DESPOIS DE TI, A CHUVIA

DESPOIS DE TI, A CHUVIA

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-9865-398-4
Páginas:
56
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

24,75 €

Neste novo libro-disco Xosé Carlos Caneiro, axudado pola voz de Emilio Rúa, agasállanos cunha viaxe poética moi singular. Nas súas propias palabras, tiradas do prólogo do libro, cóntanos: Quería cambiar o mundo: velaquí a razón da miña poesía. O mundo concreto e sensible, cercano: aquel que doía, levantaba, acariñaba ou cuspía. Quería cambiar o mundo, prometo. (?) Creo que a poesía é o que fai mover o silencio. Non encontro definición máis certa para este libro de versos e cancións. Poema e canto. Para os gregos eran a mesma cousa; en realidade, cantor e poeta resultaban idéntica voz. Orfeo congregaba coa súa lira a homes e mulleres, tamén a ninfas e deuses e musas inspiradoras, para que contemplasen o movemento invisible do silencio. Ás veces choraban os seres reunidos, arrancadas as bágoas polo silencio. Ás veces repousaban a súa alma e deixaban correr entusiasmo: náufragos de ventura, felices. Como escritor non encontrei aínda maior felicidade que un poema que emocione a quen o escoita (creo que a poesía sen emoción é unha mentira máis; unha acrobacia intelectual, hermética, críptica e voraz: carcome a literatura). Recito. Sempre. Camiño por diante, asfalto, nubes, quilómetros, verso por verso. (?) Con Despois de ti, a chuvia só pretendo mover o silencio. Emilio Rúa entendeuno. A súa sensibilidade danza en cada nota e transforma, transfórmanos. A poesía segue cambiando o mundo. Con perdón, afirmo.

Otros libros del autor

  • TODAS LAS VIDAS DE MADAME BOVARY
    Titulo del libro
    TODAS LAS VIDAS DE MADAME BOVARY
    CANEIRO PEREZ, XOSE CARLOS
    Todas las vidas de Madame Bovary narra la historia de Hermelinda, engañada durante gran parte de su existencia por u...
    Disponible en 5 días

    24,50 €