OS QUILOMETROS QUE PERCORREMOS DENDE AQUELA

OS QUILOMETROS QUE PERCORREMOS DENDE AQUELA

Editorial:
TOXOSOUTOS TOXO SOUTOS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-92792-99-3
Páginas:
82
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

11,00 €
Comprar

Converte a poesía, unha vez máis, en fonte limpa e alimento de primeira necesidade
Os quilómetro que percorremos dende aquela de Alberte Momán: Diálogos na superficie do silencio
Valorar (7)

LINO GARCÍA SALGADO


Quizais na tradución literal das palabras é onde enferman os soños, a vida. Quizais nos quilómetros que percorremos abundan tantos días como imaxes postergadas ao descanso dos matices, lonxe do pico das unllas que rebordan carne seca, anacos de urxentes voces rebrotando nos movementos sublimes da culpa.

Sería bó, permíteme Alberte, subtitular este teu libro, indagando nos propósitos endóxenos, non con outra intención xa que amais de considerar este un dos teus mellores libros non acadaría título mellor para encabezalo, máis si para falar del sen revolver as células que o fan vivir. Arrisco, xa o sei, na miña teima de apelidarche esta obra, pero a incontinencia é un pecado dentro das mentes viaxeiras, por moito que collamos ciclóns ou camiños de morte sublime, sabéndonos perdidos na mar, calquera que sexa a imaxinaria. E ao fin, resulta incluso complicado traer a esta catarse o meu propósito pero até niso me axudas compañeiro. SU LIZ-HEN irrompe letalmente nas papilas dun violonchelo ao que lle sobra o tempo para alzarse sobranceiro sobre as veas. E claro SU LIZ-HEN de nome chinés como a película traducida ao galego como “desexando amar” e cunha canción soberbia de Shigeru Umebayashi fannos entrar nese claro-escuro de vida fatal que asoballa as mans frías. Pois ben, desta canción, desta película, quero rescatar o seu título orixinal ( supoño que como a orixe non hai, a risco de perderme noutro debate infeliz ) que máis ou menos ben sendo “a magnificencia dos anos pasa como as flores”que procura ou da forma a ese intersticio de moldes, malgaxes, cortinas confusas que carrexamos aqueles que vivimos a nenez lonxe dos recordos. Nese paralelismo, de lentitude buscada é onde habitan flores extasiadas de beleza e fontes interminables das que beber mais tamén pétalos impregnando follas en algún álbum extraviado de tanta mudanza, pero persistente no tempo, sabéndose vencedor daquelas horas que culminaron no famoso equilibrio do éxtase e do amor, nos quilómetros toldados nas vértebras case inútiles
Terra e Tempo

Otros libros del autor

  • NON MARCHES NUNCA
    Titulo del libro
    NON MARCHES NUNCA
    MOMÁN NOVAL, ALBERTE
    Unha historia fantástica na que a súa protagonista Uxía atopa, por casualidade, o mellor agasallo polo seu aniversar...
    Disponible en 72h

    11,90 €

  • ROJO COCHINILLA
    Titulo del libro
    ROJO COCHINILLA
    MOMÁN NOVAL, ALBERTE
    Rojo cochinilla es un libro de relatos con tres historias que cuentan con el nexo común de la alienación social. Tre...
    Descatalogado

    13,00 €

  • A VIAXE DE ANA
    Titulo del libro
    A VIAXE DE ANA
    MOMÁN NOVAL, ALBERTE
    Ana quere saír xogar. E sae. Pero cada vez que pisa a rúa, algo lle fai ver que non todo anda ben na súa vida. Daque...
    RECÍBELO EN 72H

    18,20 €

  • 1[14]1
    Titulo del libro
    1[14]1
    MOMÁN NOVAL, ALBERTE
    Un libro de poemas ficción que se aproximan ao concepto de exilio, entendido este dende unha perspectiva máis amp...
    Disponible en 5 días

    15,00 €

  • FERROL E O QUE QUEDA POR CHOVER
    -10%
    Titulo del libro
    FERROL E O QUE QUEDA POR CHOVER
    MOMÁN NOVAL, ALBERTE
    Ferrol ten sentido. Has horas son un estigma nesta cidade. Unha restrospectiva histórica moi persoal sobre o Ferrol ...
    En stock

    6,00 €5,40 €