Autor: Araguas, Vicente
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 13x21 cm
Edición: 2013
Idioma: galego
Páxinas: 120
Encuadernación: rústica
ISBN: 978-84-92644-59-9
Vicente Araguas sempre dixo que se escribe como se ama. Por aí pois o senso e razón destes cento cincuenta miudiños escolmados dun exército moi numeroso que ha pedir máis batallas. O criterio desta selección tivo que ver, agás cativas excepcións, coa ollada próxima que os caracteriza. Veciña de Ferrol e a súa bisbarra, con especial énfase en Neda. E é que Araguas é absolutamente leal as súa orixes, que representa ou revisita con corazón namorado, tinguido igualmente dunha retranca sen a que sería imposible entender a este capitán de quince anos (que foi) revestido de home feito a recuperar o tempo perdido. Festa rachada esta escolma. Para os que xa leran os miudiños, para quen entren por vez primeira no seu mundo tan particular.
Nestas colaboracións Vicente Araguas reflicte o seu ollar dun tempo no que 'fun tan feliz como soamente se pode selo cando se escribe para os de casa, desde casa (por máis que a miña estea a seiscentos kilómetros de Xuvia-Neda, onde nacín, ou da rúa do Carme, de Ferrol, onde botei os meus primeiros invernos)'.
Así define Araguas este traballo no prólogo que da entrada á obra, un retorno agarimoso e unha lembranza daquelo que lle chamaba a atención e que plasmaba día a día nunha sección fixa que tiña na última página do Diario de Ferrol e que se titulaba 'Miudiños'.
Neste libro, Vicente Araguas ofrécenos unha selección de 150 'miudiños' dos arredor de tres mil cincocentos que publicou ao longo daqueles anos e cuxo contido vira, salvo unhas poucas excepcións, arredor de Ferrol e bisbarra.