COSTA DO SOLPOR

COSTA DO SOLPOR. O REGRESO DA ILLA DO TESOURO

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-9121-219-5
Páginas:
440
Encuadernación:
paperback
Colección:
FORA DE XOGO
Disponibilidad:
En stock

Descuento:

-5%

Antes:

16,50 €

Despues:

15,68 €
Comprar

Un tradutor recibe un manuscrito no que un descoñecido escritor en lingua inglesa narra o regreso ó porto de Bristol da goleta Hispaniola, cargada cun fabuloso tesouro. Tal viaxe de volta non fora tan breve como a describira Robert L. Stevenson no derradeiro capítulo d'A Illa do Tesouro, pois unha violenta tormenta obrigou o navío a buscar refuxio nunha baía da galega Costa do Solpor.
Un espía da Confraría da Man Morta, decatándose da importancia da carga do barco inglés, marcha á Coruña para dar aviso ó capitán dun bergantín pirata fondeado nese porto. Da abordaxe que sufrirá a goleta só se salvará o seu grumete, Jim Hawkins, que logra chegar á costa a nado. Os piratas perseguirano, pero o rapaz farase amigo dun mozo e unha moza galegos, o Chavián e Mariña, que tratarán de liberar a goleta asaltada e salvar os seus tripulantes dunha morte certa mediante un plan moi arriscado.
Unha gran novela de aventuras ambientada no século XVIII na cidade da Coruña e na costa galega, que empeza onde remata A Illa do Tesouro. A homenaxe galega a grande obra stevensoniana.

Otros libros del autor

  • COSTA DO SOLPOR
    Titulo del libro
    COSTA DO SOLPOR
    LEMA, XOSÉ Mª
    Unha novela de aventuras de mar e de terra con batallas navais, abordaxes, tétricas escenas de terror e tenras de am...
    Agotado

    24,00 €