A CARPINTERÍA DE RIBEIRA E OS ESTALEIROS NO CONCELLO DE OUTES

A CARPINTERÍA DE RIBEIRA E OS ESTALEIROS NO CONCELLO DE OUTES

Editorial:
TOXOSOUTOS LETRA INVERSA TOXOS OUTOS
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-96673-69-4
Páginas:
99
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
En stock

8,50 €
Comprar



(150x210 mm)

Neste libro que agora tedes nas mans, Xoán Francisco García Suárez ofrécenos unha completa panorámica sobre a carpintería de ribeira e os estaleiros nun concello pertencente á ría de Muros-Noia como é o concello de Outes. Logo dunha breve introdución sobre as orixes e importancia que as comunidades de pescadores tiveron no desenvolvemento socioeconómico da ría, así como as actividades relacionadas co comercio e o transporte de persoas por mar, o autor céntrase de xeito especial nos séculos XIX e XX, nos que apoiado na consulta dunha rigorosa documentación en arquivos e rexistros da Capitanía Marítima de Noia, pon de manifesto a grande importancia que a actividade construtora naval en madeira acadou no concello de Outes.

Xoán F. García con este traballo contribúe a rescatar da invisibilidade unha parte desa xeografía invisible que se corresponde coa historia marítima da ría de Muros e Noia, para poñela a disposición de todos nós.