Como adoita suceder cos relatos de viaxes, esta tamén é unha metáfora
da vida, que nos demostra que valoramos o que temos en canto o perde
-
mos. É o que axiña descobre o noso entrañable e divertido personaxe des
-
te relato especialmente escrito para pequenos a partir de tres anos.
Esta é a historia atípica dun pequeno pingüín, Tonino, que quere conver
-
terse nun auténtico beduíno. Para cumprir este soño extravagante, fuxe
de casa e consegue chegar... ata Tunisia! Unha vez alí, para atravesar o
deserto, non dubida en comprarse un camelo, pero este, do mesmo xeito
que a historia e o seu protagonista, tamén ten a súa singularidade: coxea e
tropeza ao andar.
Aínda que o desexo de Tonino é rechamante, non o é anhelar aquilo que
dista do que temos ou somos, tamén é moi habitual que os pequenos se
sintan atraídos pola aventura ou o descoñecido. Esta é unha característica
da infancia e unha forma habitual de aprendizaxe. Por iso, non estamos
ante unha decisión tan estrambótica. Tonino podería ser un neno ou adul
-
to calquera que, coma todos, nalgún momento da vida, ansía saír da rutina
e fuxir do que é ou cre que non é.
Un dos máis gorentosos temas lite
-
rarios é a reflexión sobre o propio
feito de escribir, algo que nas nosas
letras tense feito con singular fortu
-
na nos últimos anos con grandes tí
-
tulos como, por exemplo, “Os ollos
de K”, de Antón Riveiro Coello, ou
“A pregunta perfecta. O caso Aira-
Bolaño”, de Juan Tallón. A estas en
-
gádese agora a primeira novela de David Pobra, seudónimo do poeta, profe
-
sor e actor David Pérez González (A Pobra do Caramiñal, 1981). Este “Liña
azul”, que obtivo o pasado ano o Premio de Novela Cidade Centenaria de Ri
-
beira, é unha proposta que ten moito de lúdico e de exercicio metaliterario.
Unha obra de creación sobre o proceso de escrita na que se dilúen as frontei
-
ras dos xéneros literarios ata confundirse. Narrativa, ensaio, novela negra,
humorística ... de todo hai neste breve texto que ademais sabe xogar cos per
-
sonaxes que traspasan a páxina como invención ata cobraren vida. Sen dúbi
-
da estamos ante un autor dunha nova xeración que promete grandes mo
-
mentos para a literatura de noso.
7X2,15 obradoiro
labañou
ANTELA CARRO DONCOS LóPEz
Sociedade Cultural Valle Inclán,
Ferrol 2014. Edición de Xulio L.
Valcárcel
10 euros
tonino
M
IGUEL
S
ALAS
& P
AOLO
D
OMENICONI
OQO / 13,50 euros
liña azul
DAVID
POBRA
Edicións Xerais / 14,60 euros
o bradoiro labañou soños que son máis que palabras
ficción sobre o propio e Xercicio a escrita despois de ler 7X2,15 Obradoiro Labañou (Colección Soláster,
Ferrol, 2014), edita- do por Xulio L. Valcárcel, escolma
dos poetas que (dinos o editor) asistiron con el a un obradoiro ou taller literario, no barrio de Laba -
ñou (nome ben poético, por certo),
un non pode senón pensar na sorte
que tiveron os concorrentes de bater cun profesor como Xulio, que non soamente lles aportou sabedoría poética senón acougo onde publicar os seus versos (sempre contando coa man patricia/ petrucia
do gran Fernando Bores). Desta maneira Alba Antela, Lina Carro, Braulio Doncos, Manuel X. López, Thu Shing, João Silva e Antonio Vázquez Tierra (este desde Bilbao, xa que nunca frecuentara o obradoiro) aparecen nun libro peculiar, onde un non sabe que admirar máis, se o talento e versatilidade dos escolmados ou a súa discreción tan absoluta que evita atopalos no proceloso mundo da intenet en todas ou cada unha das redes sociais que nel están.
Ben mirado, ¿que máis ten?, ¿aquen raios se lle importa a proce dencia ou a verosimilitude de semellante tropa poética? O importante,
seus favoritos (xunto con Ánxeles
Penas, Pepe Cáccamo e Emma Pedreira). Todo un “prívate joke” que fixo o meu día, que diría un saxón.
Paseino moi ben con este libro, canistrel de virtudes (e de soños, di o Xulio no prólogo).
Prestoume porque a poesía sirve
para todo, si, tamén para sorrir (ou
rir a gargalladas) nestes días tan incertos. Sen unha mala orquestra da
terceira idade que nos toque “Si tú
me dices ven lo dejo todo”. Que nos
toque o que lle pete. Por exemplo.
“Si, deberon de
pasalo moi ben
estes poetas
mentres facían os
seus versos ao son
da orquestra que
tocaba na outra
beira da parede
que abeiraba un
centro da terceira
idade”
que diría o polítilogo Richard Chen,
de Villanueva del Pardillo, en frase
atribuida logo a Felipe González,
non sei se lembran, é “gato branco
ou negro o importante é que cace
ratos”.
Pois algo así toda esta caterva,
máis ou menos pessoana, co seu
aquel manuelmariano (quen traballara o xénero heterónimo nunha Escolma de poetas de Outeiro de
Rei ), mais “made in Xulio L. Valcárcel”) un dos nosos autores mellor
dotados e cunha capacidade de traballo digno de ser tida moi en conta.
Xulio, ademais da poesía, propia ou allea (“ma non troppo”), eis o caso, ten percorrido o terreo da ficción
erótica, así aquel memorable Anel de mel, co que aínda me lambo (e relambo). O cal que aquí, en “Labañou” (para entendernos) hai de todo: carraxe, chinerías, sensualidade, retranca pero, sobre todo, un
espírito moi pavero.
Si, deberon de pasalo moi ben
estes poetas mentres facían os seus
versos ao son da orquestra que tocaba na outra beira da parede que
abeiraba un centro da terceira idade. Boleros a pelexar cos versos desta xentil caterva. E, por suposto, o
meu agradecemento á poeta Alba
Antela, quen me inclúe entre dos