BOAS NOITES CORUÑA

BOAS NOITES CORUÑA. FOTOGRAFIAS ALBERTO PEITEAVEL LIBRO CON FOTOGRAFIAS NOCTURNAS

Editorial:
TEOFILO
Año de edición:
Materia
FOTOGRAFÍA Y FOTÓGRAFOS
ISBN:
978-84-938447-1-4
Páginas:
100
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
En stock

41,60 €
Comprar

“Boas Noites, Coruña”, un volume no que se ofrece un percorrido fotográfico pola fisonomía nocturna da capital herculina, dentro do compromiso aberto que a empresa editora mantén coa promoción de Galicia.

“Boas Noites, Coruña” inspírase nos luces e os sons nocturnos para, a través de preto dun cento de instantáneas de gran formato, convidarnos a viaxar polo rueiro coruñés e descubrir a través del esa outra perspectiva da cidade que só a noite é quen de ofrecer.

Desta maneira, os que se achegan á publicación vólvense cómplices do importante patrimonio que integra a “Cidade de Cristal”, participan do diálogo constante entre as súas distintas arquitecturas e asómanse a esa galería eterna forxada con vidro, madeira e ferro dende a que a cidade nunca deixou de mirar ao mar, nunha conversa secular que cobra aínda máis forza se cabe cando cae o balbordo do día.

De igual xeito, o lector poderá descubrir o espírito aberto e ilustrado que sempre acompañou aos coruñeses e do que emerxeu o desenvolvemento económico pero tamén un modernismo que parece cobrar vida cando chegan as luces e os sons nocturnos e que segue a convivir harmonicamente con esa Cidade Vella que sempre convida á contemplación pausada.