LUME DE BIQUEIRA

LUME DE BIQUEIRA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
A PARTIR DE 12 AÑOS
ISBN:
978-84-8302-388-4
Páginas:
280
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
FORA DE XOGO
Disponibilidad:
Descatalogado

13,60 €

Vigo de Galicia, días de outono do ano 2001. O neto de Anxo Vilariño Enríquez agradece a memoria do avó, incondicional afeccionado, socio soñador dun Celta galego e campión. O rapaz escoita, en necesarias horas de garda e de terapia para o ancián, a grande novela histórica, utópica do fútbol galego.
«Bobi» Vilanova Castro era o máis novo. Acababa de se incorporar, con a penas dezanove anos, ó primeiro equipo do Celta de Vigo, que dirixía o severo adestrador alemán Lav Zilay, un vello triunfador do fútbol europeo que obtivera dous subcampionatos da UEFA, finalista na Recopa, o Escudeto italiano e tres clasificacións nos Mundiais. Daquela o Celta formaba con Domínguez, na portería; Pretinha, -o lateral dereito que chegara do Botafogo, unha marabilla como carrileiro-, Gaula, Rodri e Garcés na defensa; Outes -o medio centro incansable, recuperador de balóns incribles, oriúndo de Lleida con raíces galegas-, Kristopher -o internacional dinamarqués-, Kaisser e Manríquez na media; e Djuva -a estrela do equipo, o goleador esloveno, o señor da área, o dianteiro listo e cazador dos despistes- e Rodobam na dianteira. Un equipo que o presidente Santaló preparara a golpe de talonario para participar nas competicións europeas. Bobi dera un chimpo sorprendente dende a terceira á primeira división da liga de fútbol profesional; el, soamente el representaba á canteira dos campos da Madroa e de Coia. Bobi andaba fino, era listo coma un allo, roubaba, servía, tocaba con aquel xeito seu, ó pé acariñando a pelota, era un estilista. O responsable do seu ascenso, Xaime Barreiro, o humilde adestrador dos equipos xuvenís de base, díxolle ao seu «neniño de diamante», camiño da entrevista co presidente: Bobi, acórdate, paseniño e con humildade, non deixes que che suban os goles á cabeza».

Otros libros del autor

  • TEATRO DE PINTOR
    Titulo del libro
    TEATRO DE PINTOR
    VÁZQUEZ PINTOR, XOSÉ
    Que a obra literaria de Vázquez Pintor sexa eminentemente poética non empece a visita do autor a outros xéneros, ent...
    RECÍBELO EN 72H

    18,00 €

  • NOS ESPAZOS DO SOÑO
    Titulo del libro
    NOS ESPAZOS DO SOÑO
    VAZQUEZ PINTOR, XOSÉ
    Obra teatral na que a música toma protagonismo e érguese como fío narrativo. ...
    Disponible en 5 días

    15,00 €

  • BICOS
    -10%
    Titulo del libro
    BICOS
    VAZQUEZ PINTOR, XOSÉ
    En stock

    15,00 €13,50 €

  • ANTÍPODAS
    Titulo del libro
    ANTÍPODAS
    VÁZQUEZ PINTOR, XOSÉ
    Plinio, que foi un neno da inclusa, ten os ollos abertos cara aos antípodas. Na brevidade dunha noite dos estragos, ...
    Disponible en 5 días

    20,50 €

  • MAR DE BRONCE
    Titulo del libro
    MAR DE BRONCE
    VÁZQUEZ PINTOR, XOSÉ
    Anxo Gorospe, o Ghalerna, decide comezar a escribir unha novela que recolla a memoria de Rilo do Mar, a vila que arr...
    Disponible en 5 días

    20,50 €