UNHA PARROQUIA CON CELTAS REMINISCENCIAS NA TERRA DE TRASANCOS

UNHA PARROQUIA CON CELTAS REMINISCENCIAS NA TERRA DE TRASANCOS. TERRA TRASANCOS SANCTA MARIA MAIOR O VAL NARON FERROL

Editorial:
TERRA DE TRASANCOS COOPERATIVA DEL VAL
Año de edición:
ISBN:
978-92-0-002968-4
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
En stock

13,00 €
Comprar

150 páxinas
20 x 28 cms
Fundación Terra de Trasancos O Val


Limiar
Saúdo do Alcalde
Introducción
Valle Trasanquos "O Val de Trasancos"
A Prehistoria de O Val
Fitos terminais de O Val
Monte de A Lagoa, Lacos Anticos et mamolas
Lago, Laco, ou Lagoa, Lacuna, Tetos e Furados
Qué son os mouros? Mitoloxía Popular e as súas orixes atlánticas, por Marcial Tenreiro Bermúdez
Tesouros, Profanación de Tumbas e Costumes Funerarios
Protohistoria de O Val. Os Castros (700 a.C. - 500 a.C.)
A Feira / Forum / Oenach e articulación espacial e xurisdicción celta.
Lembranza dun excepcional home de O Val. O Abade Munio
Evolución de O Val na Idade Media
A Idade Moderna: Liñaxes e señoríos.


Pena Molexa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Pena Molexa.

A Pena Molexa é un dos monumentos naturais máis singulares do concello de Narón situado na parroquia do Val, moi preto do asentamento castrexo de Vilasuso.

Índice

1 Introdución
2 As Lendas
2.1 A Lenda da Moura
2.2 Lenda do rei e dos guerreiros
2.3 O compromiso da terra: As tres cuncas
3 A noite de San Xoán
4 Os Mouros
5 Véxase tamén
5.1 Bibliografía
5.2 Outros artigos
5.3 Ligazóns externas

Introdución

Trátase dun espectacular penedo de varias toneladas colocado sobre enormes rochas. A súa disposición non ten unha aparencia natural, xa que parece que a súa colocación foi por accidente, mais o feito de ter sido posto entre os dous bloques graníticos pola natureza ou pola man do home é irrelevante. O seu folclore indica que este penedo formaba parte importante dun vello culto e dunha vella crenza, e considérase obra dunha divindade.
Rótulo indicador nas proximidades da Pena Molexa.

A Pena Molexa foi seguramente un santuario celta, un altar que, por algunha razón, non chegou a ser cristianizado. O seu folclore aínda constitúe un exemplo da supervivencia popular do culto á Deusa Nai celta, única divindade feminina que representa a terra, o País.

O culto ás pedras é un uso relixioso que procede da noite dos tempos, e que foi espallado por toda a Europa na Idade do Bronce. Ao redor del hai lendas, contadas polas persoas máis vellas do lugar. As que perduran na tradición oral con máis sentimento son as que a veciñanza do Val escenifican na noite de San Xoán, para festexar a chegada do verán.
As Lendas
A Lenda da Moura
Pormenor do megálito prehistórico galego coñecido polo nome de Pena Molexa.

Conta a lenda que un poderoso feitizo converteu unha fada moi bela nunha rocha. Na noite do solsticio de verán desfaise o encantamento e por uns segundos a rocha transfórmase de novo nunha muller, que aparece xunto a un tesouro. A doncela anda na procurara dun pretendente que a libere de pasar outro ano enteiro convertida en rocha. Mais esta ten que por a proba ao mozo para se asegurar o seu amor, a fada dálle a escoller entre ela e o tesouro. O destino manda e o pretendente, ano tras ano, escolle o cofre. Nese momento, o ouro esváese e ambos fúndense na rocha. Ela quedará un ano máis á espera de repetir a historia.
Lenda do rei e dos guerreiros

Esta lenda conta que ao pé da Pena Molexa hai outras rochas que son un rei e os seus guerreiros convertidos en penedos, tamén por un feitizo. Na noite do solsticio de Verán, a noite de San Xoán, transfórmanse de novo en humanos, para lembrar as persoas que sempre ficaron lá para guardar a terra. Esa noite o rei e os seus homes e mulleres percorren e vixían os montes, visitan e protexen as casas, co motivo de cuidar os idosos, xa que son eles os que gardan as nosas antigas tradicións. Ao finalizar a noite solsticial, convértense unha vez máis en pedra, de onde nos espertan, ficando para todo o sempre connosco a protexer a Terra de Trasancos.
O compromiso da terra: As tres cuncas

O compromiso coa terra é un simbolismo que representa o grande respecto e amor que o pobo galego sempre sentiu polos seus costumes e pola súa terra. Este simbolismo consiste en pór en tres cuncas terra fértil, ar limpo e flor de auga pura, recollidas na noite solsticial. Colócanse en fronte das portas das casas durante todo o ano, en sinal de compromiso co coidado do que nos mantén e dá a vida: a terra.

Tamén se conta en Vilasuso que a Pena Molexa tiña un encantamento: gardaba tres mulas de ouro. Un dia chegou un home cun libro. Era o libro de San Cibrán. O home leuno desde a primeira páxina ata a última, de riba a baixo, despois desleuno desde o final ata ao comezo, desenfeitizou as mulas e levounas.

Despois disto, aparecerán moitos máis encantos. Cando ninguén consegue facerse con eles, ao cabo de certo tempo vaõ-se embora para o mar.

Din tamén que hai unha galiña con pitos de ouro, que aparecen na mañá de San Xoán. Un dia, unha muller apañou os pitos, meteunos baixo da saia e foise para a súa casa. Cando chegou, os pitos xa desapareceran.
A noite de San Xoán
Detalle da Pena Molexa.

A noite de San Xoán é unha data máxica. Hai inmensos mitos, lendas, romances e tradicións relacionados con ela, perante a chegada do solsticio de verán. É considerada a grande noite do amor, os oráculos, a adiviñación e a fertilidade. Para as culturas precristiáns, a noite de San Xoán era o momento de festexar que o dia, quer dicir, a vida, que vencía a noite, o eterno alter ego da morte. É verdade que naquel tempo só se celebraba o solsticio de Verán, o apoxeo do Deus Sol.
Os Mouros

No folclore galego, o mouro constituíu o prototipo de ser sobrenatural, unha auténtica raza mítica que reflicte valores e caracteres dunha sociedade sobre todo rural.

Os mouros, no imaxinario galego, moran en lugares onde os humanos non poden morar: baixo a auga ou a terra. Os castros, os dolmens, as covas e as profundidades das lagoas son espazos máxicos, mais principalmente son o lar dos seres sobrenaturais galegos que aparecen como os seus construtores e os seus moradores.

A Deusa Nai continua a vivir hoxe na etnografía galega como A Moura. É un fósil vivente que, na mañá de San Xoán, ao alborexar, nos fai o presente da súa presenza, cando ven á procura dun xeneroso esposo merecedor de compartir con ela o seu amor e os seus tesouros no Alén.

Este é o caso da Pena Molexa no Val, un enorme megálito, de moitas toneladas de peso, colocado a propósito en fronte do lugar por onde sae a lúa nova no ano chamado metónico.
Véxase tamén
Bibliografía

Pena Graña, A.: Narón un concello con historia de seu. Concello de Narón, 1991.
Pena Graña, A.: Unha Parroquia con celtas reminiscencias na Terra de Trasancos "Sancta María Maior" do Val. Narón, Fundación Terra de Trasancos, O Val, 2004.
Filgueira López, A.: Coñecer Narón en nove itinerarios. Concello de Narón, 1997.
Merlán Bollaín, E.: Contos de Trasancos, Concello de Narón, 2000.

Outros artigos

Megálitos de Galicia

Ligazóns externas

www.celtiberia.net
www.concellodenaron.com

[agochar]

v c e

Mitoloxía galega
Deuses
Heroes
Deuses
Bandua · Berobreo · Bormánico · Cosso · Coventina · Edovius · Endovelico · Lugh · Navia · Reva · Sannoava · Vestio Alonieco
Reis e heroes
Brath · Breogán · Ith · Mil

Estatua de Breogán, de Xosé Cid, preto da torre de Hércules.
Imaxinario popular
Apalpador · Biosbardo · Coca · Coco · Gatipedro · Lavandeira · Lobishome · Meiga · Meiga chuchona · Mouro · Nubeiro · Olláparo · Pedro Chosco · Pepa a Loba · Raíña Lupa · Sacaúntos · Santa Compaña · Tardo · Trasno · Urco · Valuros · Xás · Xacio · Xan Quinto
Lugares
Dolmen · Donón · Mámoa · Pedra de abalar · Pena Molexa · Monte Pindo
Eventos
Beltane? · Lughnasadh · Samaín
Fontes
O Ciprianillo · Dicionario dos seres míticos galegos
Categorías:

Mitoloxía celtaNarónMitoloxía galega

Otros libros del autor