22 SEGUNDOS

22 SEGUNDOS. SON ÁLEX, UN MOZO TRANSEXUAL. ABRO ESTE VLOG PARA COMPARTIR CON VÓS A MIÑA VIDA. QUEN ME COÑEZA E ESTEA A VER ESTE VÍDEO ENTENDERÁ MOITAS COUSAS, OU M

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
JUVENIL
ISBN:
978-84-9121-239-3
Páginas:
136
Encuadernación:
Rústica
Colección:
FORA DE XOGO
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

14,50 €
Comprar

O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase.

" Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá -ou non quererá comprender- nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son. "

Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede.
" 22 segundos " relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe -sen poñerlle etiquetas- que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis -e a sociedade- deixen de consideralas enfermas.

Otros libros del autor

  • LALA E LOLO: SON INSEPARABLES
    Titulo del libro
    LALA E LOLO: SON INSEPARABLES
    MEJUTO, EVA
    ELA É UNHA GATA PEQUENA E ESPELIDA. EL, UN CAN PACHORRENTO E GRANDÓN. GÚSTALLES XOGAR, ENREDAR E...VIAXAR! Lala e Lo...
    En stock

    12,95 €

  • LALA Y LOLO: SON INSEPARABLES
    Titulo del libro
    LALA Y LOLO: SON INSEPARABLES
    MEJUTO, EVA
    ELLA ES UNA GATA PEQUEÑA Y PIZPIRETA. ÉL, UN PERRO GRANDE Y TRANQUILOTE. JUNTOS VIAJAN POR EL MUNDO VIVIENDO GRANDES...
    En stock

    12,95 €

  • LALA E LOLO: XOGAN AS AGACHADAS
    Titulo del libro
    LALA E LOLO: XOGAN AS AGACHADAS
    MEJUTO, EVA
    XOGAN ÁS AGACHADAS! CUCÚ, ONDE ESTÁS? MIRAMOS POR DIANTE E POR DETRÁS... Lala e Lolo inauguran unha nova colección d...
    En stock

    12,95 €

  • LALA Y LOLO: JUEGAN AL ESCONDITE
    Titulo del libro
    LALA Y LOLO: JUEGAN AL ESCONDITE
    MEJUTO, EVA
    JUEGAN AL ESCONDITE. CUCUTRÁS, MIRAMOS POR DELANTE Y POR DETRÁS. Lala y Lolo inauguran una nueva colección de libro...
    En stock

    12,95 €

  • OS FÍOS DE BEGOÑA
    Titulo del libro
    OS FÍOS DE BEGOÑA
    MEJUTO, EVA
    A vida de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, foi un fío extraordinario que se pode seguir...
    En stock

    15,95 €