AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OÍR

AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OÍR

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9121-295-9
Páginas:
496
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

23,50 €
Comprar

A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da súa infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar. A proxección de si mesma na cidade, o rexeitamento e a vergoña, fan que por veces esqueza que foi en Vilalba, ese lugar que tanto detesta, onde coñeceu unha das persoas máis importantes da súa vida: a súa amiga Saínza. Dende a súa liña de saída torta, Aurora busca seguir correndo cara adiante sen matinar no percorrido, concentrada no seu traballo como xornalista de deportes e nos espazos dunha vida na que todo, en aparencia, está dentro do agardado.
" As cousas que non queremos oír " explora o alleamento, os límites do corpo e a enfermidade, os afectos e a busca das certezas cando o mundo enteiro se esfarela. Porque de cando en vez a vida nos interroga sen que poidamos atopar respostas definitivas, máis que a forza de afondar na nosa propia debilidade para renacer.
Nesta nova entrega do " Ciclo dos elementos " , Reimóndez entrecruza os fíos das protagonistas de entregas anteriores cos de Aurora para continuar creando un universo literario único no que as lectoras son quen de compoñer tamén a historia a partir de cada unha das novelas independentes. Despois de " En vías de extinción " , " A música dos seres vivos " e " Dende o conflito " , " As cousas que non queremos oír " transita unha nova forma de enfrontarse á migración e o desprazamento e traza novas interaccións e perspectivas das personaxes xa coñecidas, como Gaia, MK ou Saínza Combarro.

Otros libros del autor

  • FURIA
    Titulo del libro
    FURIA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose...
    RECÍBELO EN 72H

    12,95 €

  • MULTITUDES
    Titulo del libro
    MULTITUDES
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o ...
    RECÍBELO EN 72H

    18,95 €

  • COBIZA
    Titulo del libro
    COBIZA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexua...
    RECÍBELO EN 72H

    19,95 €

  • A SEMENTE, A ÁRBORE, A FROITA
    Titulo del libro
    A SEMENTE, A ÁRBORE, A FROITA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    É difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do " efecto Pontón " . En boa medida, o efecto...
    Disponible en 5 días

    19,95 €

  • A FORMIGA DESTEMIDA
    Titulo del libro
    A FORMIGA DESTEMIDA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Unha formiga curiosa e valente decide afastarse do seu formigueiro para vivir novas experiencias. Polo camiño vaise ...
    RECÍBELO EN 72H

    12,50 €