FIN DE FESTA

FIN DE FESTA

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-8487-285-6
Páginas:
76
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

8,00 €
Comprar

Fin de Festa
Diana Varela Puñal
Edicións Laiovento, Santiago de Compostela, 73 páxinas

Setenta e tres planas abóndanlle a Diana Varela Puñal, que con esta peza fai a súa estrea no eido da prosa, para retratar o microcosmos de Xuvino, a vila mariñeira posible trasunto ficcional do Corme da súa infancia. E faino cun destro emprego da evocación, amalgamando lembranzas e ficción en pequenas secuencias nas que recrea a historia de Susi Arnela, fío condutor desta novela de relatos, os retratos dun monllo de personaxes senlleiros da vila ou da contorna, e o mesmo Xuvino, convertido nas prosas de Diana Varela Puñal nun novo espazo mítico, desta volta á beira do mar.
É a vida de Susi Arnela, despregada en catorce entregas, o principal fío condutor destas historias, pequenos retratos -retratos de sombras segundo a presentación editorial- para non esquecer. Susi Arnela que dominaba co seu poderío e o seu feiticeiro fulgor que lle corresponden por ser a moza máis fermosa da vila, pero que, para a súa desventura, inxire sustancias que, ao cabo dos anos, amosan estragos no seu aspecto, converténdoa nun mito vido a menos. Susi Arnela que se afastaba dos amoríos e soamente se deitaba por cincuenta euros cos tipos de boa presenza que lle chistaban. Ata que toca fondo e comeza a delirar, porque quizais o seu sino nunca foi estar con ningún home, senón mergullada na inconsciencia e no soño. E como é de lei, a súa existencia está transitada de anécdotas como a de mexar coas amigas ao aire libre, rito iniciático que preludiaba a entrala na adolescencia.
Enrestradas nas andanzas de Susi Arnela, outras trece narracións que nos achegan pequenos retratos doutros personaxes de Xuvino que dalgún xeito entremesturan a súas vidas coa da protagonista, e comparten con ela diversos episodios da súa vida e do seu mundo. Personaxes senlleiros da vila mariñeira como “O deslumbrado”, un toliño malpocado; “Nolovegho”, un grande afeccionado ao lambocio, ao que, malia que le “leiqueaban” as mulleres, era no fondo un anacoreta; o mangallón de Constante para o que non había camisas nin calzas; Fernando D’avás, de linguaxe misteriosa por cousa do seu tatexo; Gonzalo Ushanka, o “filósofo” que lle daba ben á gharnacha; Elpidio Zulueta, un pillo semental destemido que preñara a solteiras e casadas; en fin, Vidú, o canciño de Susi, de orellas picudas e con sona de gran conquistador. Cada un destes “senlleros persoeiros” cos que se trenza o retrato de Susi Arnela, arrastran consigo historias curiosas ás que lle fai de pano de fondo Xuvino, un espazo con moitas fías sentimentais.


Diana Varela Puñal

Diana Varela Puñal

Diana Varela Puñal mergulla o lector nesta colectánea de estampas e retratos, en arquitectura trenzada coas do mito de Susi Arnela e as súas malfadadas esquinas, co emprego dun estilo de prosa evocador que, coa mirada condescendente e comprensiva nos achega unha voz narradora que non xulga nin condena, e nos enfronta co camiñar cara a destrución persoal do personaxe principal, Susi Arnela, “cínica e libre como a auga”, que encara a morte con asombro e dignidade,
Esta entrada foi publicada en Narrativa galega e etiquetada Diana Varela Puñal

blogaliza.org

Otros libros del autor