1Q84. LIBRO 3

1Q84. LIBRO 3. EDICION EN GALEGO

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
POLICIACA THRILLER
ISBN:
978-84-9865-389-2
Páginas:
532
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
LITERARIA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

24,10 €
Comprar

Logo da publicación dos Libros 1 e 2, moi ben recibidos entre as lectoras e os lectores galegos e con excelentes críticas no noso país, volven Aomame e Tengo, desta vez na compaña do detective Ushikawa. Haruki Murakami continúa a historia de Aomame, que, despois de asasinar o líder da seita Vangarda, refúxiase nun apartamento agochado mentres conserva a esperanza de reencontrarse con Tengo, o outro protagonista da novela. A narración desenvólvese á vez en dous mundos imbricados, o de 1984 e o de 1Q84 -en xaponés, Q e 9 pronúncianse do mesmo xeito-, un universo singular, de noites iluminadas por dúas lúas, que absorve e imita a realidade, que a fai súa. Con motivo da publicación de 1Q84 Libros 1 e 2 en Francia, a novelista Amélie Nothomb, autora de Un nome de dicionario (Galaxia, 2003), escribiu no xornal Le Monde: "Haruki Murakami crea universos dos que unha queda prsioneira. O autor convida [...] a que os lectores poñan toda a súa atención nos elementos máis pequenos da narración para que cada un deles xogue o papel de interface. Pois o miolo da literatura de Murakami é ese: establecer conexións entre o noso mundo e outro universo [...] Outra volta, o encantamento funciona: quedamos absortos nunha lectura que ten un aquel de manga e de ucronía mais tamén, e sobre todo, quedamos engaiolados por unha atmosfera que só pertence a Haruki Murakami."

Otros libros del autor

  • LA CIUDAD Y SUS MUROS INCIERTOS
    Titulo del libro
    LA CIUDAD Y SUS MUROS INCIERTOS
    MURAKAMI, HARUKI
    Cuando nos rodean los muros, la aventura de toda una vida quizá consista en franquearlos. El regreso de Murakami a l...
    En stock

    22,90 €

  • TRAS DO SOLPOR
    Titulo del libro
    TRAS DO SOLPOR
    MURAKAMI, HARUKI
    En Toquio, no tempo que vai da medianoite ao mencer, inícianse e remátanse as historias desta novela. No seu centro,...
    RECÍBELO EN 72H

    18,50 €

  • DO QUE ESTOU A FALAR CANDO FALO DE CORRER
    Titulo del libro
    DO QUE ESTOU A FALAR CANDO FALO DE CORRER
    MURAKAMI, HARUKI
    Ao ano seguinte Murakami percorrería en solitario o traxecto que separa Atenas da vila da Maratón. Despois de partic...
    RECÍBELO EN 72H

    18,90 €

  • 1Q84
    Titulo del libro
    1Q84
    MURAKAMI, HARUKI
    O día 1 de febreiro poñerase á venda 1Q84, a nova novela de Haruki Murakami. Editorial Galaxia publícaa en galego ao...
    RECÍBELO EN 72H

    27,40 €

  • PRIMERA PERSONA DEL SINGULAR
    Titulo del libro
    PRIMERA PERSONA DEL SINGULAR
    MURAKAMI, HARUKI
    «Un testimonio del talento y la perdurable creatividad de Murakami.» Publishers Weekly «Lo que une todas estas histo...
    En stock

    10,95 €