A TRAVÉS DAS MARXES

A TRAVÉS DAS MARXES. ENTRELAZANDO FEMINISMOS, RURALIDADES E COMÚNS

Editorial:
BARTLEBOOTH
Año de edición:
Materia
SOCIEDAD Y CULTURA: GENERAL
ISBN:
978-84-697-7865-4
Páginas:
191
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
En espera de recibir

15,00 €
Comprar

A TRAVÉS DAS MARXES é un debullar desexos, encontros, esforzos, aprendizaxes e conflitos que xorde como acción de peche do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) tras máis de ano e medio de traxecto. Este espazo experimental de escoita, produción e intercambio de coñecemento entrelaza os comúns, as ruralidades e os feminismos, cunha estrutura que traduce o goberno dos montes veciñais en man común a unha comunidade de aprendizaxe.

Esta publicación fai fincapé no proceso que vivimos, é isto non é nimio: somos persoas de moi diferente procedencia, algunhas estamos fisicamente, outras na diáspora, e lemos a realidade dende ópticas diferentes, mesmo con contradicións entre elas. Nestas páxinas aténdese a unha realidade subalternizada dun xeito situado, dando conta de moitas das aprendizaxes, deconstrucións, da dor, e das emocións que nos atravesaron durante o proceso. A través do PEMAN e desta publicación queremos vindicar a capacidade que temos de facer en mancomún, así como a posibilidade de habilitar e fornecer diálogos e circuítos de coñecemento non hexemónicos.

Índice

PARTIR DO DESEXO
Montenoso

INTRODUCIÓN
Fran Quiroga, Andrea Olmedo, Lara Dopazo Ruibal

MANCOMÚN, RURALIDADES, FEMINISMOS + AGRO, CASA, ALDEA, VECIÑANZA…
Lourenzo Fernández Prieto

ESTATUTO DUN IMAXINAR-FACER EN MANCOMÚN
Fran Quiroga, Andrea Olmedo, Lara Dopazo Ruibal e comuneirxs do PEMAN
TERRITORIO-EUCALIPTO
Helena Martínez, Colectivo1aun

XENEALOXÍAS (CASE) INVISIBLES DAS MULLERES QUE NOS CONSTRÚEN
Lara Dopazo Ruibal

COMÚNS E MEMORIAS FRÁXILES. UNHA CONVERSA EN TORNO A CARTOGRAFÍAS SENSIBLES
Antonio Giráldez López, Joana Covelo Alonso, Iago Valverde Pérez

ARTEFACTOS ECOSISTÉMICOS CONTRA A ACUMULACIÓN POR DESPOSUIMENTO
Fran Quiroga, Agar Ledo, Lucía Castro

A RELACIÓN NÓS/OUTRXS. APRENDENDO A FIAR ENTENDEMENTOS
María Novas e Sofía Paleo, Dexeneroconstrución

VOCES MENORES, TERRITORIOS MENORES, PROGRAMAS DE ESTUDOS MENORES
Llorián García Flórez

CORPOS QUE FALAM: DECOLONIZANDO OS NOSSOS JEITOS DE APRENDER
Olga Romasanta Iglesias, Andrea Rico Adega
# DIÁSPORAPEMAN. FACENDO DAS REDES A NOSA PEL
Carmen Platero, Sabah Walid, Adela Vázquez

METODOLOXÍAS ENCARNADAS E CORPOS FERIDOS
Carmen Platero, Lara Barros

REDES PARA A RESILIENCIA
Andrea Olmedo

[A MODO DE PECHE] O MUNDO POLOS OLLOS
Lara Dopazo Ruibal