XAIME QUINTANILLA MARTINEZ XORNALISTA EN FERROL

XAIME QUINTANILLA MARTINEZ XORNALISTA EN FERROL. ARTIGOS 1917-1931 IRMANDADES DA FALA VOTO FEMENINO SOCIALISTA

Editorial:
FERROLANALISIS FERROL ANÁLISIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-92597-23-9
Encuadernación:
Rústica
Colección:
DOCUMENTOS
Disponibilidad:
En stock

Descuento:

-10%

Antes:

12,50 €

Despues:

11,25 €
Comprar

{AGORA XA FOI}
Quintanilla e EL CORREO
VICENTE ARAGUAS 23.09.2012
A- A+

XAIME QUINTANILLA MARTÍNEZ, médico, político, publicista (no senso vello e nobre do termo, isto é, quen trata diferentes xéneros literarios, que dá logo ao prelo), alcalde que fora de Ferrol, perdeu a vida o 17 de agosto de 1936, no Castelo de San Felipe. Alí onde a ría ferrolá faise boca, doadamente bloqueada no tempo dos navíos de madeira cunha cadea, das que se conservan as argolas. Teño escrito se as bestas que mataran a este home na flor da vida (nacera en Coruña o 13 de xuño de 1891) sabían quen estaba diante; un adalide da medicina sicosomática, un escritor moi amplo, un galeguista que anceiaba a fraternidade universal. Tiña dúbidas, si. Ora, despois de ler o libro Xaime Quintanilla Martínez, xornalista en Ferrol (Club de Prensa Ferrol/ Sociedad de Cultura Valle-Inclán), despexei estas. A xentiña (en español, "gentuza") que fusilou a Xaime Quintanilla, pretextando un imposible intento de fuga, tiñan ao seu carón un home enteiro, humanista rigoroso dotado de pluma dinamiteira. Demasiado para aquela España que agoiraban limpa de xestos progresistas e dignidade democrática. Se con ela liscaba o tropel xornalista (eis unha das facetas de Quintanilla), o que os carcas tardofranquistas deran en chamar "la canallesca", mellor aínda. Xaime Quintanilla, en fin, ademais de novelas, dramas e ensaios, traballou o artigo de opinión, a glosa política, a crítica teatral e literaria, a partir da riqueza conceptual e a elegancia estilística. Sobre todo desde as páxinas de EL CORREO GALLEGO (daquela e ata 1938 en Ferrol) onde asinaría moitas colaboracións, entre 1917 e 1931. Estas, tal como vexo no libro devandito, tocan material múltiple. Deixando á parte as aportacións á crítica dramática e musical (sen rexeitar o mocazo razonado) o que máis chama a atención do volume (preparado por Carlos Pereira e Ana Romero) é a "modernidade" cal "modus operandi" deste home polifacético. Detrás do que había un xornalista afeccionado, pero moito máis. Xaime Quintanilla, lanzal, irónico, retranqueiro, ¡cultísimo!, escribía para o futuro, desmentindo a efemeridade dos xornais. Non, sen dúbida, a de EL CORREO GALLEGO, tan liberal e ilustrado daquela como hoxe.

elcorreogallego.es


Descrito como amante del cine americano, generoso de espíritu, ateo a la superstición, defensor de la lengua gallega con la peculiar connotación de que si hablas en castellano, no eres más que un fragmento de la península, amigo de Castelao, Risco… conocedor de Unamuno, fusilado, articulista y director del Correo Gallego, alcalde de Ferrol desde 1931 hasta 1934… él es Jaime Quintanilla Martínez.

A este coruñés que nació el 13 Junio de 1898 y murió en Ferrol el 18 de Agosto de 1936, le han dedico un libro los del Club de Prensa de Ferrol. Presentado esta tarde a las 20:00 ante una Galería de Sargadelos repleta de público y anteriormente en otros lugares como Coruña y Culleredo, "Xaime Quintanilla Martínez, xornalista en Ferrol" de unas 267 páginas quiso conquistar a los más de 60 espectadores.

El libro contiene los 123 artículos publicados en el Correo Gallego aunque no se incluyeron otros no firmados por él sobre obreros y socialismo, dado que además de publicar artículos en la revista "Saudade", era humanista, perteneciente a las Irmandades da Fala de Ferrol y aficionado al teatro. El también sufría el miedo al papel en blanco.

Los autores del libro han sido la santiaguesa Ana Romero Masiá, catedrática de geografía e historia responsable de las excavaciones del Castro de Borneiro y el escritor e historiador Carlos Pereira Martínez.

ratondebiblioteca.es