A COCIÑA DOS VILAS

A COCIÑA DOS VILAS. CON 176 RECEITAS FAMILIA COCIÑEIROS COCINA GALEGA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
COCINA,
ISBN:
978-84-7507-709-3
Páginas:
336
Encuadernación:
Rústica
Colección:
MONTESEFONTE
Disponibilidad:
Descatalogado

31,50 €

¿Para cando a historia dos cociñeiros galegos? Mestres da lareira, pero tamén das novas artes e técnicas da restauración. Anfitrións de tantos agasallos e felices horas na boa mesa. Esixentes, curiosos, renovadores, aínda que coas raíces ben chantadas na mellor tradición. A cociña galega tamén ten os seus artistas, os seus creadores.
Este é un libro de cociña de autor. Desque o día de Corpus de 1915 Ramón Vilas abriu un bar no compostelano Camiño Novo, número 22, a Casa Vilas pasou de ser unha popular casa de comidas que se enchía os días de feira a un dos máis nomeados restaurantes de Galicia.
Na primeira parte deste libro Xosé Cermeño conversa cos protagonistas e traza non só un retrato familiar
de varias xeracións de gastrónomos e bos cociñeiros, senón tamén o reflexo dun tempo e dun ambiente.
Na segunda parte o lector poderá degustar, a través de 170 receitas, moitos dos secretos destes excelentes pratos que a sabedoría, a tradición e a experiencia soubo crear para deleite e degustación de todos nós.

Otros libros del autor