50 ANOS

50 ANOS. CONFLITO LINGÜÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA DE FRANCISCO RODRÍGUEZ

Editorial:
TEMPO GALIZA EDITORA
Materia
POLITICA Y GOBIERNO
ISBN:
979-13-990390-7-8
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 1 semana

15,00 €

Cincuenta anos de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza son unha oportunidade excelente para reler un ensaio fundamental no conxunto da traxectoria intelectual -coherente, rigorosa e comprometida- de Francisco Rodríguez Sánchez. A súa obra -proxecto no que pensamento crítico e vontade de intervención son constantes dunha pulsión vital, mesmo sufrindo duras represalias- non constitúe un conxunto disperso de estudos sobre a realidade cultural, lingüística e histórica de Galiza. Todos eles forman un corpus nutrido por un mesmo fin: «desvendar» a Galiza que aparece agochada ou deturpada para que sexa «outra cousa, non un país negado, autodescoñecido, manipulado e cheo de indignidades e eivas colectivas». Si, unha obra que explica un tempo e constribúe a construír conciencia patriótica galega, porque amosa que Galiza existe, que ten razón de ser e que coñecela é o primeiro paso para afirmala.