IRMÁN DO VENTO

IRMÁN DO VENTO. PREMIO MERLIN 2003

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
A PARTIR DE 14 AÑOS
ISBN:
978-84-9782-055-4
Páginas:
208
Encuadernación:
Rústica
Colección:
FORA DE XOGO
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

14,50 €
Comprar

Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo. Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra. Irmán do vento é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto soña ser. Irmán do vento é tamén a narración emocionante da loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e da esperanza.
"Irmán do vento" é, pois, unha novela de aventuras, na que empregando dous narradores, un que introduce a acción e outro que é o protagonista, conta o que lle acontece a Khaled, un rapaz iraquí no medio da recente guerra. A acción transcorre, pois, en dous tempos; no primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el, para darlle a súa voz e relatar as condicións de vida do seu pobo en tempos de guerra. A novela reflicte cómo a infancia, o. sector máis inocente da sociedade, vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se desenvolve.

Otros libros del autor

  • CEIBA DE LUZ
    Titulo del libro
    CEIBA DE LUZ
    LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL
    O achado nunha tenda de antigüidades dunha estatuíña humana, de ouro macizo e fasquía precolombina, desencadea a org...
    RECÍBELO EN 72H

    13,50 €

  • FLOR DE AREA
    Titulo del libro
    FLOR DE AREA
    LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL
    «Son Amrah ben Dimas Ber Suhila al Targ, koblai por parte de nai, da tribo de Mastuq, e siria de Halab por parte de?...
    RECÍBELO EN 72H

    13,50 €

  • ATL
    Titulo del libro
    ATL
    LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL
    Atlántida, Atlantis, Atl. O continente perdido. Moito se ten falado desta terra lendaria sen que aínda hoxe se conse...
    RECÍBELO EN 72H

    26,95 €

  • O QUE É A VIDA
    Titulo del libro
    O QUE É A VIDA
    LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL
    Teo Runner, o repartidor máis rápido do Interpizza, aguanta a un xefe irascible e moi esixente. Aproveita as súas sa...
    Disponible en 5 días

    14,50 €

  • ESTANISLAO, PRÍNCIPE DE SOFROVIA
    Titulo del libro
    ESTANISLAO, PRÍNCIPE DE SOFROVIA
    LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL
    O día do nacemento do príncipe Estanislao sería lembrado para sempre con letras destacadas nos anais do antigo e pod...
    Disponible en 5 días

    11,95 €