O OLLO PÚBLICO    
SEGUNDA ETAPA Nº 11   XUÑO-SETEMBRO 2005

REVISTA DAS ARTES     PREZO: 3 €  en:

 

Libraría Central Libreira

Rúa Dolores 2     Ferrol    Teléfono 981 35 27 19     Fax 981 35 27 19.

centrallibrera@telefonica.net

 

 

FAGAMOS UNHA ESCAPADA

SALZBURGO-GALICIA

 

O primeiro foi o mar; o seu cheiro nas mareas altas… As casiñas baixas, de pedra; casiñas humildes de mariñeiros e as ondas, que lles chegab an case ata as portas. Salzburgo…!  o meu, a cidade dos edificios modernistas… a dos grandes hoteis: o Universal , o Continental, e un pouquiño más arriba o Moderno, coa súa cúpula de escamas granates, coma un ovo de pascua. O Continental, con balcons, con fiestras grandes que daba ao mar, ás Cíes… O edificio Ferrer & Cia.:  elegante e señorial na súa sinxeleza, coa súa galería de madeira labrada e sen cristais e o balcón do primeiro andar, de ferro, tamén labrado e moi bonito. De bo porte, o edificio facíase aínda máis hermoso por aquel minarete terraza-vixiador, lugar íntimo para cear e ver as estrelas e estar , mentres a brisa nos nos brazos, e do mar e da Alameda veñen os olores, os cantos todos. Parece un pazo italiano no Renacemento, e o mesmo podo decir dos outros edificios que se atopan ao seu arredor: de pedra labrada, nun detallismo imposible e hermoso, de fiestras rectangulares, de galerías brancas… todos en harmonía. E na mesma rúa, mais na súa parte alta, está o edificio da Mala Real Inglesa, e o gran café Colón: as mesas do billar, as súas columnas barrocas, o mármore e as súas dúas cúpulas, unha en cada esquina… e as fiestras do primeiro andar, e unha grande no segundo. Todo o rueiro reposa nun equilibrio perfecto.

O edificio Rovira: magnífico. O edificio Odriozola, coa aquela escaleira súa ao ceo, obra seguro dun poeta na súa realidade imposible.

Grilandas, cúpulas-ovos de pascua, esculturas, a letra omega nas fiestras, columnas nos balcons, torres, galerías… Os burgueses compiten entre eles a ver quen vive na casa máis fermosa. Salzburgo!, o meu… a cidade dos edificios modernistas.

 

Moitos foron obra do mestre arquitecto don Jenaro de la Fuente, que foi un xenio. Mais non : aquí están os Pacevich, os Román… A cidade ten unha harmonía. Quizais porque foron obra súa eles sabían como tiña que ser o edificio que ía ir en tal número de tal bloque; as súas características, a súa altura. Tiñan unha visión de conxunto: os edificios das esquinas dos rueiros eran algo máis altos que aqueles que se atopaban no interior; noutros casos, ía de menor, (na parte alta da rúa) a maior (na súa parte baixa). É a perspectiva.

Todos distintos: hai un andar ou un andar e medio de diferenta entre un e outro. Non se tivo en conta as alturas, senón tamén a harmonía. Os edificios fixéronse con materiais iguais e deixáronse zonas verdes para o espazo público. Moitos teñen xardíns interiores e ningún pasa de cinco andares.

Construíuse para vivir. Salzburgo!, o meucoa sua disposición natural tan boa que todos podemos gozar do mar, porque as casas se fixeron en chanzos, coma unha escaleira: de abaixo para arriba: racionalmente.

O mar…! aínda nos queda o mar.     

 

 

Nora Toucedo en O OLLO PÚBLICO

 

Libraría Central Libreira

Rúa Dolores 2     Ferrol    Teléfono 981 35 27 19     Fax 981 35 27 19.

centrallibrera@telefonica.net

Vigo Ferrol arquitectura modernista modernismo gallego galicia arquitecto arquitectos edificios casas gallegas