EN LAS ORILLAS DEL SAR

EN LAS ORILLAS DEL SAR

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-9121-502-8
Páginas:
408
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
CLASICOS
Disponibilidad:
En stock

20,00 €
Comprar

Despois de «Cantares gallegos» (1863) e «Follas novas» (1880), «En las orillas del Sar» (1884) é un salto adiante e definitivo por parte da autora á hora de situarse na literatura moderna europea, na «Weltliteratur». Contrariamente á visión da obra como unha dimisión, demóstrase aquí o seu intenso carácter nacional galego, tanto no histórico-político, como no cultural ou literario. O Sar da Terra de Iria e de Compostela-Conxo é o río da vida da autora e mailo río da súa literatura. Agora que se apaga e que remata, Rosalía edifica unha extraordinaria arquitectura lírica e formal para o acabamento, para as súas voces e os seus límites, para as súas dúbidas e abismos. «En las orillas del Sar» é final e cume dunha escritora extraordinaria.
Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín («A espiral no espello. " Bretaña, Esmeraldina " e o sistema literario galego»), vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición crítica de «En las orillas del Sar» ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas.

Otros libros del autor

  • EN LAS ORILLAS DEL SAR
    Titulo del libro
    EN LAS ORILLAS DEL SAR
    CASTRO, ROSALÍA DE
    En las orillas del Sar sorprende por su carácter introspectivo y el predominio de la reflexión sobre la existencia d...
    En stock

    22,00 €

  • FOLLAS NOVAS
    Titulo del libro
    FOLLAS NOVAS
    CASTRO, ROSALÍA DE
    Despois de "Cantares gallegos" (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, Rosalía de Castro dá un paso decisivo no pro...
    Disponible en 5 días

    20,30 €

  • CANTARES GALLEGOS
    Titulo del libro
    CANTARES GALLEGOS
    CASTRO, ROSALÍA DE
    En 1863 Rosalía publica " Cantares gallegos " , cuyo prólogo contiene un alegato reivindicativo de Galici...
    Disponible en 5 días

    13,50 €

  • OBRA GALEGA COMPLETA
    Titulo del libro
    OBRA GALEGA COMPLETA
    CASTRO, ROSALÍA DE
    “Arealonga” quería ofrecer nun soio volume tódolos textos galegos de Rosalía de Castro, moitos deles somente atopabl...
    Disponible en 5 días

    6,65 €

  • FOLLAS NOVAS
    Titulo del libro
    FOLLAS NOVAS
    CASTRO, ROSALÍA DE
    Rosalía de Castro (1837-1885) publicou Follas novas en 1880, comprometida como estaba na recuperación e dignificació...
    Disponible en 5 días

    13,20 €