A CONTRAFÍO

A CONTRAFÍO

Editorial:
HUGIN E MUNIN
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-944422-9-2
Páginas:
322
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

16,50 €

Vida e obra do autor
Charles-Marie-Georges Huysmans naceu en París o 5 de
febreiro de 1848, fillo dun pai neerlandés, Godfried Huys-
mans, litógrafo de profesión, que morreu o 24 de xuño de
1856, cando o futuro escritor tiña seis anos, e dunha nai
francesa, Malvina Badin, mestra. En 1857 Malvina volve
casar cun home de fe protestante chamado Jules Og. Un
ano despois, o seu padrasto inviste o seu capital nun ta-
ller de imprenta sito nos baixos do seu piso parisiense, no
número 11 da rúa Sèvres –que habería servir de escenario
na trama de
Les Sœurs Vatard
.
Ao quedar orfo, o rapaz Georges entra nun internado
chamado Institution Hortus (evocado despois en
En mé-
nage
) e posteriormente realizou os estudos secundarios no
Lycé Saint-Louis de París, do que conservará un pésimo
recordo. Seguiu despois estudos de Dereito, pero tivo que
abandonalos para gañar a vida. Aos vinte anos obtivo un
7
posto como funcionario no Ministerio do Interior, onde
desenvolveu a súa carreira profesional até a xubilación, en
1898. Este traballo foi para Huysmans o seu medio de vi-
da, aínda que o que verdadeiramente lle interesaba era a
escritura.
Durante o último cuarto do século XIX, coa súa acti-
vidade como novelista e crítico de arte, participou activa-
mente na vida literaria e artística francesa.
Os comezos na literatura
e a defensa do naturalismo
O 27 de novembro de 1867, na
Revue Mensuelle
, apare-
ceu o seu primeiro texto dedicado á arte, intitulado «Des
paysagistes contemporains». De feito, existe unha estrei-
ta relación entre pintura e literatura en Huysmans, pois
a evolución dos seus gustos pictóricos foi un proceso en
paralelo ao desenvolvemento e transformación do seu con-
cepto de literatura. Podería afirmarse que a cada época
da súa produción ficticia, corresponde unha similar como
crítico de arte.
A súa primeira obra literaria foi
Le Drageoir aux
épices
, unha recompilación de poemas en prosa e breves
narracións impresionistas publicada pola súa conta en
1874. Nela percíbense os ecos de Charles Baudelaire (Pa-
rís, 1821-1867) e o desexo de atopar unha linguaxe de
plasticidade expresiva. Esta obra aparece xa co pseudó-
nimo de Joris-Karl Huysmans que o faría célebre e que
responde ao cambio voluntario do seu nome francés polo
correspondente en neerlandés

Galipedia (A Wikipedia en galego)

A contrafío
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Huysmans, autor de À rebours.

A contrafío é unha novela do escritor francés Joris-Karl Huysmans publicada por vez primeira en 1884 co título orixinal de À Rebours. Foi traducida ao galego por Isabel Soto e publicada en 2016 por Editorial Hugin e Munin.

Índice

1 Trama
2 Influencia sobre a literatura galega
3 Notas
4 Véxase tamén
4.1 Bibliografía

Trama

A narración céntrase no seu personaxe protagonista, Jean Des Esseintes e ofrece un extenso catálogo dos seus gustos e forma de vida. Trátase dun home excéntrico, cualidade de esteta e antiheroe; odia a burguesía e o utilitarismo do século XIX, polo que trata de retirarse nun mundo artístico creado por el mesmo.

A contrafío aborda diversos temas simbolistas. Representa a ruptura co naturalismo e a miúdo é considerada a Biblia do decadentismo[1].

Na novela de Oscar Wilde The Picture of Dorian Gray, este é o libro que Lord Henry Wotton entrega a Dorian Gray e que o acaba por levar á súa completa corrupción[2].
Influencia sobre a literatura galega

Se ben o movemento decadentista tivo escasa implantación en Galicia, o certo é que A contrafío si xoga un papel relevante en canto á constitución da literatura galega[3], como obra de referencia para diversos autores da Xeración Nós (de maneira notable, para Ramón Otero Pedrayo e Vicente Risco) así como para outros xa da segunda metade do século XX, como Lois Pereiro.

Risco sinala de maneira explícita no seu ensaio Nós, os inadaptados (1933) a súa admiración por Huysmans, a súa obra A contrafío e, en concreto, por Jean Des Esseintes en tanto que arquetipo do dandi:
O tipo [inadaptado] deuse adoito na fin do século derradeiro, e atopou cecais a máis nidia expresión literaria no Des Esseintes de Huysmans. O tíduo da novela de Huysmans dío todo: À rebours; porque eso é o que son os inadaptados, os que van a contrafío do seu tempo, os que non acaen cos seus contemporáneos.

Nese sentido, o crítico Manuel Rodríguez Alonso sostivo que a estética de Huysmans está presente en O porco de pé de Risco.[4]

Por outra banda, Pedrayo, en Arredor de si (1930), cita expresamente a Huysmans en dúas ocasións. Unha desas veces traza un paralelismo entre Adrián Solovio e as experiencias que Des Esseintes vive no capítulo XI da novela gala. Di así:
Unha noite Adrián lembrara unhas páxinas de À rebours de Huysmans. Deberíase traducir en castelán “a contrapelo”. Tivo a mesma fame de vida inglesa, salgada e forte, do wiking dono dos ronseis do mar. Baixoas arcadas de Rivoli o título “Bodega” arredondeábase groso e cheo, seguro e ditoso como un tonel.

Aludindo a Solovio a Des Esseintes, Ramón Lugrís escribía (orixinalmente en lingua castelá) en 1967:
Hai dous tipos de Inadaptados: o que rompe coa sociedade e illa dela, e o que busca abrir novos camiños. Ao primeiro corresponde o protagonista de À Rebours'; ao segundo corresponde Adrián, o protagonista de Arredor de si.

Anos máis tarde, o escritor Lois Pereiro incluíu a Huysmans ("sen dúbida Huysmans") no artigo que escribiu para A Naval.[5]

Manuel Outeiriño tamén viu a vinculación entre a obra de Huysmans e Pereiro.[6].
Notas

Charles Marie Georges, dit Joris-Karl Huysmans, como extracto do artigo "Dictionnaire mondial des littératures, recollido pola edición dixital da Enciclopedia Larousse. (en francés)
Linking The Picture of Dorian Gray and Huysmans’ A rebours (Exercise #3), en Oscar Wilde and the French Decadents o 23 de outubro de 2012. (en inglés)
'"Huysmans e a literatura galega" en Algunhas claves para ler A contrafío, unha novela de Joris-Karl Huysmans, pp. 71-77.
Co gallo da sexta edición de O porco de pé, entrada no blog Bouvard e Pécuchet o 12 de febreiro de 2014.
«Dandys, eterómanos e infames. O vicio como luxo» (1986), A Naval, nº 5.

Esteticismo e terribilità na obra poética de Lois Pereiro no Boletín 372 da Real Academia Galega, p. 132-133.

Otros libros del autor

  • A CONTRAPELO
    Titulo del libro
    A CONTRAPELO
    HUYSMANS, JORIS-KARL
    Huysmans (1848-1907) fue primero seguidor de Zola, para luego entrar en la corriente espiritual, decandente y refina...
    RECÍBELO EN 72H

    14,50 €

  • ALLÁ LEJOS
    Titulo del libro
    ALLÁ LEJOS
    HUYSMANS, JORIS-KARL
    Joris-Karl Huysmans nació en París en 1848. A pesar de haber trabajado durante casi treinta años como funcionario de...
    Agotado

    10,50 €

  • NOTRE-DAME DE PARÍS
    Titulo del libro
    NOTRE-DAME DE PARÍS
    HUYSMANS, JORIS-KARL
    La arquitectura románica y gótica captaron el interés y la sensibilidad de Joris-Karl Huysmans, que escribió valiosa...
    RECÍBELO EN 72H

    14,00 €