LIBRO DOS OCÉANOS, O

LIBRO DOS OCÉANOS, O. QUE AMEAZA O MAR?

Editorial:
CATRO VENTOS
Año de edición:
Materia
TIERRA,GEOGRAFÍA,MEDIOAMBIENTE
ISBN:
978-84-945917-9-2
Páginas:
129
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

21,50 €
Comprar

Verteduras de petróleo, sobrepesca, illas de refugallos plásticos… Hai tempo que os nosos mares deixaron de ser fonte de saúde, alimento e benestar. Nas últimas décadas, a contaminación e o espolio dos océanos aumentaron de forma notable. Mais cal é o auténtico estado do meirande ecosistema da Terra? Malia levarmos vivindo dende sempre do mar e co mar, hoxe en día segue a ser un dos territorios máis descoñecidos do planeta. Esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do océano e, en consecuencia, na ruína do ser humano.

Cun deseño atractivo e informativo, e textos ben documentados, co apoio científico da German Ocean Foundation, Esther Gonstalla crea neste libro un retrato detallado que nos permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e os cambios que sofre o mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se converte nun recurso para a acción.

Libro en tapa dura, tamaño A4.

Podes ver unha mostra do libro en ISUU ou en PDF.

Categorías: Consumo responsable, Ecoloxía Etiquetas: cambio climático, consumo responsable, contaminación, ecoloxía, océanos, plásticos, sobrepesca

Descrición Características