ESTILÍSTICA DA LINGUA GALEGA

ESTILÍSTICA DA LINGUA GALEGA. VALORES EXPRESIVOS IDIOMA GALEGO

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-9914-498-6
Páginas:
576
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

29,50 €
Comprar

Xosé Ramón Freixeiro Mato elaborou esta Estilística da lingua galega co obxectivo de ordenar e sistematizar os valores expresivos do idioma galego, dotándoo así dunha ferramenta de análise da cal outras linguas próximas xa dispoñen desde hai tempo.
A obra, realizada fundamentalmente con base nos textos literarios contemporáneos, contribúe a unha posta en valor do noso patrimonio lingüístico-literario e do labor artístico dos escritores e escritoras, que conseguiron labrar artesanalmente a lingua nacional para tiraren dela toda a súa potencialidade expresiva. O arduo traballo de construción da lingua literaria galega a partir dun idioma desprestixiado, abandonado e ruralizado só desde o propio país pode ser hoxe recoñecido e reivindicado.
Esta completa Estilística da lingua galega, cun tratamento pormenorizado e actual dos aspectos gráficos, fonéticos, morfosintácticos, léxico-semánticos e textuais, tórnase aínda nestes momentos oportuna, útil e necesaria, pois é particularmente nos seus valores expresivos onde se debe alicerzar o prestixio e o futuro do idioma galego, así como a autoestima dos seus usuarios e usuarias.

Otros libros del autor

  • A ESTRELA QUE NOS GUÍA
    Titulo del libro
    A ESTRELA QUE NOS GUÍA
    FREIXEIRO MATO, XOSÉ RAMÓN
    A lingua galega é o maior patrimonio que o conxunto da sociedade galega actual recibiu como herdanza das persoas que...
    En stock

    10,00 €

  • LINGUA GALEGA:NORMALIDADE E CONFLITO
    Titulo del libro
    LINGUA GALEGA:NORMALIDADE E CONFLITO
    FREIXEIRO MATO, XOSÉ RAMÓN
    Neste volume realízase un percurso pola historia da lingua galega , con rigor mais tamén con paixón, pois o autor no...
    RECÍBELO EN 72H

    16,95 €

  • PARA MELLORARMOS A CALIDADE DA NOSA LINGUA
    Titulo del libro
    PARA MELLORARMOS A CALIDADE DA NOSA LINGUA
    FREIXEIRO MATO, XOSÉ RAMÓN
    Para podermos garantir o seu futuro, o galego necesita deter a perda constante de falantes, mais tamén frear o proce...
    En stock

    4,00 €

  • GRAMÁTICA DA LINGUA GALEGA II
    Titulo del libro
    GRAMÁTICA DA LINGUA GALEGA II
    FREIXEIRO MATO, XOSÉ RAMÓN
    En stock

    30,00 €

  • LINGUA DE CALIDADE
    Titulo del libro
    LINGUA DE CALIDADE
    FREIXEIRO MATO, XOSÉ RAMÓN
    Lingua de calidade do profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato pretende dar algunhas receitas para determos o proceso de d...
    Disponible en 5 días

    19,95 €