A AVENTURA SORPRENDENTE DUN HOMIÑO MOI VALENTE

A AVENTURA SORPRENDENTE DUN HOMIÑO MOI VALENTE

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-9782-578-8
Páginas:
80
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

8,85 €

A aventura sorprendente dun homiño moi valente é un libro moi especial. Ten un ritmo fascinante, que fai as delicias dos lectores, e resulta tan tolo e disparatado que nos fai rir continuamente. Ademais, é un libro ideado desde unha gran imaxinación, que ás veces bota man das cousas máis absurdas para soprendernos e divertirnos. E conségueo completamente. Trátase dun libro que vai gustar moito aos nenos e nenas. Non só pola orixinalidade desbocada da historia senón tamén polas súas rimas, por veces sen sentido, que enchen o libro de ritmo e de musicalidade e facilitan a súa oralidade. Ademais, as ilustracións tamén resultan moi simpáticas, provocándonos a risa coas súas tolerías e os seus absurdos que, con todo, dentro do libro semellan a cousa máis lóxica do mundo.
A aventura sorprendente dun homiño moi valente tamén é un libro estupendo para contar. E tanto pode ser ser contando nunha aula como nunha sesión de contacontos, porque é dos que enganchan o auditorio. Ás veces, as lecturas compartidas son aínda máis divertidas porque as risas se contaxian. Pero, logo, cada unha das nenas e dos nenos que o escoite quererá lelo de novo na súa casa, para volver a gozar das aventuras do homiño valente.

Otros libros del autor