Á DERIVA

Á DERIVA. AUTOR FERROLÁN

Editorial:
BELAGUA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-946959-6-4
Páginas:
88
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

15,00 €

Seis son os relatos que conforman o libro, sendo o primeiro deles, Á deriva, o que dá título ao conxunto. Seis relatos de moi diferente fasquía, aínda que pespuntados liricamente pola voz dun autor que nos vai levando desde un mundo trazado pola incredulidade do accidente do Discoverer Enterprise –incrustado pateticamente na ponte das Pías– até a novela breve Patria do vento tourón, en que se relatan as vicisitudes do torreiro Terencio, namorado dunha serea.
O realismo combina co fantástico, sen renunciar ao ton irónico, mesmo cómico, a pesar de que se poida mastigar a traxedia, como acontece en Maxia real –un conto máxico de reis en que anda a rondar a morte–, en Canción de arrolar, co fusilamento en 1938, após ter dado a luz, de Amada García no castelo de San Filipe de Ferrol, e en Berlarmino e o robalo, co teimudo submarinista que interioriza como un desafío a loita contra o magnífico animal. Finalmente, Isabel de Barreto, a almiranta dos Mares do Sur, antóllase tema recorrente e caro ao autor, agora recreado a través da figura dunha súa trasneta, protagonista de Ofelia Seis Dedas, que quixo tripar as mesmas terras que ela tripara en 1595 e que motivará a súa desgraza. Seis narracións, en definitiva, cheas de paixón, escritas co bon oficio de quen leva anos exercendo; narracións que, con certeza, non haberán de causar indiferenza a quen as lea.

Otros libros del autor

  • CARVALHO CALERO, VIDA E OBRA DUN SER POLIFACÉTICO
    Titulo del libro
    CARVALHO CALERO, VIDA E OBRA DUN SER POLIFACÉTICO
    DACOSTA, HENRIQUE
    Un libro divulgativo sobre a vida e a obra do autor das Letras Galegas 2020. Quen era, como viviu e como pensaba Car...
    Disponible en 5 días

    14,50 €

  • ILLAS A SOTAVENTO
    Titulo del libro
    ILLAS A SOTAVENTO
    DACOSTA, HENRIQUE
    Illas a sotavento é unha novela protagonizada por un grupo de amigos do lugar do Prioiro, na parroquia de Covas, que...
    RECÍBELO EN 72H

    19,50 €

  • O DÍA QUE AO CARLOS LLE FORA MAL
    Titulo del libro
    O DÍA QUE AO CARLOS LLE FORA MAL
    DACOSTA, HENRIQUE
    El libro gira en torno a Carlos, un «rapaz de barrio» que un día protagoniza un extraño suceso en una casa abandonad...
    En stock

    9,99 €