DECAMERON    EN GALEGO

DECAMERON EN GALEGO. TR. E NOTAS DE MOISES BARCIA

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
ISBN:
978-84-935375-0-0
Páginas:
750
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

25,50 €
Comprar

Decamerón

Tradución do italiano medieval e notas de Moisés Barcia

O clásico da literatura italiana e europea traducido por primeira vez ao galego e con prólogo de Álvaro Cunqueiro. Edición íntegra e anotada. Rústica con solapas. Desde Landolfo Rúffolo, o audaz amalfitano, até Martellino, o bufón de Treviso, as aventuras de Andreúccio de Perugia que vai comprar cabalos a Nápoles, Ferondo, a quen un abade convence de que morreu e resucitou, o conto da inxenua Alibec, o pai e o marido celoso que dan de comer, xa á sua filla, xa á súa esposa, o corazón do amante, a alegre historia do canto dos reiseñores, a historia de Nastagio degli Onesti —que poden ver pintada por Botticelli no [Museo do] Prado de Madrid—, o cociñeiro Chichibio que dá convencido ó seu amo de que as grúas soamente teñen un zanco; frei Cebola, que promete amosarlles ós de Certaldo unha pluma do arcanxo san Gabriel, e tantos amantes e raros e carnais amores, Calandrino coa súa pedra da invisibilidade... Hai en Boccaccio unha especie de constante triunfo da intelixencia. Boccaccio é o máis desinteresado, humano e libre dos narradores, e na súa prosa fixou a inmensa variedade das paixóns, como Shakespeare, por exemplo. E atopamos a máis profunda humanidade no corazón mesmo da máis inverosímil aventura. do prólogo de Álvaro Cunqueiro

O autor

Giovanni Boccaccio (Italia, 1313-1375), fillo dun mercader e banqueiro florentino, foi enviado a Nápoles, onde, ante a súa ineptitude para os negocios, adquiriu unha sólida formación literaria e ficou impresionado polo ambiente refinado e voluptuoso da corte dos Anjou. É neste contexto de intrigas cortesás no que se situaría posteriormente a súa obra mestra, O Decamerón. Tras escribir tres obras relevantes, vese obrigado a volver a Florencia a causa da quebra do banco dos Bardi. As penurias económicas non o afastaron do seu labor literario, senón que o achegaron ao ambiente picaresco dos mercaderes. A peste que infestou Florencia en 1348 levouno a escribir O Decamerón, cuxo éxito o catapultou a distintos cargos honoríficos, como o de embaixador en Aviñón e Roma. Sen resolver os seus problemas financeiros, retirouse a Certaldo, onde sufriu unha crise espiritual que o levou a renegar da súa obra e a dedicarse á meditación relixiosa. Perdeu a vida ao ano seguinte do falecemento do seu amigo Petrarca.

Otros libros del autor

  • DECAMERÓN
    Titulo del libro
    DECAMERÓN
    GIOVANNI BOCCACCIO
    Los mejores libros jamás escritos. «A una breve tristeza (digo breve porque se contiene en pocas líneas) seguirán pr...
    RECÍBELO EN 72H

    14,96 €

  • DECAMERON
    Titulo del libro
    DECAMERON
    GIOVANNI BOCCACCIO
    Un conjunto de narraciones que retrata, a través de las voces de diez huídos de la peste, la sociedad italiana del s...
    Descatalogado

    19,95 €

  • EL DECAMERON 1
    Titulo del libro
    EL DECAMERON 1
    GIOVANNI BOCCACCIO
    En stock

    20,00 €

  • EL DECAMERON.
    Titulo del libro
    EL DECAMERON.
    GIOVANNI BOCCACCIO
    RECÍBELO EN 72H

    4,50 €

  • SOBRE LA ASTUCIA DE LAS MUJERES
    Titulo del libro
    SOBRE LA ASTUCIA DE LAS MUJERES
    GIOVANNI BOCCACCIO
    Tradicionalmente se ha considerado la vida sexual, así como los engaños y trampas de los que muchas veces se ha de...
    RECÍBELO EN 72H

    6,00 €