Bienvenidos a Central Librera

Su cesta está vacía.

Ir directamente al contenido principal »

FINAL EN FISTERRA

FINAL EN FISTERRA

ISBN: 9788489323056
AUTOR: MANUEL FRAGA IRIBARNE
EDITORIAL: ALVARELLOS
Precio:   24.00 €
O

Descripción rápida





















FINAL EN FISTERRA
Manuel Fraga Iribarne










Sinopsis










O DERRADEIRO TOMO DE MEMORIAS DO EX PRESIDENTE DA XUNTA


Final en Fisterra é o título escollido polo ex presidente da Xunta para despedirse de Galicia a través dun volume de memorias de máis de 400 páxinas. Nelas narra os 16 anos á fronte do Goberno galego, dende 1990 ata o verán de 2005.

A obra está escrita en galego e castelán, foi redactada na súa maior parte a man, e nela o veterano político vilalbés recolle algúns dos seus recordos e anécdotas da súa chegada a Galicia, a súa teoría política (como entende o galeguismo e a súa articulación dentro do Estado español) e repasa a acción de goberno (departamento por departamento) de todo ese tempo.



A obra complétase con dúas “galerías gráficas” que dan protagonismo ás imaxes e aos comentarios dalgúns dos momentos máis significativos dese periodo (algunhas desas fotos son moi descoñecidas ou mesmo insólitas), apórtase así mesmo unha reprodución dunha das páxinas do manuscrito orixinal que deu pé a este libro, e un Apéndice onde aparecen recollidos os nomes de todos os integrantes dos Gobernos de Galicia dende a Transición ata o verán de 2005.

» Ver as primeiras páxinas do libro






Ficha técnica

































   • Título: FINAL EN FISTERRA
   • Nº páxinas: 416
   • PVP: 24 €
   • Medidas: 16x23
   • ISBN: 84–89323–05–4
   • Colección: MEMORIAS
   • Encadernación: tapa branda (cartulina gráfica de 260 gramos, a dúas caras)
   • Ilustracións: 30 fotos a cor distribuídas en dúas “galerías gráficas” e manuscrito dunha das páxinas orixinais.
   • Idioma: castelán (70%) e galego (30%)













REZO: 24,00 €
u.









O autor/a


MANUEL FRAGA IRIBARNE (Vilalba-Lugo, 1922-Madrid, 2012) redactou este último tomo das súas memorias nos meses nos que cumpría 83 anos e moi poucas semanas despois de ter deixado a presidencia da Xunta de Galicia, responsabilidad que exerceu durante 16 anos e con catro maiorías absolutas consecutivas. Nas eleccións de xuño de 2005 a coalición entre socialistas e nacionalistas conseguiu acceder ao poder.
A actividade política de Manuel Fraga ten a súa xénese en 1951, momento no que foi nomeado secretario xeral do Instituto de Cultura Hispánica. Tiña daquela 39 anos, formárase na Universidade de Santiago e logo na Complutense de Madrid, onde se licenciou en Dereito, Ciencias Políticas e Ciencias Económicas. Obtivera xa a cátedra de Dereito Político (1948), e cinco anos máis tarde, as de Teoría do Estado e Dereito Constitucional.
En xullo 1962 incorpórase como ministro de Información e Turismo a un dos gobernos de Franco. Durante os sete anos nos que desenvolveu esta tarea impulsou a Lei de Prensa e Imprenta de 1966 e converteu o turismo na primeira industria española. En setembro de 1973 é nomeado embaixador de España no Reino Unido e dende alí seguiría a agonía do réxime. Regresa a España o 19 de novembro de 1975 (a tarde anterior á morte do dictador), e en decembro sería nomeado vicepresidente para Asuntos do Interior e ministro da Gobernación do primeiro goberno da Monarquía.


Os tres lustros seguintes –até a súa arribada en Galicia– víveos plenos de actividade: foi un dos pais da Constitución de 1978, crea o partido Alianza Popular en 1977 e baixo estas siglas é elixido deputado por Madrid nas eleccións deste mesmo ano, e as seguintes de 1979, 1982 e 1986. Ao ano seguinte, e até 1989, aséntase en Bruxelas como Parlamentario europeo.
O 17 de decembro de 1989 celébranse as eleccións tralas que accede por maioría absoluta á Presidencia da Xunta de Galicia, cumprindo así o que definiu como “un vello soño”: ser o presidente do Goberno galego. Tomou posesión o 5 de febreiro de 1990.
Manuel Fraga foi membro de número de varias Reais Academias e doutor “honoris causa” por una ducia de universidades de todo o mundo. É autor ademais de máis de noventa libros. En marzo de 2006, o incansable político vilalbés principiaba –agora de novo en Madrid– unha última etapa: nesta ocasión como Senador por Galicia. Faleceu en Madrid o 15 de xaneiro de 2012.


















Fraga presenta as súas memorias en Vilalba Fraga presenta as súas memorias en Vilalba (PDF)








Fraga firmou en Madrid exemplares do seu último tomo de memorias Fraga firmou en Madrid exemplares do seu último tomo de memorias (PDF)








Manuel Fraga presenta en Santiago <i>Final en Fisterra</i>, publicado por Alvarellos Editora Manuel Fraga presenta en Santiago Final en Fisterra, publicado por Alvarellos Editora (PDF)











 


MEMORIAS DE FRAGA IRIBARNE

 FINAL EN FISTERRA

Doble click en la imagen para abrir/cerrar

Alejar
Acercar

Más vistas

Detalles

MEMORIAS DE FRAGA IRIBARNE

Etiquetas del producto

Use espacios para separar las etiquetas. Use comillas simples (') para frases.