A ANTESALA LUMINOSA

A ANTESALA LUMINOSA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
POLICIACA THRILLER
ISBN:
978-84-9914-800-7
Páginas:
264
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

20,50 €
Comprar

O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000. Axiña descobre que un deles pode ser Gustavo Gallego, un curmán do comisario, a quen se lle encomenda a misión de atopar o seu familiar desaparecido. Cando comproba que está vivo, inicia a súa busca por distintas cidades mentres vai lendo unha novela escrita polo fuxitivo en terceira persoa que só contén capítulos pares, polo que os feitos narrados polo inspector en primeira persoa funcionan a modo de capítulos impares. Estamos, pois, ante dúas medias novelas que se complementan nun xogo metaliterario nada complicado para o lector. Unha das historias transcorre en doce días e a outra alóngase durante vinte anos; están escritas con diferentes estilos. Crime, intriga, corrupción, impunidade, whisky abundante, sexo, prostíbulos, garitos de xogo... presiden unha das historias; a outra trata sobre o amor, a convivencia, o demo, o inferno -a loucura- como tema catalizador, como antesala luminosa da morte. Estamos ante unha novela mestiza, mulata. Unha novela que paga a pena ler como contribución a un xénero negro menos xenuíno e máis transcendente.

Otros libros del autor

  • LOBOS DOENTES
    Titulo del libro
    LOBOS DOENTES
    TIZÓN, ANTONIO
    Ao pé da Torre de Hércules aparece o cadáver dun home que agocha na chaqueta o logotipo dunha bandeira rusa e o ende...
    RECÍBELO EN 72H

    19,95 €

  • OS INCURÁBEIS
    Titulo del libro
    OS INCURÁBEIS
    TIZÓN, ANTONIO
    «Recordo que cando cheguei ao lugar do crime pensei que todo o mundo se volvera tolo». Así comeza esta historia de m...
    Disponible en 5 días

    20,50 €

  • UN HOME ESTRAÑO
    Titulo del libro
    UN HOME ESTRAÑO
    TIZÓN, ANTONIO
    O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Man...
    RECÍBELO EN 72H

    18,95 €