do que hai noticias, pronunciado en Tui no ano 1934 e publicado pola Federación de Mocidades Galeguistas: Berro en lembranza dos herois de Carral.

Este mesmo espírito militante sería o do seu derradeiro libro impreso en vida, libro aínda máis doloroso por tratar de quen fora o seu xefe político, amigo persoal e mesmo curmán por matrimonio: Alexandro Bóveda. Apunte biográfico (1983).

Afecto por Galicia

O doutor John Rutterford é profesor titular da Facultade de Español, Fellow do Queen"s College, e Director do Centre for Galician Studies de Oxford. Dentro da Hispanística o labor académico de Rutherford é recoñecido polos seus traballos sobre a literatura mexicana da época da Revolución; pero é recoñecido principalmente polas súas traducións de obras emblemáticas, entre elas La Regenta (Penguin Classics 1984), única tradución ó inglés; e Don Quixote (Penguin Classics 2000).

Pero non é isto o que xustifica o nomeamento como Académico de Honra senón a súa vinculación, os seus traballos e as súas actividades referidos a nosa comunidade autónoma.

Desde a desaparición do hispanista Aubrey FitzGerald ­Bell (1881-1950), autor da Spanish Galicia (1922) foron moi poucos os hispanistas británicos que prestaron atención a Galicia e á súa cultura ata os anos 60.

Apareceu despois desa data un grupo deles que volveu poñer Galicia no seu foco, algún por curiosidade intelectual, outros por razóns intelectuais e afectivas; este é o caso do doutor John Rutherford. Seguramente porque nel se mesturan dos dous intereses é polo que podemos consideralo na actualidade o representante máis destacado do hispanismo británico en relación coa nosa terra.

UN PAPEL BEN COÑECIDO

Prolífico labor de editor

É ben coñecido o papel de Xosé María Álvarez Blázquez como editor, aínda que non está de máis recordar a súa dedicación a este mester no que contou sempre con xente á que contribuíu a promocionar e da que deixou rico testemuño.

En 1950 fundou, con Luís Viñas Cortegoso, a Editorial Monterrey, que conta co mérito histórico de amparar o nacemento da chamada Nova Narrativa Galega publicando os libros fundacionais de Rodríguez Mourullo.

Pero aínda máis importante foi a segunda xeira, iniciada en 1967, das Edicións Castrelos, obra persoal exclusivamente súa. As Edicións Castrelos débeselles o fenómeno da Colección O Moucho, libros do pobo pra o pobo; pero tamén a popularización da obra de Rosalía e de Curros, e máis aínda da do propio Pondal, que estaba reducida a moi pequenas minorías e que se vendeu por milleiros de exemplares na Colección Pombal. E tampouco non se esquecían os contemporáneos: Celso Emilio Ferreiro, Xosé Neira Vilas, Méndez Ferrín, Xohana Torres ou Manuel María .

 

 

 

 

O Día das Letras estará dedicado a Álvarez Blázquez na Voz de Gali  cia Enviar noticia


Texto de la noticia: Saltar a destacados


Firma: Camilo Franco  | Lugar: redacción)

Poeta, editor e galeguista, non necesariamente nesta orde, Xosé María Álvarez Blázquez foi designado pola Real Academia Galega como o autor a homenaxear durante o 2008 arredor da celebración do Día das Letras Galegas.

Nacido en Tui en 1915 e falecido no ano 85, o escritor vencellouse moi novo ás mocidades galeguistas e foi autor dunha obra máis extensa que publicada e preocupada, segundo a Academia, por encontrar para a poesía galega un espazo popular e de ampla difusión.

Álvarez Blázquez foi tamén fundador da primeira editora en lingua galega en 1950, Monterrey, que se había refundar no ano 67 co nome de Castrelos e dar o primeiro best-seller da literatura galega, O catecismo do labrego, de Valentín Lamas Carvajal, que abría a colección O Moucho cun carácter popular como libros que eran «do pobo e para o pobo».

Para o seu fillo e biógrafo, Alfonso Álvarez Cáccamo, «esta foi unha noticia fantástica que permitirá dar a coñecer a obra» do seu pai.

Para o escritor, unha das tarefas fundamentais arredor do Día das Letras dedicado ao seu pai é a de «editar a obra descoñecida, que é moita, para que poida ser entendido en conxunto cal foi o seu traballo literario».

Álvarez Cáccamo considera necesario recuperar a obra dispersa porque seu pai «publicou moito en separatas, estudos, ensaios, textos, cousas que quedaron dispersas pero que dan idea dos intereses literarios e culturais que tiña». No mesmo sentido, cre que é necesario dar a coñecer o traballo editorial desenvolvido por Álvarez Blázquez.

Cáccamo sinala que foi a «primeira editora en galego tras a Guerra Civil» e comenta que «era un traballo de botarlle horas no despacho». «Lémbroo corrixindo galeradas a man e facendo artes
analmente todos eses labores que agora se consideran industriais», di.

Álvarez Cáccamo considera que hai «moito traballo por facer,» pero tamén sinala que «é a primeira vez que un autor das Letras ten tres fillos escritores (Xosé María, Celso e o propio Alfonso), así que poderemos facer moitas cousas».


La Voz de Galicia, enlaces destacados de CULTURA Y TV: Saltar


Publicidad

 

ESCOLMA DE FAMILIA. CEN ANOS DE POESÍA.

Emilio Álvarez Giménez / Xerardo Álvarez Limeses / Xosé María Álvarez Blázquez / Emilio Álvarez Blázquez / Emilio Álvarez Negreira / Xosé María Álvarez Cáccamo / Alfonso Álvarez Cáccamo

Cando no ano 1857, Emílio Álvarez Giménez chegou a Pontevedra como profesor substituto de “Clásicos Latinos y Castellanos”, non puido sospeitar que, a partir do seu casamento en 1871 con Amalia Limeses Iglesias, había de instaurar unha longa e prolífica descendencia de escritores e, en xeral, de persoas comprometidas coa entidade e cultura de Galiza, producíndose un caso inusitado en calquera literatura: que poidamos comprobar, a través da sucesión dos compoñentes dunha mesma familia, a maior parte dos distintos cambios estéticos que se foron producindo ao longo dun século. Do prólogo de Xavier Rodríguez Baixeras.

O libro inclúe poemas dos arriba mencionados e Árbore Xenealoxica da Familia dos Alvarez. Prezo 12.95 € en Central Libreira.

 

 

ROSEIRA DO TEU MENCER. Autor: Xosé María Álvarez Blázquez. Ilustracións: Manolo Uhia. Prezo: 6,75 €

Hai muitos anos naceu en Vigo unha nena que non tiña nome. Os seus pais, ao vela colorada de alegría chamáronlle Colorín. Cando a nena tiña un ano o pai escribiu este libro para contar como chegara un día Colorín voando no vento e cun arrecendo de rosas por debaixo a porta. Por iso o libro chamouse Roseira do teu mencer. Merque o seu exemplar en Central Libreira da Rúa Dolores 2, en Ferrol.  Libro para nen@s de 7 anos en diante.

 

 

CULTURA GALEGA.ORG

 

RAB
O Día das Letras Galegas do 2008 será para José María Álvarez Blázquez

Foi escritor de poesía, novela e teatro; investigou a literatura galega do pasado, o folklore e a prehistoria e foi o cofundador da primeira editorial no noso idioma. Son algúns dos méritos polos que José María Álvarez Blázquez (1915-1985) acaba de pasar a engrosar a listaxe dos homenaxeados no Día das Letras Galegas. A Real Academia Galega decidiu que o 17 de maio do 2008 honre a súa figura.


Santiago. Redacción. 2 / 7 / 2007

Xohán Xesús González, Lois Pereiro, Fiz Vergara Vilariño, Eusebio Lorenzo Baleirón, Carvalho Calero, Ernesto Guerra da Cal ou Jenaro Marinhas del Valle eran algúns dos nomes que figuraban nas quinielas para o Día das Letras Galegas de 2008. Este sábado, os membros da Real Academia Galega decidiron que tal honra recaera en Xosé María Álvarez Blázquez, candidatura que apoiaba o concello no que naceu este polifacético galeguista hai case cen anos.

O Álvarez escritor
Premio Nadal de novela en 1945, premio “Historia” dos Xogos Florais de Vigo, premio de poesía do CEBA en 1954, premio de novela Pérez Galdós en 1955, premio de novela “López Cuevillas”… son algúns dos múltiples recoñecementos que José María Álvarez Blázque recibiu pola súa prolífica obra literaria que arrincou en Pontevedra en 1932 co poemario “Abril”. Despois chegarían obras como “Poesía do teu mencer” ou “Romance dos pescados peleriño”.
Poemarios que reivincaban un espazo popular e de ampla difusión que el tanto buscou para a lírica galega. E que resolveu con gran acerto que ata compositores como Rogelio Groba ou Freitas Braunio puxéronlle música ás súas letras. Pero non foi o único xénero que cultivou. Como autor teatral escribiu “O zapato do cristal”, que foi escenificado en Vigo o 2 de xaneiro de 1947, ou “Os pazos altivos”, unha comedia en tres actos en verso que foi estreada en Xixón o 11 de xuño de 1947. Como novelista deixou títulos como “Os ruíns”, “Una cabaña en el cielo” ou “ Apega rabilonga e outras historias de tesouros”.

O Blázquez comprometido
O seu compromiso con Galicia fic
a ben claro en todo o seu universo literario pero, non conforme con isto, en 1950 funda Edicións Monterrey, a primeira editora en lingua galega. Unha empresa que refunda en 1967 baixo o nome de “Castrelos” da que foi o seu director-xerente. Á fronte de Castrelos publica o primeiro best-seller da literatura galega “O catecismo do labrego” de Valentín Lamas Carbajal. Sería a obra que inaugurou a colección literaria “O moncho” coa lenda de “Libro de pobo para o pobo” que tivo moi boa acollida.

Entre as inquietudes de José María estaba a arqueoloxía, que se plasma en descubrimentos como a serie de lendas sepulcrais da época rom
ana en Vigo, das industrias paleolíticas do Baixo Miño e das Gándaras de Budiño, dos restos dunha instalación romana de obtención de aceite de diva en Teis (Pontevedra) dunha cisterna con pezas funerarias da época de bronce en Atrios, tamén en Ponteverda.

Completa o perfil deste polifacético galeguista a súa relación cos medios de comunicación. A BBC de Londres, Radio Vigo xunto con cabeceiras de Galicia, Portugal e América convertéronse en altofalantes asiduos das súas ideas, as mesmas que expuxo en numerosas conferencias tanto en España como no estranxeiro. Agora, a Real Academia Galega, da que foi membro numerario, acaba de determinar que o 2008 sexa o seu ano. No que se recuperará abondoso material que permanece inédito, pequenos anacos que servirán para completar o crebacabezas deste intelectual que ten unha obra tan ampla como dispersa.

 

Álvarez Blázquez será homenaxeado no Día das Letras

Poeta, escritor, editor, investigador e erudito de diversas materias, Xosé María Álvarez Blázquez foi finalmente escollido polo pleno da Academia Galega para protagonizar as Letras Galegas de 2008. Na mesma sesión ao hispanista John Rutherford concedéuselle o título de académico de honra.

Autor de tres poemarios en galego, unha pequena obra en prosa e diversos estudos de investigación na nosa lingua, en Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985) recoñece a Academia un intenso labor patriótico, “exemplo perfecto do que antes se chamaba, e aínda se chama ás veces, un polígrafo. A historia xeral e local, a arqueoloxía, a literatura, foron só algunhas das erudicións que cultivou”.

Xosé María Álvarez Blázquez pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. Hoxendía os seus fillos Alfonso, Celso e Xosé María Álvarez Cáccamo, manteñen esa mesma filia literaria.

Os tres poemarios publicados en galego polo autor a homenaxear son Poemas de ti e de min, un tributo ao popularismo, o imaxinismo e o neotrobadorismo, corrente na que o sitúan nos manuais literarios; Roseira do teu mencer, un emocionante canto á súa filla pequena e finalmente Canle segredo, que aínda que se publicou en 1972 foi escrito na década dos 50, época na que Álvarez Blázquez elaborou a súa obra poética galega pensada para agruparse nun libro. O seu fillo Xosé María publicou a obra completa en 1987, en Xerais, dando a coñecer poemas soltos escritos noutros tempos da súa vida.

A biografía de Álvarez Blázquez, militante do galeguismo desde 1934, está
marcada polo tráxico fusilamento do seu pai, o doutor Darío Álvarez Limeses en Tui, o 30 de outubro de 1936. Mestre de profesión, foi desterrado a Coreses (Zamora), tendo finalmente que deixar a carreira e regresar a Vigo, a cidade na que desenvolveu grande parte da súa vida, e onde era Cronista Oficial da cidade.

Membro da Academia Galega, preocupado por recuperar textos dos chamados ‘anos escuros’, o seu discurso de ingreso versou sobre esa época co título de Cantares e romances vellos prosificados. Por outra parte é coñecido o papel de Xosé María Álvarez Blázquez como editor. En 1950 fundou, con Luís Viñas Cortegoso, a Editorial Monterrey, que conta co mérito histórico de amparar o nacemento da chamada Nova Narrativa Galega publicando os libros fundacionais de Rodríguez Mourullo. Máis importante foi a segunda xeira, iniciada en 1967, das Edicións Castrelos, obra persoal exclusivamente súa. Ás Edicións Castrelos débeselles o fenómeno da Colección O Moucho, libros do pobo pra o pobo; pero tamén a popularización da obra de Rosalía e de Curros, e máis aínda da do propio Pondal, que estaba reducida a moi pequenas minorías e se vendeu por milleiros de exemplares na Colección Pombal. E tampouco non se esquecían os escritores contemporáneos de Celso Emilio Ferreiro a Xosé Neira Vilas, Méndez Ferrín, Xoh
ana Torres ou  Manuel María.

O Dr. John Rutheford, que recén recolleu o Premio trasalba foi elexido na mesma sesión da RAG como Académico de Honra. Profesor Titular da Facultade de Español, Fellow do Queen's College e Director do Centre for Galician Studies de Oxford, dentro da Hispanística o labor académico do Dr. Rutherford é recoñecido polos seus traballos sobre a literatura mexic
ana da época da Revolución; pero tamén polas súas traducións de obras emblemáticas da literatura española, entre elas La Regenta (Penguin Classics 1984), única tradución ao inglés; e Don Quixote (Penguin Classics 2000), que compite coa de Edith Crossman por ser a mellor tradución ao inglés moderno desta complexa novela. O que xustifica o nomeamento como Académico de Honra é a súa vinculación, os seus traballos e as súas actividades referidos a Galicia que continúan labores doutros hispanitstas como Aubrey Fitzgerald Bell (1881-1950), autor da Spanish Galicia (1922).

 

 

Agenda Galicia alt="Agenda Galicia" v:shapes="_x0000_i1035">
Tui solicita que o Dia das Letras Galegas” do vindeiro ano 2008 fose adicado á Xosé María Álvarez Blázquez.

 

 

 

Xosé María Álvarez  Blázquez. O concello de Tui

 

 

De Galicia Hoxe:

Sen suxestións dos concellos ou das asociacións e con débedas que, máis tarde ou máis cedo deberán cumprir –nomeadamente o caso de Ricardo Carvalho Calero, albacea da ortografía reintegracionista–, os académicos rexeitan dar favoritos. Porén, hai algúns nomes con grandes posibilidades de ser elixidos, en especial Xosé María Álvarez Blázquez, poeta, editor e investigador que padeceu a represión franquista e mantivo acesa a labarada da cultura galega durante as décadas escuras. Na quiniela, outro escritor que os anos engrandeceron até convertelo no pai das novas xeración poéticas: Lois Pereiro, morto prematuramente en 1996 e autor dunha das obras máis apaixonadas e ignoradas do século pasado.

Nota: Os de Ferrol preguntamos para cando será o Día das Letras Galegas para: Ricardo Carvalho Calero, ou para A Escola Diocesana ou para Xosé María Pérez Parallé?

 

 

 

 

 

Non e certo que os nenos teñan fame  Poema de Xose Maria Alvarez Blazquez ISE NENO DA RÚA

 

A correspondencia con Xoan Vidal Martínez   Máis

 

 

En Galicia Hoxe

 

As cantigas trobadorescas

 

 

OS ÁCIOS

Xosé María Álvarez Blázquez

En Canle Segredo (1954)

¿Cánto dera eu agora por un ácio
daqueles que collíamos a furto
das parras encostadas
nas roíñas de Dona Mariquita!

Ácios de uvas douradas, brancas, mouras,
ateigadas de zumes e lembranzas,
que unha man ...
(... continúa)

 

 

 

Click here to find out more!

 

 

Xa falamos (Manuel Bragado, en Faro de Vigo, 4 xuño)

 

"O maior problema do galego e vencer os prexuízos instalados ao seu redor". | MANUEL BRAGADO
Camilo Nogueira conta no seu libro de conversas que, a finais dos anos sesenta, cando era presidente da Asociación Cultural de Vigo, mandou imprimir dous mil autoadhesivos co lema "Falemos galego"; iniciativa idéntica á que en Ourense ideara anos antes o médico Carlos Guitián coa intención de que estes humildes cartaces fosen pegados nos vidros traseiros dos automóbiles para promover o uso da lingua nosa. O éxito popular daqueles adhesivos, impresos na Serigrafía Galega da rúa Romil, propiedade de Álvaro Álvarez Blázquez, foi tan importante que animou aos seus promotores a editar outros novos que, desta volta, dicían "Xa falamos" e "Galego na escola" e que eran distribuídos polas edicións Castrelos de
Xosé María Álvarez Blázquez. Aqueles adhesivos de mensaxe orgullosa e optimista constituíron un fito emblemático no proceso de promoción do uso cotián do galego nos ámbitos urbanos, nun tempo no que o galego non contaba con recoñecemento institucional nin era ensinado de forma ningunha no sistema educativo non universitario

 

 

 

EN MEGALITOS     MEGALITOS (megalítos en castelán)

2357

 

Alvarez Blazquez, José María

Carta a mis hijos. En torno a la historia de Vigo

Faro de Vigo

1962

Vigo

 

 

Namoradiñas do vento. Poema

 

Excavación Proxecto Toralla Álvarez Blázquez,

 

No Proxecto Meiga: Rede de Bibliotecas de Galicia

 

As mulleres e o mar, de Nordesía

 

Descarga en Logos

 

As uvas na solaina

 

Colineta. Gastronomía y literatura

 

Perseguiémos ós Blazquez áta a terceira xeneración

 

No seminario galego de etnografía

 

O goberno local promove a posible adicación do Día das Letras Galegas a Álvarez Blazquez

 

Obra na editorial Ir Indo

 

No Faro de Vigo

 

Na Deputación de Pontevedra

 

Os autores

 

 

 

En Vieiros

 

 

En Tintas Galegas outros membros da familia

 

Cando só era candidato  XOSE MARIA ALVAREZ BLAZQUEZ Xosé María Álvarez Blázquez

 

Estaba entre os favoritos

 

Vigo na Idade Media

 

MOAÑA  A PARROQUIA DE DOMAIO ENTRE A TRADICIÓN E HISTORIA NA BATALLA DE RANDE FONTES CONSULTADAS  

Alvarez Blázquez, Xosé Mª. "La ciudad y sus días". Biblioteca Penzol

 

EU LEO, TI LES, EL LE   Ver video

 

 

 

Libraría Central Libreira

Rúa Dolores 2

15402 Ferrol

centrallibrera@telefonica.net

http://www.centrallibrera.com

Teléfono / Fax  [34] 981 35 27 19

 

A Xunta de Goberno Local do Concello de Tui na súa xuntanza de onte mércores 27 de xuño, adoptou, entre outros, o acordo de dirixirse á Real Academia Galega solicitando que o “Dia das Letras Galegas” do vindeiro ano 2008 fose adicado á figura do esgrevio escritor tudense Xosé María Álvarez Blázquez.

Este acordo foi adoptado a proposta do Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez Pérez, tras coñecer por diversos medios de comunicación que unha das figuras ás que podería adicárselle a vindeira edición do "Día das Letras Galegas" é o tudense Xosé María Álvarez Blázquez. Con este apoio o Concello de Tui quere amosar o seu interese na recuperación e difusión desta personalidade que tanto traballou a prol da cultura de Galicia como creador literario, como historiador da nosa literatura, como investigador na prehistoria e historia de Galicia, como editor, como animador incansable da cultura do país.

Un persoeiro vencellado á cidade de Tui polo seu nacemento en 1915, porque nesta cidade iniciou os seus traballos de investigación na prehistoria, ou nesta cidade ocupaba unha praza de mestre no estoupido da Guerra Civil, que tan dramáticamente aféctoulle, ao fusilar ao seu pai, o médico Dario Álvarez Limases, e mesmo ser depurado como mestre e trasladado a un pobo de Zamora. Logo da su excedencia voluntaria, no ano 1942, comezou en Vigo unha intensa laboura cultural que ocupoulle toda a súa vida.

Para o Concello de Tui é unha honra que esta figura importante das nosas letras teña nacido nesta localidade, á quen adicoulle parte dos seus escritos e investigacións. De confirmarse esta designación, comenta o concelleiro de cultura tudense Moisés Rodríguez Pérez, sería unha honra para a nosa cidade e posibilitaria a recuperación para a memoria colectiva dos tudenses deste esgrevio persoeiro, ata agora escasamente recoñecido en Tui e mesmo en Galicia enteira.

 

DIA DAS LETRAS GALEGAS PARA RICARDO CARVALHO CALERO: XA!

 

 Libraría Central Libreira

Rúa Dolores 2

15402 Ferrol

centrallibrera@telefonica.net

http://www.centrallibrera.com

Teléfono / Fax  [34] 981 35 27 19