AQUELES DOCES CANTARES UNHA OFRENDA

AQUELES DOCES CANTARES UNHA OFRENDA. OFRENDA MUSICAL A ROSALIA DE CASTRO

Editorial:
CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

15,00 €

Que o primeiro gra libro poético de Rosalía de Castro leve o nome de Cantares Galegos ten unha intención explícita de vindicación da patria e de enxalzamento da súa cultura e das súas xentes. Moitos destes cantares tiñan unha raíz popular, tamén de interpretación cantada de forma coral, que é a máis popular das músicas. Pero o libro carece do oportuno libreto musical, malia a constante invocación ao canto, como aparece xa no seu primeiro poema, «As de cantar». E isto é o que pretendemos completar con este recital, que procura a converxencia da palabra e da música.

A palabra do pobo peneirada pola inspiración de Rosalía. A música que compositores actuais, a demanda do Consello da Cultura Galega, labraron para nós e para os amantes da cultura. «Aqueles doces cantares» de que fala o poema rosaliano atopan agora a súa expresión máis acaída con esta conmemoración da obra de Rosalía.

O resultado é este recital poético-musical co que o Consello da Cultura Galega quere contribuír a celebrar a noite da Festa das Letras Galegas e, con ela, a cultura galega toda. A letra de Rosalía cobra corporeidade
na voz dunha senlleira representación de artistas da escena galega que nos fixeron o galano de aceptaren participar neste evento. Elas e eles están a padecer como talvez ningún outro sector da cultura as inclemencias da crise actual.

Otros libros del autor