un
ártabroabeiroMUGARDOSGUÍA TURÍSTICA

 

 

 


Librería Central Librera

Calle Dolores 2     15402 Ferrol

centrallibrera@telefonica.net

 

Os autores

 

EQUIPO DE REDACCIÓN

 

 


Ana Álvarez Bueno

Laura Amador Fernández

Mónica Balado Botana

Belén Cabana Matos

Fernanda Cudilleiro Eytor

Montserrat Freire Caruncho

Francisco Girón Díaz

 


Verónica López López

Fernando Lorenzo Barreiro

David Martínez Millán

Angélica Maxi  Saborido

Marián Menéndez Arias

María Rivas Fernández

Rosa Mª Rodríguez Bustabad

Rocío Vascós Lamas

 

 

 


 

 

 

FOTOGRAFÍAS

 

Ana Álvarez Bueno

Severino Álvarez Monteserín

Mónica Balado Botana

Verónica López  López

 

ISBN

DEPÓSITO LEGAL

 


ÍNDICE

 

MAPAS:

                  España-------------------------------------------------------------------------------------

                  Galicia------------------------------------------------------------------------------------

                  Mugardos-------------------------------------------------------------------------------

SILUETA:

                  Comarca---------------------------------------------------------------------------------

                  Concello-------------------------------------------------------------------------------

                  Rueiro-------------------------------------------------------------------------------------

DESCRIPCIÓN XEOGRÁFICA:---------

HISTORIA:-----------------------------------------------------------------------------------------------

PATRIMONIO MUGARDÉS:--------------------------------------------------------------------

ROTAS:

                  Polas rúas------------------------------------------------------------------------------

                  Castelo da palma-----------------------------------------------------------------

                  O Seixo-------------------------------------------------------------------------------------

GASTRONOMÍA:-------------------------------------------------------------------------------------

                  Festas gastronómicas---------------------------------------------------------

                  Outras Festas------------------------------------------------------------------------

 


 


 

 

 


NARÓN

 

FERROL

 

NEDA

 

FENE

 

ARES

 


 

2

 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



Cuadro de texto: 3

1

 

9

 

8

 

Cuadro de texto: 4

12

 

11

 

6

 

7

 

  1. Oficina de turismo
  2. Avda do Mar
  3. Praia Bestarruza
  4. Rúa María
  5. Cano da Rúa

6.      Rúa do Mercado

 

7.      Rúa Apelón

8.      Praza de San Telmo

9.      Rúa Real

10.  Rúa da Xesteira

11.  Rúa do Cristo

12.  Rúa do Peteiro

 


DESCRICIÓN XEOGRÁFICA

 

 

            Atópase na provincia de A Coruña o MUNICIPIO costeiro de Mugardos bañado polas augas do Golfo Ártabro. Situado na zona meridional da Ría de Ferrol limita ó norte con esta, ó sur e  oeste con Ares e ó leste co concello de Fene .

           

Ocupa unha extensión aproximada de 12,7 km2 que o converte nun dos municipios máis pequenos de Galicia. Sobre esta pequena superficie costeira aséntase unha poboación próxima ós 6000 habitantes, o cal nos da unha alta densidade de poboación (472 h/ km2 ).

           

O concello divídese en 4 parroquias: San Xiao de Mugardos, Santiago de Franza, San Vicente de Meá e San Xoán de Piñeiro.

           

A OROGRAFÍA de  Mugardos encádrase na Penechaira Galega formando parte do Macizo Galaico presentando un relevo caracterizado por formas suaves e sen apenas pendentes. A elevación media do municipio é de 35 metros sobre o nivel do mar, se ben as cotas máis elevadas correspóndense cos materiais máis resistentes á erosión, estes  sitúanse no sector noroccidental composto por granodioritas tardías, chegando a unha altitude duns 145 metros.  Nas zonas de menor pendente sitúanse os materiais sedimentarios correspondentes á “Serie de Ordes” que provoca cordóns litorais ou praias de area na área comprendida entre A Rambla e Noville. Todo elo nun marco costeiro  de baixa altura coa ausencia de grandes e rochosos cantís.      

           

O CLIMA de Mugardos encádrase no Dominio Oceánico Húmido, caracterizándose por temperaturas suaves, entre os 11ºC e os 14ºC de media, rexistrándose un mínimo térmico en xaneiro, o mes máis frío, con temperaturas entre 6 e 9ºC. As temperaturas máximas correspóndense co período estival, alcanzándose valores entre os 17 e 20ºC de media.

           

En canto á distribución pluviométrica cabe sinalar cas precipitacións repártense ó longo do ano de forma homoxénea (1250-1500 mm3) rexistrándose os máximos valores nas estacións de outono-inverno e o mínimo nos meses de verán.

 

  Dende o punto de vista HIDROGRÁFICO podemos falar de diversos regatos con escorrenta, de curto traxecto e escaso caudal practicamente todo o ano, cun relativo aumento no inverno e unha estiaxe considerable nos meses estivais: Río Ba, o máis longo; Río da Barca; Arroio de Vieira; Río de Roibeiras, con crecidas nas épocas de chuvias; e o Río Xunqueira. 

 

Os TERREOS son marróns e pardo roxiños cun elevado drenaxe  provocando unha gran escorrenta fluvial, facendo que estes terreos sexan extremadamente fértiles, destacando por elo variadas extensións de cultivo e de productos da horta, principalmente orientados ó consumo familiar.

 

A VEXETACIÓN predominante é a propia do clima galego: carballos, nogais, figueiras, castiñeiras, loureiros e, nas marxes dos ríos, bidueiros, salgueiros e ameneiros. Sobrevivindo con eles atópanse especies non autóctonas, eucaliptos e piñeiros, con fins industriais e de reforestación. Un sotobosque poboado de fieitos, silveiras e moras xunto con abundantes matogueiras de toxos, dixitais e rétamas que se estenden polos montes mugardeses de Toupeira, Eixo, Vento e Bailadora. O elemento predominante na flora mariña é o alga Fucus Vesiculosus.

Bonitas e interesantes VISTAS da ría pódense apreciar dende o miradoiro de A Redonda, dende o Castelo da Palma, no descenso de O Seixo e nas Baterías de Bailadora.

 

Compoñen a FAUNA unha gran variedade de insectos, mamíferos coma o  coello e o raposo, e aves diversas: merlos, rulas, pombas, gorrións, gaivotas, cormoráns, petirroxos e garzas reais. A fauna mariña é rica en ameixa babosa, choco, polbo, xiba...

 

 

Conta Mugardos cunha PRAIA urbana, Bestarruza, á cal conduce o paseo marítimo do Ratón.

 

 

Mugardos responde á tipoloxía dunha vila mariñeira, a súa morfoloxía URBANÍSTICA comprende un trazado irregular na súas principais rúas, pertencentes ó casco histórico e que se dispoñen radialmente dende o peirao. O crecemento ex novo da cidade perfila as diversas tipoloxías que confirman unha expansión urbana moderna e ecléctica, cumprindo coas novas necesidades demográficas e de búsqueda de espacios.

 

 Dende o punto de vista DEMOGRÁFICO, como a maioría das localidades galegas, sufriu unha importante sangría poboacional, coa perda de continxentes humanos no pasado. Un brusco descenso da natalidade provocou unha pirámide de idades envellecida. Todo elo repercutiu na ECONOMÍA da zona, sendo as factorías comerciais da comarca a fonte dos ingresos familiares, co conseguinte retroceso da pesca de baixura.

 

O abandono da actividade pesqueira e agrícola, sustento económico da comarca no pasado, deu paso a unha industria asociada a novas demandas. O asentamento de estaleiros e arsenais militares acolleu á poboación activa mugardesa. Acompañada esta situación dunha ocupación do sector terciario non coñecida anteriormente polos habitantes desta zona.

 

Hoxe en día, o campo e a pesca volven  ter protagonismo como consecuencia da crise do sector naval. Unha fauna mariña abundante e de calidade dinamiza a actividade marisqueira, á que se dedica unha importante parte da poboación. Atópase aquí, en A Barca situada entre o Seixo e Punta Promontorio, unha das zonas máis ricas de Ameixa Babosa de toda Galicia. Un escaso número de pequenas embarcacións están orientadas á pesca artesanal e de baixura, tendo o seu campo de actuación no entorno da Ría coas capturas do polbo e crustáceos principalmente.

 

Sen embargo, é o sector secundario quen absorbe un maior número de traballadores, xerando un tipo de economía mixta ó agrupar actividades agrarias e pesqueiras coa industria. É salientable o sector madeireiro que da lugar tanto a  grandes factorías como Forestal del Atlántico -sendo a súa materia prima principal a madeira de eucalipto, moi abundante na zona- como a medianos talleres de mobles e carpintería para a construcción.

 

Unha mínima participación da poboación  dedícase ó sector de servicios, comercio e hostalería que tende a aumentar se pensamos no desenvolvemento turístico de Ferrolterra. Mugardos conta cunha potencialidade de recursos turísticos por descubrir e explotar, tales como o seu patrimonio histórico,  as súas praias, os paseos en lancha pola Ría, unhas envidiables vistas e a súa rica gastronomía.

 

 

HISTORIA

Os primeiros indicios de poboamento no termo municipal de Mugardos remítennos á época da cultura das grandes pedras (do V ó III milenio)  coa presencia de medorras (elemento funerario no cal unha serie de pedras constitúen a cámara de enterramento á cal se accede a través dun pequeno corredor)  hoxe en día desaparecidas, namentres que inda permanecen restos da cultura castrexa da cal atopamos catro xacementos: “As Escadas”, “San Victorio”, “Mugardos”, “Meá”.

 

Da presencia romana, hai constancia de abundantes fragmentos de cerámica así como un destacable xacemento romano serodio no lugar de Noville que segundo as hipóteses máis aceptadas sería unha fábrica de salazón habitada entre os séculos III-VI.

 

Tralo Imperio Romano, nace o Arciprestado de “Bisaquus” ó que pertencen as terras mugardesas, que sufrirá esporádicos ataques musulmáns e normandos ó longo do século IX.

 

Coa fundación do Mosteiro de S. Xoán de Caaveiro por Afonso VII no s. XII a vila de Mugardos  pasa a formar parte das súas herdades por doazón da familia Froilaz, unhas das máis influentes da zona.

 

Na baixa Idade Media, desaparecidos da esfera política os Froilaz-Traba, xorden a finais do século XIII os Señores de Andrade, que aproveitan as convulsións políticas xeradas polas cortes de Alcalá de 1348, enfrontamento entre monarquía e aristocracia polo reparto de poder e terras.  A casa de Andrade medrou polo seu apoio ós Trastámara frente a outros como os Sillobre de Boado que continuaron a liña lexitimista representada pola  figura de Pedro I “O Cruel” que segundo a lenda foi acollido polos Boado no seu  pazo de Franza antes de dirixirse a Inglaterra para buscar fondos e reorganiza-la loita contra o futuro Henrique II.

 

As pestes que asolaron Asia  e Europa dende mediados do século XIV tamén chegaron á comarca de Ferrol-Terra, agravándose nos albores do século XV ata o punto de que as xentes destas terras pedíronlle axuda á Virxe dos Mares creando o Voto de Chanteiro.

 

Sobre as preexistencias dunha bela ermida románica Fernán Pérez de Andrade “O Bo” funda en 1370 a Nosa Señora dos Mares coa intención de crear alí un Priorado. A finais do século XIV trasládase por razóns de seguridade e idoneidade ó recentemente creado Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, concedéndolle diversas doazóns ó cenobio, entre as que se atopaba a vila de Mugardos.

No século XVI os estrategas militares deciden protexer a ría de Ferrol levantando fortificacións coma o Castelo de San Felipe en Ferrol, San Martiño en Ares e A Palma en Mugardos baixo a dirección de obra de Martín de Padilla, rematando a sua construcción en 1597. O da Palma variou na súa fisionomía no último cuarto do século XVIII e finais do século XIX.

 

En 1690 Mariana de Neoburgo, na viaxe para contraer nupcias con Carlos II, recala en Mugardos para protexerse das inclemencias do tempo, desembarcando nunha rocha á beira do Castelo da Palma, dende aquela chamada o “cu da raíña”. Agradecido pola acollida do pobo mugardés á súa futura consorte, o rei exime os seus habitantes do servicio militar e nomeouna real vila, descoñecendo que o seu avó xa o fixera cen anos antes, por iso Mugardos é duas veces “Real”.

 

O comercio marítimo inicia un gran desemvolvemento en Galicia dende o século XIV, coa exportación de productos como viño, coiros e peixe. Neste último producto onde o porto de Mugardos  adquire especial importancia. No século XVIII, veráse impulsado coa chegada de empresarios cataláns que introducen as novas artes de pesca, así como as técnicas de salgadura. Estas familias constrúen varias fábricas de salazón   (“A Redonda”, “O Baño”, “Promontorio”, “O Seixo”) conlevando unha nova organización e a introducción do traballo asalariado, enfrontando òs novos empresarios cos mariñeiros locais e dividindoos entre os que continúan coa salazón da sardiña e os que se inician na captura do polbo. Logo de 1815, unha crise leva o peche dalgunha das fábricas.

 

Entretanto, suceden importantes cambios , como a liberación do señorío eclesial o 11 de Xullo de 1805, algo moi anhelado xa que hai constancia documental desde 1502, tres séculos mais tarde iníciase o proceso definitivo liderado polo procurador Bernardo Díaz.

 

Como no resto de Galicia, a mediados do século XIX a xente viuse obligada a marchar facendo á vila dependente das divisas da emigración, sobre todo cubana, e empregadas na construcción de edificios públicos (esc olas, casinos...) e industrias. Fúndanse asociacións (Asociación de Amigos da Paisaxe Galega...) e públicase un xornal prolongándose unha dinamización sociocultural ata a II República. A crise da Guerra Civil e a súa postguerra séntense profundamente en toda a comarca o mesmo que que a emigración iniciada  nos anos 50, a cal remite a finais dos 60, polo crecemento económico xeneralizado que tomou corpo co auxe dos estaleiros ferroláns. Momento álxido que perdurou ata os anos 80, intre da reconversión naval que afectou profundamente as estructuras socioeconomicas da comarca.

 

Na actualidade vivimos nunha etapa de rexurdimento económico que aposta pola diversificación empresarial sen perder de vista a tradición asteleira, así como unha  forte aposta polo turismo de calidade coa rehabilitación de emblemáticas construccións para usos hostaleiros como o centro de talasoterapia proxectado para o Castelo da Palma ou o balneario de auga doce para o Pazo de Rilo.

 

 

PATRIMONIO MUGARDÉS

 

I. RESTOS ARQUEOLÓXICOS

Vila romana de Noville: a presencia latina por estas terras queda reflectida nun importante centro de comercio datado entre os séculos III e VI . Situado á beira do mar, preto do Seixo, estaba formado por unha planta en U arredor dun patio aberto ó mar no que destaca unha canalización ou conducción de augas que constituían un complexo termal e posuía un sistema de calefacción típico romano.

 

Camiño da Calzada: no lugar de A Redonda, camiño enlousado para carros posiblemente ó servicio do  mosteiro de Montefaro e datado entre os séculos  XV e XVIII.

 

II. ARQUITECTURA CIVIL

Pazo de Rilo: mansión burguesa con orixe no século XV aínda que sufriu numerosas reformas que lle confiren o aspecto ecléctico que luce na actualidade. Consta dun edificio principal de tres plantas e amea,  ademáis dunha gran superficie axardinada. Un dos cruceiros imita a columna central do Pórtico da Gloria mentres que a capela  conserva no seu interior pinturas ó fresco e unha imaxe  de Santa María de Rilo.

 

Pazo de Novas: situado na Pedreira, este pazo atópase totalmente en ruina.

 

Pazo da Rega: no lugar de Boado (O Seixo) dátase no século XVIII da que hoxe en día só conservamo-lo seu escudo.

 

Pazo das Condesas ou do Baño: no ano 1803 construíuse  esta edificación na que o balcón é o elemento protagonista. As reformas que sufriu respetaron totalmente o conxunto orixinal que se completa cun amplo xardín de distintas especies arbóreas e flores ademais dun hórreo, cruceiro e fonte.     

 

Casa da Serea ou do Alcalde Mariño da Barreira: do século XVI con remodelacións no XVIII, sitúase no peirao de Mugardos, atopándose en estado ruinoso sendo o máis  destacado dos seus elementos o escudo heráldico dos Mariño da Barreira que na súa parte inferior presenta unha serea cun peixe na man e outro saíndo da auga xa que a familia dos Mariño se consideran descendentes deste animal mítico.

 

 

Casa Gelpi: de estilo ecléctico de 1910. Con planta rectangular e dous andares con profusión de elementos decorativos centrados nas varandas e nas galerías de madeira.

 

Casa Dans Arrabal:   no peirao de Mugardos atópase  esta vivenda de tres alturas entre medianeiras. No andar baixo déixase a pedra á vista mentres que nas outras dúas se sitúan as galerías, elemento típico de todo pobo mariñeiro como Mugardos .

 

Casa Cudillero: de finais do século XIX. A fachada posterior está composta por un mosaico deseñado con múltiples cristais que se enmarcan por finos barrotiños de madeira.

 

Casa Bello Piñeiro: no Seixo data de finais do século XIX sendo unha mestura de galerías tradicionais mariñeiras con elementos da construcción popular. Nela viviu o pintor e publicista Felipe Bello Piñeiro, precursor do renacemento da pintura galega.

 

Vivenda da praza de San Xiao: de finais do século XIX esta vivenda situada preto da igrexa de San Xiao. Destaca pola súa planta irregular, que se adapta ó desnivel da praza, e pola torre miradoiro.

 

Cine Zárate: ecléctico, de principios do século XIX. A fachada principal presenta unha rica decoración a base de elementos cerámicos de cores brancas e verdes rematando a cornixa cun frontón triangular.

 

Casa na Avda. Pintor Bello Piñeiro: construcción tradicional mariñeira de finais do século XIX no embarcadoiro do Seixo. Conserva tanto elementos e cores típicas destacando o corredor do segundo andar sobre canzorros de granito.

 

Construccións indianas

Galicia sufriu un importante proceso de emigración a finais do século XIX e principios do XX; algúns destes emigrantes conseguiron facer fortuna e promoveron unha serie de iniciativas públicas e privadas destinadas a mellorar as condicións de  vida dos que quedaran aquí. Exemplos disto son escolas, camiños, lavadoiros, pontes, casinos de instrucción e, como non, vivendas particulares que se inspiraban nos modelos arquitectónicos dos países de acollida e que eran adaptadas ás peculiaridades propias de Galicia.

 

Casino Progreso: de estilo modernista este edificio de planta rectangular data de 1927. Encóntrase en Franza.

 

Grupo escolar Francisco Vizoso: 1929. De planta rectangular destaca polos vanos de distintas formas e polo corpo central de maior altura onde se colocan os dous balcóns.

 

Institución Escolar Franza e O Seixo: 1924 e 1927 a súa planta ten forma de T con escaleiras na fachada posterior e un pórtico na principal.

 

 Casa Montero Cabana: 1925. De planta rectangular consta de tres alturas tendo como elemento máis destacado a bufarda que sobresae da cuberta. Situada no Seixo.

 

Chalé de Esperante: a finais do século XIX levantouse esta vivenda no centro do Seixo. De planta rectangular destaca pola súa cuberta a oito augas, influencias dos chalés alpinos, decoración a base de ladrillo e madeira traballada a xeito de “encaixe”.

 

Casa Joaquín Sisto: en 1929 construíuse  esta casa no lugar do Seixo a partir de planos realizados por arquitectos cubanos, de aí o seu carácter innovador. O  máis  rechamante son as vidreiras de cores do lado norte e a galería corrida do lado sur así como o balcón cuberto .

 

III. ARQUITECTURA MILITAR

Castelo da Palma: os estrategas século XVI ven a necesidade de protexer a ría de Ferrol para o cal crean diversas fortificacións como os Castelos de San Felipe,  de San Martín e da Palma baixo a dirección de obra de Martín de Padilla, finalizando aló polo 1597. O Castelo da Palma variou na súa fisionomía dúas veces:  no último cuarto do século XVIII e a finais do século XIX. Agora aparece completamente abovedado e cuberto por unha gran terraza.

IV. ARQUITECTURA RELIXIOSA

Igrexa de San Xiao ou de Arriba: posible orixe románica tardía reflectida na horizontalidade da fachada principal, presenta unha serie de engadidos barrocos como a torre de 1845. Pavimento de pedra destacando nalgún dos seus perpiaños  gravados da flor de lis e insignias de diferentes gremios.

 

A mediados do século XIX o seu estado de abandono era tal que foi pechada ó culto pasando éste a celebrarse na capela de San Telmo (hoxe igrexa de San Xiao, no núcleo urbano). No seu interior conserva un interesante retablo barroco.

 

Igrexa de San Xiao de Abaixo: estilo neoclásico, construída en 1947 no mesmo lugar que ocupou a capela de San Telmo.

 

Igrexa de Santiago de Franza: orixe incerta, presenta un aspecto neogótico debido ás diversas remodelacións durante os séculos XIX e XX. Edificio sinxelo, dunha única nave cuberta con bóvedas de crucería. No seu interior destaca o sepulcro renacentista de don Pero de Sillobre, Señor de Boado. O cabaleiro, vasalo e administrador dos Andrade nestas terras,  aparece en postura xacente portando un puñal.

 

Igrexa de San Xoan de Piñeiro: neoclásica, cun lucernario que permite unha mellor iluminación do interior.

 

Igrexa de San Vicente de Meá: neoclásica,  levantada no s. XIX  sobre unha capela do século XVI dedicada a Santa Lucía.

 

Capela do Lodairo ou da Ascensión: preto dun camiño de peregrinación, aquí se celebra unha popular romaría o día da Ascensión. Existía antes do século XII posto que hai constancia de que neste século ampliouse. Consta dunha soa nave cuberta de bóveda de canón.

 

Capela de San Victorio: barroca foi construída no ano 1810. A tradición conta que San Victorio apareceu nunha canteira próxima e por iso se construíu a capela.

 

Capela da Milagrosa: pequena capela entre medianeiras de estilo neogótico  construída no ano 1975.

 

Cruceiros

Son cruces de pedra que mesturan o máxico e o divino e se colocan nos adros da igrexa, nas entradas a camposantos, en cruces de camiños ou santificando espacios anteriormente pagáns.

 

En Mugardos temos seis cruceiros en un bo estado de conservación. Entre os máis reseñables  encóntranse o de San Xiao de Mugardos que destaca por  ter na columna os símbolos da Paixón, e o do Lodairo que data do século XVIII e no que encontramos unha antiga cruz cun Cristo en actitude serea e a Virxe en po