TRIPAS

TRIPAS. AUTOR FERROLANO POEMAS EN GALEGO

Editorial:
BELAGUA
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-946959-3-3
Páginas:
242
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

16,00 €
Comprar

Hacer visibles las tripas, todo lo que de forma natural permanece escondido, no es fácil, ni siquiera conveniente. Transparentar los tejidos que recubren lo oculto significa evitar las precauciones inherentes al instinto de supervivencia, desnudarse en e..



A editorial Belagua presenta neste volume o último poemario de Alberte Momán, «Tripas», un libro formalmente visceral e un tanto negativista no seu contido, pois o entorno no que nos movemos nos últimos tempos non é para menos. E preséntao en dobre versión, a orixinal en galego e maila tradución ao castelán realizada por Estefanía Busto Dopazo.

Falamos dun poemario que contén unicamente seis poemas, textos moi longos, cada un deles dividido en distintas partes. Neste sentido podiamos definilos como extensos poemas narrativos e capitulados, malia que o seu carácter non responda á necesidade de relatar unha historia, senón de desvelar un sentir agochado no interior do eu poético, que vén sendo tanto como dicir do autor. Facer visible o que está oculto, aquilo que a primeira vista non se aprecia; velaí a visceralidade do contido co que Momán titula estes versos, a necesidade de sacar fóra o que un leva dentro, de amosarlle as tripas ao mundo.

Se dixen máis arriba que se trata dun libro negativista foi por non empregar directamente a palabra “pesimismo”, que quizais non se corresponda con exactitude co contido dos textos. Pero resulta doado atopar un certo elemento de angustia entre os versos ou, se se prefire, unha certa melancolía que percorre o libro de principio a fin. Tal e, a miúdo, o resultado de darlle a volta ao poeta para osmar no seu interior: un sentimento de soedade, de constatación do abatemento perante unha sociedade que se move en parámetros similares.

Non por iso hai que deducir que se trata dun libro de contido social. É moito máis intimista que todo iso. Nestes versos ventamos dentro do poeta e do seu sentir coma quen se mergulla na auga dun río, e o que atopamos son algunhas das súas inquedanzas, aquelas que el nos deixa albiscar: a fugacidade do tempo corrompido como as mazás príncipe da súa portada, a violenta exploración dos límites nos que se move o propio poeta, o achegamento á imposibilidade do amor e a desolación que tal constatación produce, unha pescuda en clave erótica á súa propia sexualidade... O que atopamos é todo iso, e moito máis.

Nestes poemas, Momán emprega unha linguaxe clara, malia que un tanto enganosa, pois con ese estilo directo do que fai gala agocha sentimentos profundos que non se deixan ver cunha lectura rápida, que necesitan da reflexión para abrollar con contundencia. Versos que requiren da reflexión para penetrar alí onde o poeta nos que levar. Só así seremos quen de afondar na súa alma, que vén sendo tanto como dicir na nosa propia alma.

comarcasnarede

Otros libros del autor

  • O ALENTO DA MUSA
    Titulo del libro
    O ALENTO DA MUSA
    MOMÁN NOVAL, ALBERTE
    Disponible en 5 días

    13,94 €

  • OS QUILOMETROS QUE PERCORREMOS DENDE AQUELA
    Titulo del libro
    OS QUILOMETROS QUE PERCORREMOS DENDE AQUELA
    MOMÁN NOVAL, ALBERTE
    Converte a poesía, unha vez máis, en fonte limpa e alimento de primeira necesidadeOs quilómetro que percorremos dend...
    Disponible en 5 días

    11,00 €

  • BOSQUEXOS PARA UNHA DISTOPÍA
    -5%
    Titulo del libro
    BOSQUEXOS PARA UNHA DISTOPÍA
    MOMÁN NOVAL, ALBERTE
    En stock

    9,99 €9,49 €

  • OCIDENTE
    Titulo del libro
    OCIDENTE
    MOMÁN NOVAL, ALBERTE
    Atar é submeter.Manter preso um animal com a pele de outro animal.A humilhação como a máxima expressão do domínio.Su...
    Disponible en 2 días

    13,00 €