FERROLANS DE SEU ENTREVISTAS PERIODICO DIARIO DE FERROL

FERROLANS DE SEU ENTREVISTAS PERIODICO DIARIO DE FERROL. 43 ENTREVISTAS EN DIARIO DE FERROL

Editorial:
EMBORA
Año de edición:
ISBN:
978-84-92644-57-5
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
En stock

20,00 €
Comprar


Autor: Vidal, Nicolás e Gómez Fandiño, José
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 13x21 cm
Edición: 2012
Idioma: galego
Páxinas: 376
Encuadernación: rústica
ISBN: 978-84-92644-57-5

Ferroláns de seu recupera case medio cento das entrevistas máis destacadas aparecidas ao longo de catro anos no suplemento dominical Nordesía de Diario de Ferrol. Os periodistas José Gómez Fandiño e Nicolás Vidal escolman diversas charlas mantidas con escritores, artistas, actores, periodistas, músicos, médicos, profesores ou xente cunha biografía significativa. O fío de unión é a relación coa cidade de Ferrol e a súa comarca.

Partindo de aí, cada un conta a vida e o seu traballo ao seu xeito, amosando unha grande riqueza profesional e humana. De Vari Caramés a Xosé Luís Torrado "O Bruxo", de Paula Vázquez a Mabel Rivera, de Alfredo Martín a María Manuela, Carlos Jean, Lorente de Casto ou Chao Rego, entre outros.

O volume inclúe ademais as caricaturas orixinais elaboradas pola man mestra de Juan VEiga, ilustracións que enriquecen as palabras recollidas polos dous xornalistas.

**

“Ferroláns de seu” (Edicións Embora), dos xornalistas de Diario de Ferrol Nicolás Vidal e José Gómez Fandiño. No acto estarán os autores do volume e contará coa presenza da poeta pontesa Medos Romero, unha das protagonistas do traballo.

“Ferroláns de seu”, presentada o mes pasado, é unha escolma de entrevistas realizadas durante varios anos no suplemento Nordesía de Diario de Ferrol. O volume inclúe 43 parlamentos con artistas, escritores, científicos, historiadores, biólogos, actores, etc., orixinarios de Ferrol e comarca ou que tiveron unha relación estreita con Ferrolterra e falan dela, así como da súa traxectoria profesional. Ademais de Medos Romero, o volume inclúe entrevistas con intelectuais como Isaac Díaz Pardo; presentadores de televisión como Paula Vázquez; magos como Lorente de Castro; ou, entre outros, editores como Francisco Porrúa, responsable da edición de libros de García Márquez e Julio Cortázar.

O volume inclúe as caricaturas orixinais do debuxante Juan Veiga e un prólogo do director de Diario de Ferrol, Carlos Miragaya. Os beneficios dos autores van destinados á asociación ferrolá Lazos Prosolidariedade. n