OS PANTALÓNS NUNCA FORON COUSA BOA

OS PANTALÓNS NUNCA FORON COUSA BOA. LAVANDEIRA COMPOSTELANA CURTIDOIRO

Editorial:
BIBLOS
Año de edición:
ISBN:
978-84-15086-46-8
Páginas:
154
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

15,00 €

Recoñezo que leo pouco na miña lingua, pero cando rompo o xeo sempre o fago con moita ilusión e con moito sosego (esta característica non é algo que eu manteña en todos os libros, nos que me invaden case sempre unhas ganas inmensas de avanzar sen descanso).
A betanceira Lidia Gómez gañou a última edición do Premio Biblos
A betanceira Lidia Gómez gañou a última edición do Premio Biblos. Fonte: Facebook

Con ganas comecei Os pantalóns nunca foron cousa boa, de Lidia Gómez, unha rapaza pouco máis nova ca min que vén de gañar a última edición do Premio Biblos de novela. Leo esta historia con delicadeza, fixándome e pensando naqueles momentos do curso pasado no que nos reuniamos un grupo de cinco persoas (entre elas Lidia) para comentar libros e debater sobre eles. Aí, nese club de lectura que durou moi pouco, foi onde coñecín a Lidia, e foi ela a que tamén me recomendou ler O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila, a que tamén gañara o Biblos uns anos antes.

E despois de recomendar e tanto comentar de libros, aquí está ela coa primeira obra, marcando xa un estilo que non está nada mal. En Os pantalóns nunca foron cousa boa (2014) temos dous universos contrapostos: o dunha lavandeira compostelá e o da dona do curtidoiro de Pontepedriña, e vemos como estes se chegan a tocar para logo afastarse de novo. Precisamente, o título alude a esa imposibilidade de atravesar un mundo que non é o teu por nacemento.

A amizade da lavandeira Julia coa patroa Mara serven de base para retratar toda unha sociedade estancada en España pero máis acentuada en Galiza, en contraposición co París e o Londres deses anos, demostrando, unha vez máis, que en canto a costumes sociais e consecución de dereitos sempre estivemos moi á cola. A amizade destas dúas rapazas é posible e imposible a partes iguais, e así se nos irá explicando ao longo da historia.

En Os pantalóns nunca foron cousa boa as protagonistas son mulleres, aínda que os homes aparecen de xeito secundario. A autora remarca unha forma de escribir na que as mulleres pasan de ser meros xoguetes acompañantes do home para ser as causantes dos feitos, e aparecen na primeira liña de batalla.

En canto ao estilo, non hai nada que chame a atención por novidoso, xa que estamos diante dunha novela de retrato social, con moita investigación por detrás, pero sen un vocabulario nin un estilo altamente literarios. Con todo, non se desbota que teñamos aquí a unha futura moi boa escritora.

Ficha técnica

descarga (1)Título: Os pantalóns nunca foron cousa boa

Autora: Lidia Gómez

Editorial: Biblos Clube de Lectores

Ano de publicación: 2014

Número de páxinas: 143