MEMORIAS ESPARSAS DE UMA VIDA

MEMORIAS ESPARSAS DE UMA VIDA. RECORDAÇÕES DA PESCA DO BACALHAU

Editorial:
ANCORA
Año de edición:
Materia
CONSULTA
ISBN:
978-972-780-646-1
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 72h

9,81 €
Comprar

MOITO admiro dos nosos veciños portugueses a habilidade e sentido con que vincularon, especialmente nos últimos tempos, un dos produtos mais cobizados da súa cociña -o bacallau- con valores etnográficos, históricos e sociais. Desde hai algún tempo, o bacallau en Portugal non é so un ingrediente saboroso e popular, senon tamén o animal totémico sobre o que se erguen museos, libros, exposicións e mil cousas máis.

A pesca do bacalhau ten u­nha longa e respectada historia entre os portugueses, e non é un motivo menor que Terra Nova fora descuberta para os europeus por navegantes lusos de biografía inverosímil -Gaspar Corte Real, João Álvares Fagundes...-e que se coñeceu no século XVI como Terra Nova dos Bacalhaus. Hai noticias de que xa en 1502 había portugueses pescando alí, embarcados en sesenta ou máis barcos que saíran dos portos do norte portugués. Foi como atopar unha mina de ouro: un peixe nutritivo, abondoso e cheo de proteínas que non enfadaba aos cregos que tiñan amolada á poboación con tantas vixilias, abstinencias, xexúns e pagos de bulas.

A historia do mundo ocupouse de arriquecer a pequena historia do bacallau con intrigas políticas, peripecias comerciais e, por suposto, con historias épicas, porque a pesca nos mares bravos e xélidos do norte nunca foi fácil nin cómoda. Cociñeiros e xentes con imaxinación culinaria completaban en terra firme a proeza que os navegantes e mariñeiros comezaban no océano.

A ditadura de Oliveira Salazar declarou a pesca e comercio de bacallau un asunto de estado e os portugueses atravesaron o século XX con este peixe extraordinario situado no centro das súas vidas. Un dos protagonistas dese tempo nos papeis sucesivos de mariñeiro, patrón, empresario e escritor-é Valdemar Aveiro, natural de Ílhavo. Aos lectores galegos seguramente non lles di moito o nome de Valdemar Aveiro, pero convertiu a sua experiencia como home de mar na materia prima para un proxecto literario singular: o capitán Aveiro é autor de media ducia de libros que narran e documentan, sen artificios e con enorme expresividade, a vida nos barcos e nos portos bacalloeiros. Título a título, páxina a páxina, Valdemar foi construindo o seu propio espazo literario, cheo de detalles tomados da propia memoria e de retratos humanos impregnados en salitre.

O señor Aveiro acaba de publicar o su ultimo libro , Memórias Esparsas de uma vida (Âncora Editora, Lisboa). Como xa anda polos seus oitenta e tantos anos, anuncia que quizais sexa o último. Ogallá estea errado. Pero deixa minuciosamente escrita a memoria da pesca nos bacalloeiros, que é, se me dan licenza, un modo de explicar (case) o mundo enteiro.

Xosé Cermeño

Escritor e xornalista de El Correo Gallego

Otros libros del autor

  • ECOS DO GRANDE NORTE
    Titulo del libro
    ECOS DO GRANDE NORTE
    AVEIRO, VALDEMAR
    «As suculentas "estórias" incluídas no livro decorrem em territórios distintos. Umas são passadas a bordo, na cabeça...
    RECÍBELO EN 72H

    20,00 €