A BALADA DO CAFE TRISTE

A BALADA DO CAFE TRISTE

Editorial:
BARBANTESA
Año de edición:
ISBN:
978-84-937330-1-8
Páginas:
172
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

16,00 €

O café convértese no punto de reunión da xente dunha vila rural do sur dos Estados Unidos, e recolle os cambios que o amor provoca coma se dun personaxe máis da novela se tratase. Carson McCullers describe con gran sensibilidade os temas da soidade, o desamor e a complexidade das relacións humanas a través dun triángulo de amor non correspondido formado pola señorita Amelia, Lymon e Marvin Macy. Inverte os roles de xénero e rexeita someter os seus personaxes aos habituais patróns de conduta, criticando a hipocrisía e os ríxidos valores morais do antigo sur dos Estados Unidos.
Nos seis relatos que seguen á novela curta, McCullers continúa a tratar os temas da asimetría nas relacións amorosas, así como a inseguridade adolescente, o fracaso, a inxustiza social, o respecto polas peculiaridades das persoas, o alcolismo e as crises existenciais. Así a todo, fala con optimismo da esperanza en volver atopar o amor.
Carson McCullers (Columbus, Georgia 1917 ? Nyack, Nova York 1967) é considerada unha das voces máis importantes da literatura norteamericana do século xx. Con vinte e dous anos escribe a súa primeira novela, The Heart Is a Lonely Hunter, que é tamén a súa obra máis coñecida e que, canda Reflections In a Golden Eye, The Member of the Wedding e The ballad of the sad café, foi levada ao cine posteriormente. Faleceu en 1967, despois de recibir o último dos seus galardóns, o Henry Bellamann Award, que recoñecía a súa "excepcional contribución á literatura." McCullers foi pioneira en tratar temas como a homosexualidade, o racismo, o adulterio ou o alcolismo, e converteuse na gran retratista do sur profundo dos EUA.
presentación editorial]

Otros libros del autor

  • QUIEN HA VISTO EL VIENTO
    Titulo del libro
    QUIEN HA VISTO EL VIENTO
    CARSON MCCULLERS
    Carson McCullers transmitió con una maestría insuperable la grandeza y la tragedia del alma humana. Su obra ha seduc...
    RECÍBELO EN 72H

    8,95 €

  • LA BALADA DEL CAFÉ TRISTE
    Titulo del libro
    LA BALADA DEL CAFÉ TRISTE
    CARSON MCCULLERS
    Disponible en 5 días

    15,00 €

  • LA BALADA DEL CAFE TRISTE
    Titulo del libro
    LA BALADA DEL CAFE TRISTE
    CARSON MCCULLERS
    Los relatos más significativos de la singular y sutil narrativa de Carson McCullers, que han accedido ya a la consid...
    RECÍBELO EN 72H

    16,00 €

  • REFLEJOS EN UN OJO DORADO
    Titulo del libro
    REFLEJOS EN UN OJO DORADO
    CARSON MCCULLERS
    La prosa rabiosamente lúcida que recorre Reflejos en un ojo dorado convierte esta novela brutal en mucho más que la ...
    RECÍBELO EN 72H

    16,00 €

  • THE HEART IS A LONELY HUNTER
    Titulo del libro
    THE HEART IS A LONELY HUNTER
    CARSON MCCULLERS
    With the publication of her first novel, THE HEART IS A LONELY HUNTER, Carson McCullers, all of twenty-three, became...
    En stock

    20,00 €