Librería Central Librera
calle Dolores 2
15402 Ferrol
centrallibrera@telefonica.net

http://www.centrallibrera.com

ORQUESTRAS POPULARES DAS MARIÑAS

COMPRAR ORQUESTRAS POPULARES DAS MARIÑAS

Diario de Ferrol 29 de Junio de 2006

LA CONTRAPORTADA:
A música lixeira que pegaba nas Mariñas

Aínda que hoxe non vivan o seu mellor momento ­as festas patronais xa non son o que eran­ a historia das orquestras populares de música lixeira ten contribuído á creación da banda sonora vital de varias xeracións de galegos, que en moitos casos tiñan a través delas o achegamento máis directo co mundo da música. Na actualidade, a forma, o éxito e a paixón que espertaban hai, por exemplo, trinta anos, mudaron radicalmente ate o punto de quedar en moitos casos como o último reducto dunha Galicia en branco e negro.

Precisamente o proceso inverso, é dicir, rescatar esas bandas e mais eses músicos para traelos á actualidade, é o que veñen de materializar nun libro o betanceiro Xulio Cuns e o padernés Xosé María Veiga, os autores dun volume que tenta dar un repaso a case un século de música lixeira nas Mariñas. Aínda que o groso do contido se centra na zona das Mariñas coruñesas, ao longo destas páxinas inclúense nomes e homes que naceron na comarca de Ferrol e que alcanzaron sona en festas e actos sociais de toda Galicia. Eis o caso, por exemplo, dos Patolos, Bellas Farto, Leira Beceiro, Bellas López, Iris, Lamas La Piña, Saratoga e mesmo a Mallorca das Pontes, sen esquecer aos máis recentes, Os Capris, Players ou Trébol, e a outros de antano, como os Agulleiros, de Monfero, representantes daquelas primeiras murgas. Todos, e máis, presentes nun libro que non fica na simple enumeración das orquestras, senón que constitúe un ambicioso traballo sobre a evolución de grupos e persoas que coa súa música axudaron a facer máis agradable a vida de tanta xente.

REPORTAXE DE J.G.

Imaxe promocional de Los Players, orquestra emblemática de Ferrol.