A ESFINXE DE AMARANTO

A ESFINXE DE AMARANTO

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
ISBN:
978-84-8288-645-9
Páginas:
308
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Consulte previamente la disponibilidad

22,50 €

O autor de As rulas de Bakunin, coa que obtivera un impresionante éxito entre os lectores, cóntanos agora a cativadora historia dunha familia con orixes no Oriente e na raia seca galega a través das voces das mulleres que, máis que vivila, tiveron que padecela. Velaquí unha novela de lectura apaixonante, na que a prosa coidada, rítmica e engaioladora de Riveiro Coello acada ese punto álxido que apreixa e emociona o lector. Inesquecible polos seus personaxes, subxugante pola trama, maxistral pola sabia utilización dos recursos da narración, A esfinxe de amaranto vai descubrindo pouco a pouco ante o lector os segredos e as intrigas que, agochados de xeración en xeración, conforman a historia dunha estirpe con orixes no Oriente e na nosa raia seca. A novela preséntanos un extraordinario abano de personaxes creados coa materia viva da verdade. Desde a figura case mítica do fundador da familia, un portugués cun escuro pasado na colonia chinesa de Macau, ata Rosa, herdeira dos saberes culinarios transmitidos de xeración en xeración, a Verónica, última representante dunha saga de mulleres que loitan con todas as súas forzas por sobrevivir sen renegar da súa propia personalidade. A través deses personaxes imos participar nunha historia que comeza na actualidade, a carón das dunas de Corrubedo, na marabillosa paisaxe da praia do Vilar. Antón Riveiro Coello sitúa nunha noite, e na que ha ser unha última cea, o núcleo a partir do cal imos ir descubrindo a verdadeira historia. Inesquecible e emocionante procura no tempo e nas paixóns, A esfinxe de amaranto afonda nas raigames perdidas da vergonza e do remorso. Cunha prosa coidada, transparente e viva que consegue transmitir ao lector o alento dese pasado case mítico para constatar a conmoción reparadora da memoria.

Otros libros del autor

  • LAURA NO DESERTO (BRC)
    Titulo del libro
    LAURA NO DESERTO (BRC)
    RIVEIRO COELLO, ANTON
    Primavera de 1982. Diana bate en Barcelona cunha carta que ispe a memoria familiar. En Compostela, un intelectual en...
    En stock

    29,55 €

  • OS ABANDONOS
    Titulo del libro
    OS ABANDONOS
    RIVEIRO COELLO, ANTON
    Delfina, unha muller difícil, caprichosa e egoísta, ten un trastorno narcisista da personalidade e todo un mundo de ...
    En stock

    16,50 €

  • HOTEL CARIOCA (I PREMIO A.CUNQUEIRO NOVELA 2022)
    Titulo del libro
    HOTEL CARIOCA (I PREMIO A.CUNQUEIRO NOVELA 2022)
    RIVEIRO COELLO, ANTON
    I PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO DE NOVELA 2022 Verán de 1982. Helena ten 13 anos e os domingos lelle á avoa as cartas que ...
    RECÍBELO EN 48H

    26,70 €

  • DÍAS DE INTEMPERIE
    Titulo del libro
    DÍAS DE INTEMPERIE
    RIVEIRO COELLO, ANTON
    Os coidados, a fidelidade, a homosexualidade, a covardía, a vinganza, a suplantación de identidade, o amor polos lib...
    RECÍBELO EN 48H

    16,45 €

  • O PARAISO DOS INOCENTES (PREMIO TORRENTE BALLESTER 2019)
    Titulo del libro
    O PARAISO DOS INOCENTES (PREMIO TORRENTE BALLESTER 2019)
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    Marzo de 2016, en plena guerra de Siria, a cidade de Alepo está dividida en dúas partes enfrontadas. No lado rebelde...
    RECÍBELO EN 48H

    23,20 €