POR TIERRAS DE GALICIA

POR TIERRAS DE GALICIA. (CRÓNICAS DE LA VIDA INTIMA Y UNA CONFERENCIA PÚBLICA AL SINDICATO AGRÍCOLA DE SANTA ANA DE MERA)

Editorial:
TRIFOLIUM
Año de edición:
ISBN:
978-84-935325-2-9
Páginas:
110
Disponibilidad:
En stock

10,00 €
Comprar

Juan Arévalo Vieytes naceu en Santa María de Dexo, Oleiros, o 9 de abril de 1891. Logo de vinte anos sen volver a Galiza, en 1928 é enviado como delegado do goberno de Cuba ás Conferencias Internacionais do Traballo de Xenebra. Aproveita a viaxe para visitar a súa familia en Oleiros, e descrebe as súas experiencias emotivas e sentimentais, asi como as súas ideas fundamentais sobre os dereitos das clases traballadoras nun libro, "Por tierras de Galicia (Crónicas de la vida íntima y una conferencia al sindicato agrícola de Santa Ana de Mera)", publicado orixinariamente en La Habana en 1929. Arévalo Vieytes dedicou toda a súa vida á defensa dos dereitos das clases traballadoras, convertíndose nun extraordinario líder do movemento obreiro durante a primeira metade do século XX, deixando a marca das súas actuacións ao longo e ancho de Latinoamérica. Poucos emigrantes galegos tiveron un impacto tan notable e positivo en América, se ben, debido ós caprichosos ventos políticos, o seu nome, polo momento, foi relegado ó esquecemento. Tivo un final tráxico, morrendo ametrallado por cuestións políticas nunha rúa de La Habana en 1948, suceso do que se fixo eco The New York Times.