MANUEL ANTONIO. UNHA VIDA EN REBELDÍA

MANUEL ANTONIO. UNHA VIDA EN REBELDÍA. UNHA VIDA EN REBELDÍA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
BIOGRAFÍAS
ISBN:
978-84-9121-188-4
Páginas:
304
Encuadernación:
paperback
Colección:
CRONICA
Disponibilidad:
En stock

Descuento:

-5%

Antes:

19,00 €

Despues:

18,05 €
Comprar

Manuel Antonio embarcou en 1926 no Constantino Candeira para navegar a vela os douscentos días de mar preceptivos na procura dun medio de vida. E desembarcou ao ano seguinte, sen traballo pero consagrado como poeta. Esa foi a consecuencia lóxica da súa firme vontade de querer ser escritor, un anhelo que atravesou e anoou a vida e a obra do rianxeiro.
O título desta biografía quere ser metáfora dun camiño de risco -a rebeldía- para ir na procura da maior liberdade posible: Manuel Antonio elixe unha opción política minoritaria -o nacionalismo das Irmandades- cando a tradición familiar lle podería reservar un lugar de privilexio nas ringleiras dos poderosos partidos «turnantes». E aspira, perigosamente, a un lector laborioso e esforzado intelectualmente, porque deste xeito poderá ofrecerlle textos onde non falten as dificultades e os procedementos experimentais -léxicos, rítmicos, gráficos e tipográficos- que un escritor ambicioso poida propoñer. Deste xeito, liberado da crítica e do lector tradicional instalado na estética dominante, Manuel Antonio camiña sen reservas polo vieiro experimental e innovador. En liberdade

Otros libros del autor

  • MANUEL ANTONIO. OBRA COMPLETA. PROSA
    -5%
    Titulo del libro
    MANUEL ANTONIO. OBRA COMPLETA. PROSA
    AXEITOS AGRELO, XOSÉ LUÍS
    Este volume, que recolle a obra en prosa de Manuel Antonio, forma parte dunproxecto conxunto entre a Real Academia G...
    En stock

    20,00 €19,00 €