PAPIROFLEXIA

PAPIROFLEXIA

Editorial:
GALAXIA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

11,75 €
Comprar

Tres historias cruzadas que suceden no banco dun parque. ¿Que teñen
en común unha anciá con medo a voar que precisa compaña, un
cabaleiro e unha señora que atopan un home deitado no chan e unha
moza suicida que aínda dubida sobre o seu destino? A papiroflexia: tres
figuriñas de papel pregado cambiarán as súas vidas.
O autor utiliza o absurdo para poñer de relevo o que é verdadeiramente
importante máis alá das aparencias. Medos, soños, o amor.
Porque as cousas non son o que parecen.
FERNANDO CASTRO PAREDES (Tapia de Casariego, 1975) é profesor de ensino
secundario. Traballa no eido do teatro escolar e afeccionado como
codirector da agrupación Tuéjele Teatro e a compañía Farándula
Velutina. Como dramaturgo, formouse nos talleres do Centro Latinoamericano
de Creación e Investigación Teatral. Entre as súas obras destacan Pallaso, No
ventre da balea, A derradeira bala (Premio Roberto Vidal Bolaño 2018, publicada
en Editorial Galaxia), Amorodo agre, Ofelia ou o cabeiro da cóbrega, Últimas
palabras do cosmonauta Vladímir Komascenko e Animais de compañía,
ademais de traducións, adaptacións e dramaturxias.
EDITORIAL GALAXIA,

Otros libros del autor