FERROL ANALISIS 28 CUADERNO 27

FERROL ANALISIS 28 CUADERNO 27. CON HISTORIA GRAFICA DO CLUB DE PRENSA DE FERROL CONCEPCION ARENAL

Editorial:
FERROLANALISIS FERROL ANÁLISIS
Año de edición:
ISBN:
978-92-0-247278-5
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
En stock

18,00 €
Comprar

7
Sumario
sumario
PENSAMENTO E POLÍTICA
Enric Ucelay-Da Cal
Acerca de la autenticidad: un ensayo sobre la
credibilidad de las ideas políticas . . 11
Manuel Cruz
Contra la clausura del futuro . . .. . 23
Ángel G. Loureiro
Las neuronas espejo, el otro y la muerte . . . . . 28
Federico Mayor Zaragoza
Cultura de Paz: la gran transición de la fuerza a la
palabra . . . . . 36
Emilio Pérez Touriño
Reforma del Estado y las autonomías . . . . . 47
Ignacio Álvarez-Ossorio Alvariño
La transición egipcia: crónica de una revolución
fracasada . . . . 61
Juan José Tamayo-Acosta
El concilio vaticano II, ¿una utopía? . . . 71
Carlos Fernández
Ioguis, sacerdotes e comisarios. No centenario do
nacemento de Albert Camus . . . . 81
Alba Gómez Varela
Gdeim Izik, la vida saharaui tres años después del
‘Campamento de la Dignidad’ . . . . . . . . 87
Jaime Rodríguez-Arana
Caracterización de las políticas centristas . . . 97
COMUNICACIÓN
Antonio López Pina
Internet: Un pretexto para discurrir sobre los límites
y las potencialidades del Derecho . . 113
Vicente J. Navarro Marchante
La utilización de cámaras ocultas por los periodistas
. . . . 129
Germán Castro Tomé
Entrega do IX Premio José Couso á liberdade de prensa
no décimo aniversario da morte do cámara ferrolán
. . . . 141
María Ares Sanmartín
Sen Xornalistas non hai xornalismo e sen xornalismo
non hai xornalistas . . . . 143
Mónica García Prieto
Palabras de Mónica García Prieto con motivo de
obtener el IX Premio José Couso de Libertad de Prensa
. . . 146

HISTORIA
José Manuel Azcona Pastor y Javier Avilés Barandiarán
Aproximación a la historia contemporánea en el
cine de Steven Spielberg . . . . . . . 149
Club de Prensa
El genocidio gitano en españa y alemania . . . 163
Pedro G. Romero
Lo real - Le Réel - The real .. . . 165
Manuel Martín Ramírez
La prisión general de gitanos en el Arsenal de La Graña
. . . 177
Antonio Gómez Alfaro
La gran redada de gitanos . . . . . 181
Sara Núñez de Prado y Clavell
Una relación disociada: Turquía y Europa . . . 193
Enriqueta Barranco
La obra de protección a la mujer en Lugo durante el
franquismo: el reformatorio de Nuestra Señora de los
Ojos Grandes . . . 215

ARTE E ARQUITECTURA
José Manuel González Herrán
Emilia Pardo Bazán y las óperas de Wagner . . . 227
Siro López
Retratos e caricaturas de Luís Mera . . . 237
LITERATURA
Xesús Alonso Montero
A miña visión de Francisco Fernández del Riego
(1913-2010) como home de Letras (Formulación
moi esquemática e incompleta) . .. 243
CURSO GURMÉNDEZ
María Eugenia Pérez Montero
Concepción Arenal, una nueva revisión de sus ideas
morales, sociales y políticas . . . 249
Filomena Peláez Solís
Concepción Arenal. La mujer y la abogacía
. . . . . . 261
José Ramón Ariño
Concepción Arenal en el pensamiento y los ideales
de la burguesía revolucionaria 1808-1874
. . . 271
José Luis de la Cuesta Arzamendi
La corrupción ante el derecho y la justicia . . . 281
Carmen Suárez Mújico
La cárcel y la reincorporación social . . .. 293
Francisco Rodríguez
Concepción Arenal con Rosalía de Castro ao fondo
. . 297
FERROLTERRA-PERFILES
José María Blanco Núñez
Jorge Juan y la construcción naval en Ferrol
.. . 309
Mariano Juan Ferragut
Jorge Juan: misión en Londres y la construcción
naval española . . . . 317
DEFENSA E SEGURIDADE
Miguel Ángel Fernández y Fernández
Guerra cibernética . .. . . 329
CIENCIA E TECNOLOXÍA
Fernando González Laxe
La teoria de la path-dependence y la gestión pesquera europea . . 343
CURRÍCULA . . . . . 359
FA28_C_00 Índice 07/11/2013 10:42 Página 7

Nas páxinas de FerrolAnálisis
Publicado o 14 Marzo 2014 por Armando Requeixo

Levo anos admirado pola impecable factura dunha revista galega. Cada novo número seu que chega á casa é unha festa para a mente e ollos, un desafío lector pola variedade e fondura dos artigos que inclúe, mais tamén unha experiencia gozosa pola altísima calidade material da publicación, un artefacto que un sostén nas mans e vai ollando co maior dos agrados.

Ese festival da escrita e a edición ten un nome xa asentado e recoñecido entre o melloriño das revistas que aquí se publican dende hai máis de vinte anos: FerrolAnálisis, cabeceira que naceu en setembro de 1990 e na que tivo —e ten— papel protagónico o infatigable xornalista ferrolán de ascendencia guitiricense Xermán Castro Tomé, presidente de honra do Club de Prensa de Ferrol, grupo que a botou a andar e que hoxe coordina Xan Morales coa axuda de María Ares Sanmartín como directora de publicacións.

Presentado agora como anuario —en tempos foi semestral—, FerrolAnálisis puxo na rúa a finais de mes pasado o número vinte e oito, extensa entrega de máis de trescentas páxinas en formato folio ampliado onde se recolle case unha corentena de traballos distribuídos nas diversas seccións das que a revista se compón: Pensamento e Política; Comunicación; Historia; Arte e Arquitectura; Literatura; Curso Gurméndez; Ferrolterra-Perfiles; Defensa e Seguridade e mais Ciencia e Tecnoloxía.

Como me faría prolixo de máis dando conta aquí de todos e cada un destes valiosos traballos, centrareime unicamente naqueles que, por proximidade temática, espertaron en min maior interese. Secasí, non quero deixar de recomendar vivamente a lectura ao completo do número, pois non facelo privaría ao que a ela se achegue das interesantes reflexións dun Federico Mayor Zaragoza sobre a Cultura da Paz, un José Manuel González Herrán sobre Emilia Pardo Bazán e as óperas wagnerianas ou un Emilio Pérez Touriño sobre a reforma do Estado e as autonomías.

Do meu particular agrado foron os artigos asinados por un banda por Xesús Alonso Montero e doutra por Francisco Rodríguez. O primeiro por debruzarse sobre un persoeiro que entendo clave na historia da literatura e o galeguismo do pasado século, o laurentino Francisco Fernández del Riego. O segundo por ocuparse da curiosa conexión textual que vencella dúas das escritoras máis fascinantes e xeniais do século XIX en Galicia e España: Concepción Arenal e Rosalía de Castro.

O artigo de Alonso Montero ofrece un perfil biográfico de Fernández del Riego que percorre a vida deste dende os tempos da República ata mediados dos sesenta da pasada centuria. Coa acuidade que o caracteriza, o profesor Alonso Montero lévanos da man por eses intensos anos que viron mudar a política e a sociedade española (República-Guerra Civil-Ditadura) para tracexar o retrato dun Del Riego entregue á causa democrática e galega, promotor incansable de plataformas a prol da terra, cidadán comprometido politicamente na Preguerra e esforzado estratego na clandestinidade da primeira Posguerra para que non crebase o cordón umbilical da tradición galeguista nos escuros anos da barbarie franquista.

O relato —moi ben contado, solidamente documentado— interrómpese a fins dos 60, con promesa por parte do autor dunha continuación nunha vindeira entrega que ficamos a agardar.

Pola súa banda, Francisco Rodríguez dedica a súa atención a unha súa conterránea, Concepción Arenal, póndoa en relación con Rosalía de Castro para ver ata que punto as súas visións de España e Galiza, e a súa concepción da estrutura do social en sentido amplo, son complementarias entre si e diferentes ás que sostiña unha outra célebre dese século, Emilia Pardo Bazán, quen tamén asoma puntualmente no artigo de Rodríguez, unha moi suxestiva análise comparativa entre textos de Arenal e Rosalía publicados tanto el libro (Cantares gallegos fronte a La Voz que clama en el desierto) coma en prensa (na contraposición dun poema ao político liberal Salustiano Olózaga Almandez publicado por Arenal en 1866 en La Iberia e outro dedicado por Rosalía ao mesmo personaxe en La Soberanía Nacional dese ano).

FerrolAnálisis volve sorprendernos ledamente con este número, facendo máis grande unha andaina que a confirma como unha das revistas referenciais desta hora entre nós. Haberá que facer votos para que o siga sendo por moito tempo.

[El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, 9-3-2014]

Armando Requeixo

Otros libros del autor