ABONDA COAS PALABRAS DEBERA ABONDAR COA PALABRA

ABONDA COAS PALABRAS DEBERA ABONDAR COA PALABRA. POESIA AUTOR XUVIA NEDA JUBIA

Editorial:
XOAN GARCIA
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-930622-2-4
Páginas:
140
Disponibilidad:
En stock

7,00 €
Comprar



De Breogán moradía
Galicia reparte amores.
Na tumba de Rosalía
soan gaitas, brotan flores.



Na fala de Rosalía, de Curros, de Castelao falo coa xente de día e falo coa xente de noite. Falo mentres teña voz e quen queira que me escoite.
Letras do CHE ó PE, do GUE ó XE, do A ó CETA, vintecinco, que xuntas forman o harmonioso e doce falar galego.
O 17 de maio de 2013, cúmplese e celébrase en todos os concellos de Galicia e nas entidades da emigración o 50 aniversario da constitución do Día das Letras Galegas, para conmemorar a data (do 1863) na que se publicou o libro de Rosalía de Castro “Cantares gallegos”.
Cincuenta anos, dende que a Real Academía Galega estableceu tan nomeado Día. Dende Rosalía de Castro, primeira persoa homenaxeada no ano 1963, ata este con Roberto Vidal Bolaño, 51 homenaxes a 48 homes e 3 mulleres.
Sen dúbida merecentes, aínda que tamén, sen dúbida, quedan algunhas e algúns que sendo tamén merecentes de tal homenaxe durmen esquecidos no caixón dos recordos dos ilustres académicos –hoxe encabezados por don Xesús Alonso Montero– aínda que, para sempre na memoria inesquecible de milleiros de galegos.
Roberto Vidal Bolaño (1950-2002), santiagués e galego de corazón e conciencia a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Dramaturgo, autor e actor, foi quen fundou a compañía Antroido no ano 1974 e quen tamén contribuíu á renovación do teatro galego a través do Grupo Abrente e Teatro do Aquí.
Excelente dramatrugo e imparable traballador que acadou infinidade de premios. Mágoa que a súa morte acaecera en plena actividade e nunha idade temperá, 52 anos, na flor da vida, cando rebulían nel infinidade de proxectos. Mágoa, aínda que a súa obra, o seu traballo a prol de Galicia perdurará, non só para a familia do Teatro.
No meu poemario “Abonda coas palabras“ (2003), dedicáballe (“A ti, en memoria, inmenso actor, autor e director. Rei do escenario. Namorado de Galicia e do Teatro”) o poema “Brindo por Ti, Galicia”, cuxo último verso di: Terra enxebre, engaiolante, meiga / que alenta e loita / para rexurdir do, ata hoxe, / perenne e vil asoballo / a que foi sometida / polos impropios fillos, / sobriños, netos e outros / parentes indignos Dela.
Hai moita xente que gustaría ser tan forte coma as invisibles trabes que terman no firmamento, para poder mellor protexar a Nosa Terra. Tan fortes coma as ondas do mar que baten nos cantís e roen paseniñamente a súa hetereoxénea estructura. Coma o eixe do globo terráqueo de especial aceiro e mármore. Coma os bravos ríos que te dan a vida; ríos que despois de deixaren a casa de nacemento, camiñan sen retorno musitando fermosas palabras.
Fortes (para te protexer Galicia) coma madeira de buxo, coma corazón de nai cando pare e cría os fillos, e sorrí aínda que haxa dor. Fortes coma a inmorrente fala que perdoa a quen a ofende. Coma Ti, Terra Nai, que eres quen de rexurdir dos aldraxes de desertores e desleigados fillos que te traizoan dentro e fóra do Lar Patrio...
E din que te aman, que te defenden. Tanta hipocrisía cheira que imbra dende lonxe. E nós, galegos que podemos ser bilingües, con dúas fermosas linguas. Por que imos desprezar unha? Galicia, ten lingua de seu, e letras de seu, e non temos porqué sermos menos que outros países. Galicia acolle no seu regazo a miles de persoas de disfintas falas e ten as portas abertas de par en par, e ten o corazón dunha nai que ama e perdoa, incluso a aqueles que a aldraxaron.
Mágoa que haxa xente nacida en Galicia que reneguen e se avergonzan de ser galegos, que esquezan, incluso detesten o idioma galego. Aínda que eu sempre respecto que cada quen fale na/s lingua/s que saiba e queira. Faltaría mais. Aínda que si digo, Galicia ten lingua propia e deféndoa por riba de tódolos avatares adversos.
Claro que, por outra banda, habemos moitas e moitos que nos sentimos moi orgullosos de falar a lingua galega, e aínda que non pedimos nacer en Galicia ou en Madrid, París, London ou New York, damos gracias ás nosas nais por nos parir ou nos traer a este País meigo no que a gran maioría é xente de sentimentos nobres, fale o idioma que fale.


El Círculo de Perlío (Fene), acogió ayer noche la presentación del último poemario de Xoán García López , un fenés afincado en Neda que ahora nos entrega Abonda coas palabras . En estos tiempos en los que las tecnología le ha ganado el terreno a las Bellas Artes, bueno es que el poeta haga oír su voz. Xoán García, de 60 años, fue trabajador de Astano, emigrante en Holanda y, de nuevo en su tierra, empleado de Endesa. Compagina tareas políticas, como concejal de Cultura en Neda, con su creación literaria.

Otros libros del autor

  • AO PE DO RIO BELELLE        FERROL
    Titulo del libro
    AO PE DO RIO BELELLE FERROL
    XOAN GARCIA
    Xoán García López naceu en Barallobre (Fene) en 1942 e vive en Neda desde 1964. Foi traballador de Astano. Remata a ...
    Disponible en 72h

    4,81 €