SOÑO DE INFANCIA

SOÑO DE INFANCIA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9121-158-7
Páginas:
328
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Descatalogado

19,95 €

A medio camiño entre a lembranza pausada propia dos libros de memorias e o ritmo vibrante dos relatos de aventuras, " Soño de infancia " recrea con orixinalidade, humor e tenrura a nenez e o espertar á adolescencia de Ramón, un rapaz dos arrabaldes da Coruña que, coma todos os que foron nenos ata finais dos anos sesenta -última fronteira entre os xogos da rúa e a tecnoloxía- accede ás grandes aprendizaxes da vida alleo á mirada adulta.
«Velaquí unha proposta narrativa pouco frecuente coa que o seu autor, Moncho Rouco, aparece na literatura galega, novel e vizoso pero con ampla experiencia, para deixarnos un relato orixinal, divertido e reflexivo a un tempo. Sospeito que o seu Soño correrá o destino daqueles libros privilexiados que nos gusta compartir.»
María Xosé Porteiro