BHAGAVAD GITA

BHAGAVAD GITA

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-17388-10-2
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

15,00 €
Comprar

A Bhagavad Gita (A cantiga do señor) forma parte do sexto libro da Mahabharata, que é, xunto coa Ramaya?a, a narración épica india por excelencia. A autoría da Mahabharata foi tradicionalmente atribuída a Vyasa, que en sánscrito significa ‘o recompilador’ ou ‘o editor’.

Malia non existir acordo ao respecto, a maioría dos estudos sobre a datación da Bhagavad estiman que foi redactada ao redor dos séculos V e II a. C.

A Bhagavad Gita fala do doloroso debate interno que sofre o arqueiro Arjuna, quen, enfrontado ante idea de ter que loitar a morte contra os seus familiares, non é quen de decidirse a cumprir coa súa obriga, e vese superado pola dúbida e a depresión. Nesta delicada situación, o seu amigo e conselleiro, o avatar K???a, ínstao a que cumpra co seu deber e se dispoña a loitar, pois o papel de Arjuna é crucial nesta guerra.

Dentro desta colección de pequenas e grandes historias que é a Mahabharata, a Bhagavad Gita (A cantiga do señor), sempre tivo un lugar destacado. Xa fose polo seu papel como vehículo de propaganda da figura de Vi??u/K???a e do fenómeno devocional en xeral, pola súa relevancia como obra filosófica, ou polos seus valores culturais e espirituais dentro dun marco máis amplo, sempre gozou dunha sona e dun recoñecemento singulares.

Nos últimos dous séculos e a raíz da súa posta en coñecemento en Occidente, Bhagavad Gita ten reclamado a atención de todo tipo de lectores. Foi libro de referencia para Mahatma Gandhi e foi gabado por persoas como Aldous Huxley, Henry David Thoreau, J. Robert Oppenheimer, ou Carl Jung.

Otros libros del autor

  • LOS VEDAS
    Titulo del libro
    LOS VEDAS
    VYASA
    Se denomina Vedas a los cuatro textos sánscritos que forman la base del extenso sistema de escrituras sagradas del h...
    Disponible en 72h

    14,00 €

  • BHAGAVAD GÎTÂ
    Titulo del libro
    BHAGAVAD GÎTÂ
    VYÂSA
    RECÍBELO EN 72H

    7,95 €

  • MAHABHARATA. EL MAYOR POEMA EPICO DE LA INDIA
    Titulo del libro
    MAHABHARATA. EL MAYOR POEMA EPICO DE LA INDIA
    VYASA
    En espera de recibir

    30,00 €

  • MAHABHÁRATA
    Titulo del libro
    MAHABHÁRATA
    VYASA
    Presentado aquí en una adaptación al cómic del artista Gol mediante extraordinarias y refinadas imágenes que recrean...
    PREVENTA (recíbelo cuando se publique)

    47,00 €

  • MAHABHARATA, TOMO I
    Titulo del libro
    MAHABHARATA, TOMO I
    VYASA
    Disponible en 5 días

    15,60 €