LOBOFEROZ

LOBOFEROZ

Editorial:
OQO
Año de edición:
Materia
A PARTIR DE 5 AÑOS
ISBN:
978-84-9871-589-7
Páginas:
36
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

14,90 €
Comprar

Era unha vez un lobo tan preguiceiro que, por non se esforzar, non comía máis que
papas de arroz. Un día mirouse no espello e, ao verse tan fraco, decidiu converterse
nun lobo feroz…
Moitos daqueles relatos de animais que aparecían nas primeiras compilacións de contos rusos
remóntanse á época en que o home cazaba para subsistir. Mentres os homes cazaban, as
mulleres contaban historias sobre animais, nas que se gababan as súas habilidades e astucia na
loita pola supervivencia.
Estas narracións acerca da maña dos animais foron transmitidas durante séculos con inesgotable
optimismo, e utilizadas como un instrumento para a educación estética e moral.
Pese á ambivalencia de Loboferoz e dalgunhas pasaxes do relato enxergamos o pouso cultural
latente na historia, nalgúns detalles. Por exemplo, Rusia é un país de bosques, onde sempre hai
un río preto, e o costume de que os convidados se bañen, como apunta o porco cara ao
desenlace da historia, compréndese perfectamente se pensamos nas grandes distancias entre un
lugar e outro e mais na dura climatoloxía.
Cun argumento moi claro, frases acumulativas, diálogos repetitivos e unha linguaxe áxil e sinxela,
Loboferoz dá ás á fantasía. Para alén diso, os personaxes (cabra, vaca, porco, burro, ovella)
brillan sobre todo nas escenas humorísticas onde, con enxeño e sentido común, os animais
domésticos que representan a inocencia acaban burlando o ruín e vil lobo.
Un universo fabuloso onde a astucia triunfa sobre a brutalidade, e o dereito á vida e mais a
harmonía coa natureza acaban por se impor á maldade.
Por medio dunha colaxe moi sintética, que economiza os recursos cromáticos, o ilustrador Chené
Gómez destaca os elementos esenciais da historia, e consegue un ambiente minimalista moi
efectivo, ao paso que, cos recursos precisos imprime carácter e forza aos personaxes e ao
universo en que se desenvolve o relato.

Otros libros del autor

  • LOBOFEROZ
    Titulo del libro
    LOBOFEROZ
    PATACRÚA
    Érase una vez un lobo tan vago que, por no esforzarse, no comía más que sopas de arroz. Un día se miró en el espejo ...
    RECÍBELO EN 72H

    14,90 €

  • PACO PAPÁN
    Titulo del libro
    PACO PAPÁN
    PATACRUA
    Paco Papán empéñase en atopar un traballo á súa medida, e proba diferentes oficios: o luns busca traballo na xastrar...
    En stock

    14,90 €

  • EL POLLITO PELADO
    Titulo del libro
    EL POLLITO PELADO
    PATACRÚA
    Érase una vez un pollito pelado que andaba por el monte buscando comida y fortuna. Un día, escarbando en la tierra, ...
    RECÍBELO EN 72H

    14,00 €

  • PACO PASMÓN
    Titulo del libro
    PACO PASMÓN
    PATACRÚA
    Paco Pasmón se empeña en encontrar un trabajo a su medida, y prueba diferentes oficios: el lunes busca trabajo en la...
    RECÍBELO EN 72H

    14,90 €

  • PACO PAPÁN
    Titulo del libro
    PACO PAPÁN
    PATACRÚA
    Paco Papán empéñase en atopar un traballo á súa medida, e proba diferentes oficios: o luns busca traballo na xastrar...
    Descatalogado

    14,00 €